miércoles, 28 de septiembre de 2016 0 comentarios

O día 9 de Outubro manifestate por unha Vía Verde entre Pontevedra e Vigo


O primeiro. Que é unha Vía Verde?

En España temos unha basta rede de ferrocarril que quedou inconclusa ou coa chegada do AVE pasou a estar en desuso. A Fundación de los Ferrocarriles Españoles ten como unha das súas funcións recuperar estes trazados en desuso para crear itinerarios non motorizados con alto valor cultural e ambiental. Para isto creou un modelo deseño que se chama Vía Verde.

A vía verde ten como cualidades ter unha accesibilidade universal, son vías seguras para todos e ao ser un trazado ferroviario son moi cómodas ao non requirir grandes esforzos físicos e integran os antigos elementos da liña de ferrocarril.

A Vía Verde Pontevedra - Vigo. Patrimonio cultural, paisaxístico e natural.

A antiga liña de tren de Pontevedra a Vigo, agora mesmo en desuso coa inauguración do trazado da eixo Atlántico de Alta Velocidade, comunica os concellos de Pontevedra, Vilaboa, Soutomaior, Redondela e Vigo.

No seu trazado temos unhas fermosas vistas da Ensenada de San Simón e a ponte de Rande que forman parte dunha área protexida pola fauna presente na enseada. O patrimonio natural ten como referente as salinas de Úllo e a marisma que atopamos na enseada de San Simón.

No trazado desta antiga vía férrea atopamos lugares moi fermosos con edificios con atractivo histórico, como en Pontesampaio ou Redondela, que están desaproveitados como elemento dinamizador da economía ao non estar dispostos nunha ruta singular, senón explotados como elementos illados.

Que nos atopamos nesta Vía Verde: ENIL do río Gafos-Tomeza, a vía romana XIX e o camiño portugués, as salinas de Vilaboa e a enseada de San Simón, a illa da Insuíña en Ponte Sampaio, a ponte medieval, ou as pontes do tren entre Arcade e Ponte Sampaio, a fábrica da Pontesa e a Illa do Castelo de Ponte Sampaio, a Illa de San Simón, viaduto de Redondela, a Ponte de Rande...

O turismo activo está moi desaproveitado en Galicia a pesar de ter a gran virtude de ser un turismo mais des-estacionado que o turismo de sol e praia xusto o que precisamos para crear emprego de calidade. O trazado da Vía Verde ente Pontevedra e Vigo tería uns 31km de lonxitude e sería unha ruta para percorrer ao longo duns días en bicicleta ou a pé tendo a capacidade de dinamizar os lugares por onde pasa.

Pedaladas pregúntanlle a ex ministra

Os retos. Quen nós dixo que non. Porque é importante manifestarse.

Vai facer un ano de que Pedaladas lle preguntou a ex ministra Ana Pastor pola posibilidade de cesión das vías do tren para facer esta Vía Verde pero a contestación  que nos deu foi que non se podía ceder a ponte sobre o río Úllo porque esta tería uso para o transporte de mercadorías entre os portos de Vigo e Marín.

Polo tanto temos un reto importante, a oposición do ministerio que ten as competencias para ceder esta vía. Non hai nada perdido, a día de hoxe a antiga liña do tren está totalmente eliminada en varios puntos polo trazado da Alta Velocidade, por exemplo nas pontes de Arcade, o cal a inhabilita para a función de transporte de mercadorías.
A parte, calquera pode observar que o argumento da ministra non parece ter moito sentido cando polas vías do eixo atlántico están a pasar a diario trens que non son de pasaxeiros como  o que vai co lixo a Sogama. Isto significa que a Vía Verde non vai en detrimento dun posible intercambio de mercadorías entre Vigo e Marín senón que nos atopamos ante a falta de vontade política.

Nós pensamos  que as mercadorías son unha escusa para non facer a cesión e a inversión económica de eliminar o balastro e as vías,  facer a sinalización e o acondicionamento do firme que teñen as Vías Verdes. En custo para o estado son minucias se o comparamos co custo económico da A-57, a ampliación de Rande  ou o Eixo Atlántico de Alta Velocidade (por poñer exemplos próximos e actuais) pero todos sabemos no que a inversións se refire, as prioridades dos gobernos ata agora.

Polo tanto toca facer unha mobilización que mostre a demanda social que existe por crear infraestruturas para usos non motorizados que sexan un motor económico e social. A idea non é facer de oposición política senón de promover  que a política se fixe en que hai proxectos viables que crean riqueza e so falta que se suban ao carro. Sen presión social o ministerio non se vai mover da non creación dunha Vía Verde entre Pontevedra e Vigo mentres o trazado queda no esquecemento como unha nova mostra de malgasto de recursos públicos.

