miércoles, 23 de noviembre de 2016 0 comentarios

66 Masa crítica

Este xoves 24 de novembro é o derradeiro do mes, así que tódolos que vos querades sumar a dar unha volta en bici ou patíns polas calzadas da cidade, xa sabedes, ás 20 horas quedamos na praza da Peregrina para dar un paseo nos nosos vehículos.

Usa a bici tódolos días, celébrao unha vez ó mes!!!

martes, 22 de noviembre de 2016 0 comentarios

Arranca o programa Ao INSTIenBICI

1ª Xornada no Sánchez Cantón.

Presentación do programa formativo Ao INSTIenBici.

A asociación Pedaladas acaba de empezar o proxecto piloto do programa formativo Ao INSTIenBici. O programa empezou a impartirse no IES Sanchez Cantón e esta  programado tamén  no IES Frei Martín Sarmiento.
Un grupo de 25 rapaces por instituto vai recibir unha formación moi necesaria de uso da bicicleta dunha forma segura.

Os obxectivos do curso. De maior a menor importancia.

Que se pretende do curso:
-Mellorar o coñecemento das normas de tráfico dos alumnos. Mellor convivencia.

O obxectivo fundamental é que os rapaces aprendan a normativa e a forma correcta de desprazarse usando unha bicicleta. Consideramos que aínda que non se convertan en usuarios de bicicleta este curso facilitarlles unha formación básica das normas e condutas seguras nos seus desprazamentos pola rúa.

-Fomentar a mobilidade sostible a pé e coa bicicleta.

O curso explica as distintas formas de facer os desprazamentos e busca fomentar a mobilidade saudábel e sustentable fronte a mobilidade nos vehículos a motor.

-Dotar aos alumnos de habilidades e confianza para fomentar o uso da bicicleta.

Unha das dificultades para fomentar o uso da bicicleta e a falta de confianza nas habilidades propias. Este curso axuda a mellorar as habilidades e fomenta a confianza nas propias posibilidades de desprazarse cunha bicicleta.

-Facilitarlles unha ferramenta de mobilidade e autonomía persoal.

Os rapaces nesta idade son dependentes nos seus desprazamentos. Este curso intenta facilitarlles unha ferramenta que lles de máis autonomía e que non sexan tan dependentes dos seus país ou familiares para facer desprazamentos de entre 2 e 7km.

Xornadas do curso.


O curso esta divido en catro bloques dependentes polo que é preciso completar as catro xornadas  de forma consecutiva para ter a acreditación completa.

- 1º Xornada. Presentación e clase teórica.
Consta dunha charla impartida entre Pedaladas e a Policía Local onde se explica a normativa e a estratexias de desprazamentos seguros. Inclúe un exame de tipo teórico.

- 2º Xornada. Competencias básicas no uso da bicicleta.

A segunda xornada serve para mellorar equilibrio, coordinación, manexo e impártense unhas nocións de mecánica. O obxectivo é testar as habilidades dos alumnos no uso da bicicleta.

- 3º Xornada. Competencias e estratexias seguras na calzada.
A terceira xornada arranca cun exame practico nun circuíto pechado para comprobar se o alumno estra preparado para saír a rúa. Nas practicas  impártense estratexias de circulación segura para ciclistas.

- 4º Xornada. Experiencia na rúa con tráfico real.

É unha saída a rúa acompañados da Policía Local onde se van a poñer en practica co tráfico real as competencias que se impartiron durante todo o curso. É de especial importancia o traballo en intersección e nas rotondas.

Metodoloxía. O bikeability.

A metodoloxía que usa o curso Ao INSTIenBICI ven do sistema ingles Bikeability que xa formou a dous millóns de nenos en Reino Unido. O sistema é case na súa totalidade práctico, a diferencia da formación habitual que se lle imparte aos nenos en España. En España temos experiencias similares en Vitoria, Zaragoza, Barcelona, Tarrasa... con gran éxito. Só na cidade de Zaragoza 1.400 rapaces recibiron este tipo de formación.
En España, este tipo de cursos son unha novidade da ultima década pero en Inglaterra levan 40 anos co programa, en Holanda a formación ciclista esta incorporada nas aulas e existen experiencias  similares en Alemaña e Bélxica.

O futuro do INSTIenBICI.

