miércoles, 27 de febrero de 2013 0 comentarios

XXI Masa Crítica. Novo horario, 21:00

 Ola a tod@s, como xa ven sendo habitual, este Xoves 28 de Febreiro ás 21:00 os ciclousuar@s de Pontevedra voltaremos a xuntarnos dende a Peregrina para percorrer as calzadas da nosa cidade mentres pasamos un rato agradable circulando en grupo.
 Como moitos xa sabedes a Masa Crítica é unha coincidencia de ciclistas que nun ambiente festivo aproveitan para reivindicar o lugar da bicileta na calzada, que é o seu lugar natural, e ademais tentamos promocionar o uso dun vehículo que coida a ecoloxía e a saúde, sen esquecer o económico que é.
 É por isto que non podemos deixar de mencionar a última ocorrencia da Dirección Xeral de Tráfico, que nos últimos días tivo a "estupenda" ocurrencia de soltar un globo sonda segundo o cal se está a pensar en poñer un carné para ciclistas, así como cursos de capacitación, aludindo á "deficitaria educación vial dos ciclistas en España".
 Aínda que non obviamos a existencia de casos puntuais de ciclista imprudentes, a realidade é que esta medida nos parecería a maior barbaridade que se pode cometer contra o uso da bicicleta, e máis cando falta moita formación  e respeto por parte dos conductores.
 Cremos que esta medida non poría solución os problemas que se dan entre ciclistas conductores e peóns, e sen embargo, sería unha barreira que limitaría o uso da mesma, a verdade é que o único que se nos ocorre é un afán recaudatorio, ou incluso presións dos lobbys do petróleo ante o considerable incremento no uso da bicicleta.
 Este é outro motivo máis para animarnos a saír á rúa en grupo e pasalo ben mentres reivindicamos a liberdade do medio de transporte máis saudabel, ecolóxico e divertido que existe.
 Así que xa sabes, usa a bicicleta tódolos días, celébrao e reivindicao unha vez ó mes.
 ¡¡Ven á Masa Crítica Pontevedra!!
 Un saúdo a tod@s.