Solución  proposta pola asociación de Veciños de Chapela

A mobilidade sostible Chapela-Redondela-Vigo.

A Asociación de Veciños de Chapela coa que imos colaborar nesta manifestación achéganos a petición de recuperar a liña do tren cun tranvía lixeiro para permitir a Chapela e a Redondela unha comunicación sostible con Vigo compatibilizando o uso cunha plataforma para bicicletas e peonil que nos gustaría apoiar por ser un exemplo de compatibilizar as tres formas de mobilidade sostible. O trazado urbano das vías permiten a mobilidade alternativa ao automóbil para crear un tranvía lixeiro que podería diminuír a necesidade de uso do vehículo privado o cal supón unha diminución das emisións de CO2 e uso do espazo publico asociado ao estacionamento de vehículos.
Esta reivindicación é moi sensata e debería ser examinada polos responsables políticos do transporte público en Vigo e na Xunta xa que vai máis alo das funcións de Pedaladas pero o proxecto conta coa nosa simpatía.

A quen temos que sumar a causa?

 A todas as administracións, e con todas referímonos a que na lista están os concellos polos que pasa a vía en desuso como máximos interesados xa que a inversión vai en beneficio dos seus veciños. Hai que ter en conta que os veciños de Pontevedra, Vilaboa, Arcade, Redondela e Vigo van ter acceso directo a unha fermosa ruta pero a parte a actividade turística  vai xerar empregos como nos outros lugares onde se crearon estas vías verdes.

A deputación de Pontevedra é un dos grandes interesados xa que é o ente supra municipal inmediato aos concellos e esta Vía Verde sería un gran proxecto para a actual deputación que está a mirar con outros ollos a mobilidade non motorizada como se fai en Europa.

A Xunta de Galicia. Se miramos un pouco os programas electorais dos principais partidos para presidir a Xunta temos que o PSOE levaba o aproveitamento de liñas férreas para crear vías verdes, enMarea tiña liñas xerais de transporte sostible,  o BNG fixo unha aposta por este trazado alo menos nunha parte e a Xunta tamén ten o Plan de Mobilidade Sostible que debe definir itinerarios e esta Vía Verde podería ser un deles.

Polo tanto, hai que sumar aos Concellos, a Deputación e a Xunta para convencer ao ministerio de que aposte por esta Vía Verde xa que o trazado cumpre con todos os criterios da Fundación dependente do Estado Español que fai as Vías Verdes. Só falta a vontade política de facer este proxecto tan beneficioso para Galicia e a provincia de Pontevedra.

A ou as Manifestacións. A pé ou en bicicleta

O día 9 de Outubro imos ter unha sucesión de concentracións e manifestacións para impulsar o proxecto convocadas por colectivos ciclistas e asociacións de veciños que están en todo o trazado da Vía Verde.

Marchas a pé.

Asociación Salinas de Ulló vai facer o percorrido de Vilaboa a Arcade a pé dende o local social de Figueirido (9:30) ata Arcade no parque sobre ás vías do tren (10:30).
Asociación de Veciños de Chapela vai facer o percorrido de Chapela (11:30)  á Porta do Sol en Vigo (13:00).

Marchas en Bicicleta.

Pedaladas
vai organizar un grupo de 49 ciclistas (máximo pola lei actual de seguridade viaria anexo II) e vai facer concentracións en diferentes lugares do trazado da Vía Verde. Para participar é obrigatorio inscribirse con Pedaladas a parte de ter en conta que son 36km por traxecto nun percorrido en bicicleta de montaña bastante esixente física e tecnicamente. A ruta por estrada foi descartada pola peligrosidade da N-550 e as esixencias legais.
9:30 Praza España Pontevedra, 10:30 Arcade, 11:55 Praza Constitución Redondela e 13:00 Porta do Sol Vigo.

A Golpe de Pedal Vigo organiza a manifestación nas rúas de Vigo onde peóns e ciclistas confluímos na Porta do Sol (13:00)

Marchas e adestramentos fora dos actos comunicados.

Algúns clubs deportivos de ciclistas de estrada van participar a titulo particular nas concentracións igual que numerosos deportistas e usarán a N-550 nos seus desprazamentos.
Queremos facer un chamamento a responsabilidade dos condutores de vehículo a motor para extremar as precaución na N-550 non só o día 9 de Outubro senón tódolos días do ano xa que na N-550 xa houbo falecidos en bicicleta e numerosos accidentes de consideración.