Nesta primeira edición o curso quedou limitado a dous centros e dous grupos xa que estamos nunha fase piloto. Se a experiencia é satisfactoria o ano que ben estenderase a máis grupos e centros xa que a demanda formativa é grande. O obxectivo a longo prazo é que a maioría dos rapaces dos institutos e colexios de Pontevedra reciban unha formación en seguridade viaria, que fagan as súas practicas cunha bicicleta e fomentar a mobilidade en bicicleta no grupo dos menores de idade.

lunes, 21 de noviembre de 2016 0 comentarios

Unha cidade ten que ter 0 mortos e iso ímolo a defender. Non máis bagoas.

Foto do Faro de Vigo.

As cidades non poder ter mortos nin hospitalizados polo tráfico.

As cidades son os lugares onde viven as persoas e teñen que garantir a seguridade dos seus cidadans. Parece de sentido común esta afirmación pero non todo o mundo o ten claro. Desde a nosa experiencia a cidade de Pontevedra é unha illa no que a seguridade do tráfico se refire e no esforzo de garantir que a vida este por riba dos desexos de correr mais cos coches.

Nas reunións con tráfico, concellos, técnicos, Xunta a nosa primeira prioridade é crear unha infraestrutura segura para todo o mundo e logo facela atractiva para os ciclistas de 8 a 80 anos creando carril bici nos itinerarios complicados ou con alta densidade de tráfico. Polo tanto, o primeiro que pedimos e facer as rúas 30 e establecer medidas de calmado de tráfico, non somos moi orixinais, o que  pedimos e que se fagan as infraestruturas como recomenda a DXT nos seus manuais pero, salvo en Pontevedra, é coma bater coa cabeza contra un muro.
As administracións dálles medo molestar a un sector moi numeroso da poboación que non atende a razóns. Non se quere cambiar a prioridade na inversión, da velocidade á seguridade, e así nos vai:

2014 Pontevedra Vigo Ourense Lugo
Mortos 1* 5 1 0
Hospitalizados 8 42 25 21
* O falecido, un peón, morreu  a causas das feridas tempo despois do accidente no que o condutor ia baixo a influencia do alcohol e con exceso de velocidade.

Non podemos poñer os datos de A Coruña e Santiago porque a ficha non esta completa xa que só comunican os falecidos non os hospitalizados.

O reto que lle imos propoñer ao Concello de Pontevedra.
Cero falecidos e cero hospitalizados.

O obxectivo de cara á galería para a DXT é 0 mortos e 0 hospitalizados que copia da Visión Cero que se ten en Suecia. Dicimos que é de cara a galería porque a DXT nin sequera conseguiu aprobar o novo regulamento de circulación que facía propias moitas das medidas de calmado de tráfico de Pontevedra,  e contaba co apoio das organizacións civís e do parlamento. Só  facía falta a firma do presidente do goberno pero a anterior directora da DXT María Seguí fracasou no seu cometido.  Nesta tesitura perdeuse a tendencia de redución de falecidos e o obxectivo de 0 falecidos volveuse unha utopía.
Nós ímoslle propor ao Concello de Pontevedra que recolla o guante da Visión Cero, que sexa valente e intente chegar aos 0 falecidos e 0 feridos hospitalizados na cidade. É un reto, pero un reto asumible atendendo a que no 2014 tivemos só 8 hospitalizados, un reto ao que lle queremos poñer data, o 2020, para o cal o Concello debería aumentar esforzos no calmado de tráfico, na educación viaria e en eliminar puntos negros na seguridade para peóns e ciclistas. 
Aínda que o risco 0 non existe si se pode traballar coa premisa de chegar ao dano moi grave 0. A visión Cero é o modelo a seguir.

Mes de Xaneiro, campaña contra a Violencia Viaria.

Nos nosos plans, esta facer do mes de Xaneiro de 2017 o mes contra a Violencia Viaria e lanzar o reto aos Pontevedreses de que conseguir 0 falecidos e 0 hospitalizados é un obxectivo alcanzable para o 2020.
Xa somos a cidade dos nenos que van ao cole dunha forma autónoma, xa somos a primeira cidade do estado en ser zoa 30, xa temos uns bos datos de falecidos pero queremos ir máis algo, queremos ser unha cidade que ten a Visión Cero como unha meta.
Por iso, estamos a traballar nun calendario de accións, denuncias, educación viaria e homenaxes as vítimas do tráfico. Pero o esforzo dunha pequena asociación non é suficiente para conseguir este reto, precisamos a axuda da Administración e a implicación de toda a cidadanía no que se chama o pacto social contra os accidentes de tráfico.

Calquera pode ser vítima ou culpable nun sinistro de tráfico, o importante é poñer todo o preciso da nosa parte en minimizar os riscos e así a Visión Cero estará ao alcance da man.