miércoles, 30 de marzo de 2016 0 comentarios

58 Masa Crítica. Novo horario

Ola amig@s, entramos na primaveira, estación na que se ve como as bicis comezan a florecer por toda a cidade do Lerez.
 E coma tódolos meses a Masa Crítica Pontevedra volta a sair á rúa para para desfrutar xunt@s do pracer de circular nos nosos  vehículos, as bicicletas. Uns vehículos silenciosos, respetuosos co medio ambiente, que non causan caravanas e que levan o sorriso ó teu rostro e a saúde ó teu corazón.
Xuntarémonos ás 21:00 (comezamos xa co horario de verán) horas de este Xoves 31 de Marzo na praza da Peregrina, e dende alí faremos un percorrido urbano polas rúas da cidade.
Xa sabedes: "Usa a bicicleta tódolos días, celébrao unha vez ó mes"

Unha aperta a tod@s.