A N-550 é un dos puntos negros da provincia para os ciclistas que non teñen alternativas asumibles para facer o percorrido Arcade - Redondela - Vigo. Esta vía non ten beiravía transitable en gran parte do seu percorrido a pesar de ter limitacións de velocidade moi superiores aos 30km/h no seu paso por núcleos poboados e de 50km/h fora deles. O Ministerio de Fomento non se esta a tomar en serio a seguridade ciclista e peonil mantendo e facendo reformas en estradas sen crear unha beiravía transitable dun 1.5m e adaptando a velocidade máxima no paso polos núcleos poboados como si se fai en Pontevedra, motivo polo que recibiu o premio Premio movilidad segura de la DGT. O datos de atropelos de peóns e ciclistas na provincia de Pontevedra están por riba da media nacional e non se debe a unha praga bíblica senón a unha falta de responsabilidade dos titulares das infraestruturas.

martes, 27 de septiembre de 2016 0 comentarios

64 Masa Crítica

Este Xoves 29 de setembro estreamos estación. O outono comeza pero eso non é un problema para os que gustamos de desplazarnos en bici pola cidade, e para celebralo, un mes máis, voltamos a xuntarnos para dar un paseo en grupo polas rúas de Pontevedra.

Xuntarémonos ás 21:00 na praza da Peregrina para desfrutar dunha agradable e divertida voltiña.
¡¡¡Achégate á Masa!!! Non bloqueamos o tráfico, somos tráfico.

Un saúdo a tod@s.

miércoles, 21 de septiembre de 2016 1 comentarios

Hoxe nace "Nós Camiñamos"




O evento do autobús da Semana Europea da Mobilidade. A creación da sección dentro de Pedaladas “Nós camiñamos”


Hoxe ás 17:00 na Adv das Corbaceiras / Uruguay é o evento do autobús para sensibilizar do problema de uso do espazo público que é a mobilidade en automóbil privado. No evento do autobús poderemos ver o uso exaxerado que representa a mobilidade en coche onde 50 coches ocupan 917m2 en circulación fronte a uns 50m2 para peóns camiñando ou 35m2 nun autobús urbano.

O lugar escollido non é ao azar. Estamos nun dos puntos de maior confluencia tráfico da cidade, por un lado temos a AP-9 que pasa ao outro lado do ría que leva 20.658 vehículos por día, a Ponte da Barca onde pasan 10.500 vehículos por día e Av. das Corbaceiras con 8.700 vehículos por día.

Desde un punto de vista medioambiental (cálculos de Pedaladas) emítense 1.859 toneladas/ano de CO2 que agravan o cambio climático e 13.023kg/ano de contaminantes (CO, HC, NOx, PM2.5, PM10 sobre todo diésel) que danan a saúde das persoas a tan só 390 metros en liña recta do antigo concello de Pontevedra.

Non parece moi intelixente ter tal volume de emisións contaminantes preto de onde viven as persoas pero isto é así xa que nos 60-70 o moderno era ter cidades ateigadas de vehículos motor xa que se pensaba que a mobilidade resolveríase cando todo o mundo tivera o seu automóbil. Con este paradigma perdemos o transporte público (trole, autobús, tren de proximidade), votamos fora a bicicleta como vehículo de mobilidade, fixémoslle imposible a vida as persoas con diversidade funcional e sensorial e obrigamos ao peón a adaptar a súa mobilidade as exixencias do vehículo a motor.

A realidade é que ningunha cidade do mundo conseguiu resolver a mobilidade das persoas usando só automóbiles a pesares de que ningunha reparou en gastos para este fin. O intelixente, o lóxico, o que mellores resultados da para a nosa economía e o tema da Semana Europea da Mobilidade 2016, "Mobilidade intelixente, economía forte". Para iso temos que reverter o modelo das cidades dos 60-70, facerlle oco ao transporte público e garantir a mobilidade ciclista e peonil.


A mobilidade é un dereito e pensamos que sempre é susceptible de mellora polo que decidimos dentro de Pedaladas “Nós Camiñamos” para facer unha defensa da mobilidade peonil e o espazo público xa que nos últimos tempos moitas persoas se dirixiron a Pedaladas pedindo solucións de convivencia entre ciclistas e peóns. Tamén se nos pediu que fixeramos de voz dos peóns ao non existir de ningunha asociación peonil.

