jueves, 16 de febrero de 2017 0 comentarios

Grazas por multarme.

Grazas por multarme.
-Cuadriplicase o numero de ciclistas denunciados con respecto a media dos últimos 4 anos.
-Un total de 183 foron sancionados no 2016 pola Xefatura Provincial de tráfico.


O aumento de denuncias débese ao maior uso da bicicleta pero tamén a unha petición expresa da Asociación Pedaladas aos axentes para que aumenten a vixilancia sobre os mesmos. O datos foron facilitados pola Xefatura Provincial de Tráfico a petición de Pedaladas.

DATOS DA XEFATURA PROVINCIAL DE TRÁFICO 2016:

Total de denuncias formuladas a ciclistas: 183.
Principales motivos:
1º: No utilizar casco (65 denuncias).
2º: Alcohol/Drogas (38 denuncias).
3º: Circular utilizando auriculares (21 denuncias).
4ª: No someterse a pruebas de detección de alcohol/drogas (8 denuncias).
5ª: Circular sin luces o reflectantes (6 denuncias).



A Asociación Pedaladas ten como principal prioridade a seguridade do tráfico, e consideramos a sanción como unha medida formativa máis. A diferencia doutros colectivos e particulares, non estamos de acordo con que a sanción sexa unicamente recaudatoria ou que os axentes estean a caza do infractor, consideramos que é unha forma de chamar a atención aos condutores de vehículo sobre as súas responsabilidades e obrigas a hora de circular pola vía, e como tal, os ciclistas tamén temos obrigas que cumprir.
Queremos agradecer publicamente o traballo dos axentes do sub-sector de tráfico de Pontevedra, que están a aumentar a vixilancia sobre as condutas máis perigosas no uso da bicicleta e que tamén están a facer un esforzo en sancionar os adiantamentos perigosos a ciclistas. Entendemos que aos sancionados pódenlle estar salvando a vida facendo que na súa próxima saída coa bicicleta o fagan dunha forma segura para todos. Grazas por multarme.

Explicación das sancións:
Non utilizar casco: É obrigatorio en vías inter urbanas usar o casco para todos os ciclistas. En vías urbanas é obrigatorio para os menores de 16 anos e aconsellable a todos.
Alcohol e drogas: As taxas de alcohol son as mesmas que para os condutores de vehículo a motor. Hai que recordar que no caso dos ciclistas non implica perda de puntos pero si a mesma sanción económica. NOTA: sempre nos preguntan o motivo de tantos denunciados por alcohol e drogas, temos que recordar que hai moitas persoas que non saben que teñen a obriga de facer un control cando usan una bicicleta igual que no caso do coche, polo tanto beben e non contan conque nun control os poidan parar. Tamén dáse o caso de persoas que perderon a licencia de conducir e cambiaron o coche pola bicicleta.
Circular usando auriculares: A sanción é de 200€, é unha actitude perigosa porque elimina o sentido o oído, importante a hora de ir pola vía pública para os ciclistas. É perigoso para o propio ciclista que debe auto protexerse dentro do tráfico.
Non someterse a probas de detección de alcohol/drogas: Igual que no caso dos vehículos a motor os condutores de bicicleta están obrigados a someterse as probas de alcoholemia e drogas.
Circular sen luces ou reflíctantes: Entre a posta do sol e a saída é obrigatorio circular con luces, se é vía inter urbana tamén é obrigatorio o uso dun chaleco reflíctante. Isto é especialmente grave, sobre todo sabendo que hai persoas que conducen vehículo a motor que incluso de día teñen problemas de visión.

Votamos de menos dous tipos de denuncia nas que insistiremos aos axentes:

- Non respectar os semáforos. Esta conduta prodúcese tanto en cidade como en estrada o cal é especialmente perigoso nas interseccións.


- Circular en grupo en paralelo máis de dous ciclistas. Circular en paralelo dous ciclistas é legal e recomendable para ser máis visibles e reducir o número de adiantamentos perigosos que sofren os ciclistas. Pero non é legal circular de 3, 4 ou incluso 5 ciclistas no caso dos grupos máis grandes.



Non consideramos que a sanción económica sexa xusta no caso dos ciclistas.



España ten pendente adaptar a súa lexislación á bicicleta. Nos países onde se considera unha prioridade a promoción da bicicleta, a lexislación diferencia as bicicletas dos vehículos a motor no pago das sancións económicas, atendendo ao menor risco para a vida que implica un vehículo que non pasa dos 20kg e sen motor. Nos países máis ciclistas como son Holanda, Alemania, Bélxica, Francia, Inglaterra... teñen unhas sancións moito máis económicas para as persoas que fan uso dunha bicicleta, están por debaixo dos 100€ na súa maioría, e incluso certas actitudes aquí prohibidas están permitidas e consideradas seguras.

España ten pendente adaptarse a Europa na normativa da bicicleta pero é unha tarefa inconclusa dende o ano 2010 cando se comezaron os traballos.
Aínda que consideremos inxusta a contía económica, seguiremos defendendo que todos os condutores que teñan condutas perigosas, para si mesmos ou outros, sexan denunciados.

No Response to "Grazas por multarme."

Publicar un comentario