A creación de Nós Camiñamos:


Polo tanto, Pedaladas acaba de asumir o manifesto de: “La acera es peatonal” que no seu día subscribiron Ecologistas en acción, conBici, Sotp Accidentes, Cermi, CCOO, Andando... e que define a beirarrúa como un lugar de convivencia e non unha canle de circulación de vehículos.A partir de agora Nós Camiñamos recollerá as peticións e necesidades de mobilidade de todas aquelas persoas que teñan dificultades de seguridade ou accesibilidade para trasladarllas ao Concello de Pontevedra dunha forma coherente e ordenada co fin de mellorar e aumentar as persoas que se desprazan da forma  máis natural e sostíbel que é camiñar.

Primeira acción de Nós Camiñamos:

A mobilidade non é unha exclusiva propia dos desprazamentos en vehículo senón unha combinación entre diferentes formas de desprazarse que debe ser garantida para todos e todas. Polo tanto desde Nós Camiñamos traemos peticións de melloras de diferentes asociacións e empresas:

De Amizade pídennos:

- respectar e usar axeitadamente os estacionamentos reservados a persoas con mobilidade reducida.
- controlar a colocación dos veladores e terrazas de maneira que non dificulten a mobilidade, sobre todo de persoas con discapacidade visual.
- instaurar un transporte metropolitano accesible que facilite a mobilidade das persoas que residen no rural.



Os chichos/chicas de Amencer en Campolongo pídennos:

- necesidade de máis transportes adaptados.
- organismos públicos accesibles. ( por exemplo: correos no es nada accesible)
- hai beirarrúas con rebordes que son inaccesibles.
- de que serve facer beirarrúasis anchas se fican ocupadas por terrazas e as cadeiras de rodas non poden pasar.

Nós Camiñamos pide:
- Que o firme das beirarrúas sexa o máis liso posible primando a superficie de cemento pulido xa que é máis sinxelo desprazar os carros da compra, carriños de neno... os vehículos teñen mellor firme que os peóns para camiñar.

- Os semáforos fan esperar en exceso aos peóns en comparación cos vehículos, 90s de espera para 18s para pasar. Non hai que primar ao transporte motorizado dentro da cidade.


- Os itinerarios peonís deben ser continuos, os pasos de peóns deben estar o máis próximo posible as intersección e non retranqueados polas necesidades dos automóbiles para non ter que estar adaptando o itinerario peonil ás necesidades do tráfico a motor.


- Hai que levar a plataforma única a tódolos barrios, hai moitos lugares onde aínda non existen espazos con tráfico restrinxido como o Leste da cidade. O modelo de cidade debe ser para toda a cidadanía.

Autocares Rías Baixas pídenos para mellorar o transporte público:

-
Vantaxes na circulación para o transporte público en autobús. Para poder cumprir os horarios e frecuencias, o autobús debe ter preferencia sobre o vehículo privado.

- Implantación do transporte metropolitano e da tarxeta “xente nova” en Pontevedra. Os veciños de Pontevedra e especialmente os menores de 18 anos deben ter as mesmas oportunidades das que xa gozan o resto das cidades galegas.

- Información e coordinación entre as diferentes formas de mobilidade (peonil, bicicleta, autobús e tren). Os cidadáns de Pontevedra e a súa comarca deberían ter información dos diferentes medios de transporte para poder utilizalos de forma coordinada segundo as súas necesidades.



sábado, 17 de septiembre de 2016 0 comentarios

Obxetivo "visibilizar o uso do espazo público"

  
Nós como sempre non inventamos nada, o que facemos e copiar o que leva décadas funcionando e moitos lugares de Europa.Aquí tedes unha mostra. A imaxe que tedes enriba foi un proxecto orixinal para mostrar que o espazo público esta destinado maiormente a permitir a mobilidade en vehículo privado a motor.
As nosas cidades coroaron o automóbil como rei absoluto e todo rendeuse ao seu paso e para o seu uso. Isto implicou unha perda de utilidade para calquera uso que non sexa a mobilidade a motor polo que agora toca sensibilizar neste problema e buscar solucións.

Nesta Semana Europea da Mobilidade a asociación Pedaladas tráenos unha "performance"  que se chama "O evento do autobús" na que todos podemos participar.

A foto que se busca é esta:







O lugar escollido non é ao azar. Estamos nun dos puntos de maior confluencia tráfico da cidade, por un lado temos a AP-9 que pasa ao outro lado do ría que leva 20.658 vehículos por día, a Ponte da Barca onde pasan 10.500 vehículos por día e Av. das Corbaceiras con 8.700 vehículos por día.

Desde un punto de vista medioambiental (cálculos de Pedaladas) emítense 1.859 toneladas/ano de CO2 que agravan o cambio climático e 13.023kg/ano de contaminantes (CO, HC, NOx, PM2.5, PM10 sobre todo diésel) que danan a saúde das persoas a tan só 390 metros en liña recta do antigo concello de Pontevedra.

Non parece moi intelixente ter tal volume de emisións contaminantes preto de onde viven as persoas pero isto é así xa que nos 60-70 o moderno era ter cidades ateigadas de vehículos motor xa que se pensaba que a mobilidade resolveríase cando todo o mundo tivera o seu automóbil. Con este paradigma perdemos o transporte público (trole, autobús, tren de proximidade), votamos fora a bicicleta como vehículo de mobilidade, fixémoslle imposible a vida as persoas con diversidade funcional e sensorial e obrigamos ao peón a adaptar a súa mobilidade as exixencias do vehículo a motor.

A realidade é que ningunha cidade do mundo conseguiu resolver a mobilidade das persoas usando só automóbiles a pesares de que ningunha reparou en gastos para este fin. O intelixente, o lóxico, o que mellores resultados da para a nosa economía e o tema da Semana Europea da Mobilidade 2016, "Mobilidade intelixente, economía forte". Para iso temos que reverter o modelo das cidades dos 60-70, facerlle oco ao transporte público e garantir a mobilidade ciclista e peonil.


Para participar no "Evento do Autobús":

Todos estamos invitados a participar no "Evento do Autobús" de Pedaladas o mercores 21 nos tres formatos posibles, como condutores de automóbil, como usuario de bicicleta ou como peón (hai quen vai das tres formas).

Condutores de automóbil (máximo 50 vehículos):
1º ás 16:40 quedamos no aparcamento do pazo da cultura.
2º Tes que recoller o cartel de Pedaladas para que os axentes da Policía Local te deixen pasar o espazo da fotografía.

3º ás 17:00 saímos cos coches mesturados co tráfico cara a Av das Corbaceiras/ Uruguay onde un axente da Policía Local so deixará pasar aos vehículos co cartel de Pedaladas.

4º Os vehículos colócanse igual que se estiveran circulando, en dúas columnas unha por carril e a distancia normal de circulación a uns metros do que temos diante. O espazo utilizado vai desde a rotonda da Rúa da Barca a rotonda da Rúa Xan Guillermo polo que entran só 50 vehículos ben postos.


5º ás 17:10 minutos sacamos a primeira fotografía, so cos coches e o condutor ao lado do vehículo, xa que logo farase un refundido dixital.

6º en canto teñamos a fotografía os axentes da Policía Local facilitarannos incorporarnos ao tráfico a través da rotonda e iremos a estacionar outra vez ao aparcamento do Pazo da Cultura.

7º Ali espéranos un autobús de Rías Baixas (17:25) co cartel de Pedaladas que nos traslada para sacar as seguintes fotos.

Os peóns. (Na primeira foto só 50, na seguinte sen limite ata encher o espazo):

1º Os axentes da Policía Local van reconducir o tráfico así que esperade na beirarrúa ata que este situado o autobús.

2º Unha vez colocado o autobús 50 peóns  vanse situar ao seu carón como se ve na imaxe e ás 17:30 sacamos a segunda foto.






3) Unha vez sacada esta foto o autobús retrocedera para facer unha fotografía con todos os que se queiran sumar primando ás persoas con diversidade funcional e sensorial pero mesturados.




4) unha vez teñamos as fotografías o autobús achegará aos condutores de automóbil ao estacionamento do Pazo da Cultura. O acto debe estar rematado por completo ás 18:00.


(Nota, estas imaxes son de libre disposición para quen as queira)

lunes, 12 de septiembre de 2016 Tags: , , 0 comentarios

Semana Europea da Mobilidade 2016




Do 16 ao 22 de Setembro é a Semana Europea da mobilidade. Este ano baixo o lema "Mobilidade intelixente, Economía forte." Recomendamos ler a guía onde nos mostra os beneficios económicos para toda a sociedade que ten facer unha mobilidade intelixente.

Na guía atoparedes os beneficios da mobilidade activa, ou moverse coa propia enerxía, que van desde unha mellora para a saúde propia,  unha menor contaminación ou menor conxestión do tráfico pero tamén fortalece o comercio local a diferencia dos lugares onde a mobilidade realizase a motor.

Algunhas frases sacadas da guía:

- O aforro de cambiar un automóbil por unha bicicleta é de 2.853€/ano
- Facer desprazamentos a pé ou en bicicleta durante 150 minutos ao día alarga a vida 1,4 anos ás mulleres e 1.5 anos aos homes.
- Nas cidades con retencións os usuarios de transporte público, usuarios de bicicletas e persoas a pé chegan antes aos seus destinos.
- Os condutores de vehículo a motor son os que menos gastan nos negocios locais. Os comerciantes necesitan aos peóns.
- Os peóns, ciclistas e usuarios de transporte público gastan menos por visita aos comercios que os condutores de vehículo a motor pero son máis fieis aos comercios locais.
- En Nova Yorke a construción de carrís bici dedicados aumentou as ventas  nun 49%  nas rúas onde hai carril bici fronte a un 3% nas rúas sen carril bici.
- En Copenhague chegouse a conclusión de que creaba máis riqueza investir en aparcamento para bicicletas que para coches. Concretamente  4.5 veces máis.
- En Copenhague o uso da bicicleta aforra 230m€ ao ano en gasto sanitario.

Todo son beneficios, debemos ser intelixentes ao realizar os nosos desprazamentos. En Pontevedra temos unha forte presencia peonil grazas ás reformas na cidade e a que restrinxiu o paso aos vehículos a motor pero aínda temos moito por facer. A bicicleta debe ir ocupando o seu espazo nos desprazamentos de entre 2-9km e debemos deixar de lado o automóbil en favor do transporte público.

Para fomentar este cambio Pedaladas tráenos un programa de actividades para dar o salto a mobilidade intelixente:



Colaboradores neste programa:






Autocares Rías Baixas
MotoBike Pontevedra
El Puerto Bike Workshop
Óptica Martínez








sábado, 3 de septiembre de 2016 0 comentarios

Carta Abertas aos candidatos a Xunta

Queremos que as políticas de  mobilidade muden e que dunha vez se aposte pola mobilidade sostible por iso acabamos de escribirlle aos catro principais candidatos a Xunta de Galicia para que incorporen nos seus programas electorais o seu proxecto de mobilidade sostible.

As cartas a Nuñez Feijoo, Luis Villares, Xoaquín Leiceaga e Ana Pontón xa están enviadas e agardamos que por fin Galicia se una a Holanda, Alemaña, Francia, Belxica, Suecia, Finlandia, Noruega... en apostar pola mobilidade sostible creando infraestrutura e seguridade viaria para que podamos escoller o noso vehículo libremente.

Carta da asociación Pedaladas aos candidatos:


PETICIÓN DE MELLORA DA MOBILIDADE CICLISTA E SEGURANZA VIARIA NA REDE VIARIA GALEGA

Bos días Sr Alberto Nuñez Feijoo
Escribímoslle porque como ben sabe os compromisos de loita conta o cambio climático recentemente firmados no tratado de Paris vencella ás administracións á redución emisións de CO2 para evitar que a final de século a temperatura suba máis de 2ºC. Unha parte importante desas emisións débense ao tráfico motorizado pola cal atopar alternativas ao uso do automóbil nos desprazamentos cotiás e fundamental para cumprir co compromiso de loita contra o cambio climático.

A asociación Pedaladas considera que seguir a senda marcada por países coma Holanda, Suecia, Finlandia, Alemaña, Noruega... de redución de vehículos motorizados para favorecer a mobilidade sostible a pé e en bicicleta é o camiño aseitado para unha parte importante da poboación.

Tal e como indica o “Plan Director de Mobilidade Alternativa de Galicia”, en fase de borrador desde o ano 2013, os modos non motorizados de transporte, é dicir aqueles que non precisan de enerxías producidas por motores senón que utilizan a enerxía humana directamente, ou a animal, como nos desprazamentos a pé, ou mediante un instrumento interposto, como a bicicleta ou os patíns, foron ata hai menos de 150 anos os máis empregados nos desprazamentos humanos e, particularmente, nos urbanos.

A mediados do século XIX, cando Madrid superara os 500.000 habitantes, Nova York, os 750.000, Paris, o millón, e Londres, os dous millóns, non existían medios motorizados de transporte e a inmensa maioría das viaxes internas ás cidades facíanse a pé ou mediante cabalarías. Ata 1950 os cidadáns europeos movíanse basicamente a pé ou en bicicleta para desprazarse ao traballo, á escola ou de compras.

A historia demostra, así, que os modos non motorizados puideron resolver e poderían resolver hoxe en día unha gran proporción dos desprazamentos internos ás cidades, mesmo nas máis grandes. Constitúen, polo tanto, unha alternativa real ao transporte para un amplo abano de distancias e motivos, presentando ademais vantaxes evidentes dende o punto de vista ambiental, económico, sanitario e social.

En efecto, aínda hoxe en Europa en torno a un 70% de tódolos desprazamentos urbanos teñen unha lonxitude inferior a cinco quilómetros, mentres unha proporción próxima á metade percorren menos de 2 quilómetros. A bicicleta ou o desprazamento a pé son plenamente competitivos nestas distancias cos medios motorizados, especialmente co automóbil.

A bicicleta é, estatisticamente, o medio de transporte urbano máis rápido ata os 7‐8 quilómetros de distancia, mentres o camiñar o é ata os 300‐500 metros, de acordo ás diversas fontes dispoñibles. Pola súa banda, para percorrer 2 quilómetros andando precísanse en torno a 20 minutos, tempo máis que suficiente para percorrer 5 quilómetros en bicicleta.

Segundo o “Plan Galicia Saudable 6” as enfermidades crónicas non transmisibles (entre ás que destacan pola súa incidencia a obesidade, as enfermidades cardiovasculares e a diabete) constitúen o principal problema de saúde da poboación galega. Ademais, "o sedentarismo e a inactividade física están entre as principais causas das enfermidades crónicas non transmisibles, polo que a promoción dunha vida activa é un dos piares sobre os que deben asentarse as estratexias e accións dirixidas á prevención e o control destas enfermidades". Por este motivo, o Plan

Galicia Saudable incorpora tamén no seu programa de "Urbanismo, medio ambiente e mobilidade para fomentar a actividade física" unha serie de medidas de fomento da mobilidade sostible.

O incremento da mobilidade ciclista non só xera beneficios desde o punto de vista da saúde ou da redución da contaminación e da súa evidente contribución ao desenvolvemento sostible das nosas cidades e vilas, senón que tamén é rendible desde o punto de vista económico , tanto para as economías familiares como para as contas das administracións públicas, fundamentalmente polo aforro no mantemento de vías que a redución do tráfico a motor implica e pola promoción de novos sectores económicos, sobre todo vencellados ao turismo, que a mobilidade sostible fomenta dun xeito induvidable.

Nesta liña, a Mesa Nacional pola Bicicleta apunta xa nun estudo do ano 2014 a necesidade de explotar o “filón” económico do clicoturismo europeo. Tal e como se sinala nese documento o modelo turístico actual, sendo vital para a economía española, ten síntomas de tocar fondo, polo que se precisan novas fontes de turismo e o cicloturismo é unha das que máis está a medrar nos países europeos.

Suíza, Alemaña e Francia son os líderes no ránking mundial de competitividade turística e son dos que máis apostan polo cicloturismo en todo o mundo. Entre 2008 e 2010 en Francia o cicloturismo creou 16.500 empregos directos e xerou dous mil millóns de euros anuais, atraendo a un millón de turistas estranxeiros dispostos a montar en bicicleta. Pola súa parte, o sector turístico alemán acadou unha cifra de negocio de 9.000 millóns de euros en 2009 cos cicloturistas. E en Suíza, o primeiro investimento de 10 millóns de euros (1998) para facer a rede nacional de nove rutas ciclistas amortizouse sobradamente en 2002, con 240 millóns de ingresos por turismo ciclista; é dicir, en 4 anos conseguiuse superar 24 veces o investimento primario.

A nivel europeo estase a implementar a rede EUROVELO de rutas cicloturistas, con vías previstas en España que se atopan estancadas, pendentes da implicación institucional para o seu desenvolvemento. Recentemente foi aprobada a ruta Eurovelo atlántica por toda a costa portuguesa ata a fronteira con Galicia en Caminha-A Guarda. Este feito representa unha oportunidade para estender esta ruta pola costa galega, articulando unha vía principal de comunicación pedestre e ciclista entre municipios e comarcas que logo permita a través dela a creación dunha rede local de vías de comunicación pedestres e ciclistas, aptas para a mellora da mobilidade parroquial, municipal e intermunicipal e o achegamento do cicloturismo como fonte de desenvolvemento do medio rural.

En España, o único exemplo a gran escala deste tipo de turismo son as Illas Baleares, pero centrado só no ciclismo deportivo, non no de viaxe familiar ou de alforxa (o más habitual é o que máis ingresos xera no resto de Europa), dado que os ciclistas deportivos son os únicos dispostos a usar o casco obrigatorio en España en vías interurbanas, unha das maiores disuasións para os cicloturistas de viaxe vindos doutros países europeos, que non están dispostos a asumir, e nin sequera entenden, unha medida estraña no resto do contexto normativo europeo. Aínda así, a afluencia de ciclodeportistas en Baleares é de 90.000 por ano, o que xera máis de 64 millóns de euros de ingresos, segundo o goberno balear.

Galicia e, particularmente a provincia de Pontevedra, non son alleas a esta realidade, tanto no que ten que ver coa necesidade de incentivar a mobilidade ciclista nos desprazamentos ordinarios dos nosos veciños e veciñas, como na oportunidade económica e de desenvolvemento que suporía para os nosos concellos unha aposta decidida polo cicloturismo.

Neste senso, as Asociacións Pedaladas de Pontevedra, A Golpe de Pedal de Vigo e Arousa

en Bici de Vilagarcía de Arousa, veñen reivindicando dende hai anos infraestruturas de interconexión ciclista entre os concellos do entorno dos principais núcleos poboacionais da provincia, como son as cidades de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía e as súas comarcas, que de facerse realidade permitirán a mobilidade laboral, de ocio..., fomentarán o deporte e serán o primeiro paso para crear un novo atractivo turístico que permita xerar actividade económica e emprego na comarca, tanto no entorno urbano como no rural.

O problema fundamental para a creación destas infraestructuras non é o seu custe, pois en moitas ocasións trátase simplemente de sinalizar ou adaptar vías previamente existentes, e, en todo caso, son custes realmente pequenos en comparación coa construcción de infraestructuras destinadas á mobilidade a motor. O problema realmente complexo é que estamos a falar de vías supramunicipais, é dicir, de infraestruturas que para a súa materialización requiren da necesaria coordinación e colaboración entre os catro niveis de administracións competentes nos diferentes treitos: concellos, Deputación Provincial, Xunta de Galicia e Goberno de España.


Polo tanto a nosa asociación Pedaladas e moitas outras vencelladas a bicicleta solicítanlle que no seu programa electoral como candidato a presidir a Xunta de Galiza que inclúa os seguintes compromisos:
PRIMEIRO: A fin de fomentar a mobilidade ciclista e o cicloturismo, instar ás diferentes administracións competentes (concellos, Deputación Provincial de Pontevedra, Xunta de Galicia e Goberno de España) a:

  1. Establecer vías ciclistas seguras que fomenten a mobilidade sostible entre concellos e permitan explotar o turismo en bicicleta.

  1. Solicitar e impulsar a extensión da rede Eurovelo e Vías Verdes en Galicia como vías primarias de comunicación ciclista e cicloturista.

  1. Incorporar aparcadoiros para bicicletas nos lugares de interese turístico das vías ciclistas e en equipamentos públicos.

  1. Coordinar as accións para o fomento das vías ciclistas con todas as administración implicadas.



SEGUNDO: a crear MESA GALEGA POLA MOBILIDADE CICLISTA, na que, ademais do Goberno da Xunta, estean representados os diferentes concellos, as deputacións, o Goberno de España, a Dirección Xeral de Tráfico, as asociacións e clubes ciclistas e a Federación de Ciclismo.

A Mesa reunirase, polo menos, dúas veces ao ano para avaliar a seguridade viaria ciclista e plantexar proxectos de cooperación que permitan crear novas infraestruturas nesta materia.

Dentro da mesa autonómica crear un grupo de traballo para a elaboración e coordinación de propostas de desenvolvemento dunha rede autonómica de vías ciclistas.

TERCEIRO: Instar aos Gobernos Municipais, ás Deputacións Provinciais, á Xunta de Galicia e ao Goberno de España, a habilitar nas súas respectivas páxinas web e/ou redes sociais un espazo de comunicación permanente que permita aos usuarios da bicicleta notificar problemas de seguridade na súa rede de estradas.

CUARTO: Á marxe da constitución da Mesa Autonómica pola Mobilidade Ciclista e dos resultados que dela se deriven, co obxectivo de atacar desde xa os problema de seguridade viaria, ínstase ás referidas administracións a:

  1. Mellorar a seguridade viaria facendo beiravía transitable nas estradas con velocidades superiores a 50km/h con alta densidade de tráfico.

  1. Delimitar as travesías coa sinalización obrigatoria e situar medidas de calmado de tráfico para facer efectiva a limitación de velocidade.

  1. Non permitir os estacionamentos irregulares fóra de travesías ou poboado, xa que coloca ao ciclista nunha situación de risco innecesario.

  1. Sinalizar a presencia de ciclistas nas vías de alta afluencia dos mesmos coa lenda de distancia mínima lateral no adiantamento de 1,5 m.

  1. Axustar as velocidades primando os modos de desprazamento ciclista e peonil, adoptando a zona 30 nos núcleos poboados, 50km/h como máximo onde se permita o aparcamento.

    Señor Alberto Nuñez Feijoo reciba un cordial saúdo do secretario da Asociación Pedaladas e agardamos que teña en consideración a nosa petición. A asociación Pedaladas queda a súa disposición para todo o que poda precisar en relación coa mobilidade sostible.

    Secretario da asociación Pedaladas.
    Enrique Pérez Fernández.