lunes, 28 de diciembre de 2015 0 comentarios

Nova data na Masa crítica de Nadal

A Masa Crítica de Pontevedra rompe a sua tradición de celebrarse o último xoves de mes, e neste mes de Nadal se celebrará o mércores 30 para evitar a coincidencia co fin de ano.

O horario mantense, ás 20:00 horas nos xuntaremos na praza da Peregrina para a continuación dar un divertido paseo en bicicleta polas rúas de Pontevedra.

Animamos a tódolos pontevedreses a coller as súas bicis e asistir cos nenos a este paseo, así como a vestirse para a ocasión e vir a pasar un agradable rato na Masa Crítica de Nadal.

Un saúdo a tod@s.

miércoles, 25 de noviembre de 2015 0 comentarios

54 Masa Crítica

Queres dar unha agradable voltiña en bici polas rúas da cidade de Pontevedra. Súmate á Masa Crítica de Pontevedra. Sairemos dende a praza da Peregrina ás 20:00 deste xoves 26 de Novembro. 

Non esquezas as túas luces e lembra que coidas o planeta o desplazarte en bicicleta!!

Un saúdo a tod@s.

viernes, 6 de noviembre de 2015 0 comentarios

Por un monte libre de trampas. Y tú que harás??



Brandán Márquez
David Amor


Seguimos sumando apoyos a la concentración Por un monte libre de trampas que convocan la Asociación Pedaladas y el colectivo ciclista Masa Crítica Pontevedra en colaboración con la Asociación de Ciclistas Galegos y la Federación Gallega de Ciclismo.




José luis López Cerron (Presidente de la RFEC),
 Diego Guerrero (Director General de la RFEC)
 y Juan Carlos Muñiz (Pesidente FGC)


Además debemos resaltar la colaboración desinteresada del Hotel Avenida de Pontevedra o Producciones Voz y sonido que prestan infraestructuras o apoyo logístico para la organización de este evento.





Borja Vence (Hotel Avenida) 




En estos días no hemos parado de recibir apoyos por parte de numerosos deportistas, artistas, empresarios, políticos
o personas a nivel particular.

En el fondo de todos estos apoyos lo que reside es un rechazo total a los atentados indiscriminados que representan estas trampas.

Nacho Cons
(Moto-Bike)
Anuska Vilas



Como no podía ser de otra manera, muchas personas de manera pública o anónima nos trasladan el apoyo a la concentración así como la alarma que sienten ante unos actos inexplicables y que ponen en peligro la vida de cualquier persona que pretenda acceder nuestros montes para disfrutar de ellos.




Delio Fernández



Tampoco podemos obviar la labor de la prensa, que ha puesto el foco de atención sobre el problema que generan estas trampas y la alarmante generalización de las mismas que se está dando por el territorio nacional




Gracias a tod@s!!
César Abal
PP Pontevedra

Lores, Alcalde de Pontevedra

lunes, 2 de noviembre de 2015 0 comentarios

Por un monte libre de trampas. Cál é a realidade da lei?

Asociación Pedaladas está a promover unha concentración de condena á aparición de trampas nos nosos montes que será o día 8 de Novembro. Esta concentración é só unha resposta a uns terribles feitos, mais as trampas son un síntoma de algo moito máis profundo, o intento de limitar o uso da bicicleta nos nosos montes a unhas rutas prefixadas e elixidas polos xestores do monte que, na súa maior parte, son as comunidades de montes.

Esta carta vai ser longa e densa, pero é importante porque explica o amparo legal que temos e das razóns ideolóxicas para defendernos dunha verdade a medias que se usa coma excusa, “os montes son privados é os seus donos regulan o tráfico de vehículos.”

A Xunta de Galicia modificou a lei de Montes en xuño do 2012  para adecuala a outros tempos, no seu preámbulo comeza así:

“El monte, como recoge una antiquísima tradición, ha sido la base que permitió el sustento de las sociedades antiguas y posibilitó el tránsito a la moderna sociedad de nuestros días, en la que los bosques desempeñan un papel fundamental, tanto desde el punto de vista económico –con la madera como principal aprovechamiento en las sociedades postindustriales– como ambiental –depósito de carbono y verdadero pulmón del mundo actual– y también social y cultural –en cuanto espacio de expansión y lugar de encuentro y esparcimiento–.”

É importante ter isto en conta, os nosos montes non son só unha explotación de madeira e froitos, non teñen só un servizo económico que dar para os seus xestores senón que é un lugar de gozo e encontro cultural no que o mundo da bicicleta ten moito que dicir.

Non queremos entrar nunha profundidade excesiva pero si suficiente para aclarar conceptos. A lei 43/2003 de Montes que se publicou no BOE é o marco superior da 7/2012 da Xunta de Galicia que regula os nosos montes. Esta lei cede no seu artigo 54 bis a responsabilidade de regular o acceso ós montes á Xunta de Galicia, polo que aínda que a lei estatal so ten en conta restrinxir o acceso ás persoas en caso de alto risco de incendio, a Xunta podería limitar moito máis o acceso.

Polo tanto a Xunta na lei de montes aclara:

“Artículo 98. Pistas forestales
               
1. Todo camino de tránsito rodado de titularidad pública o privada, fuera de la red de carreteras, vinculado a la gestión forestal y ubicado en suelo rústico de protección forestal tendrá la consideración de pista forestal, quedando adscrito a la gestión agroforestal, y, en ningún caso, tendrá la consideración de acceso rodado público a los efectos previstos en la legislación urbanística.
               
2. La circulación con vehículos a motor por pistas forestales que no sean de uso público o ubicadas fuera de la red de carreteras quedará limitada:
a) A las servidumbres de paso a que hubiera lugar, no pudiendo hacerse en actitud de conducción deportiva.
b) A la gestión agroforestal, incluida la actividad cinegética y piscícola.
c) A los cometidos de vigilancia y extinción de las administraciones públicas competentes.
               
Queda prohibida la circulación motorizada campo a través, por senderos, cortafuegos o vías de saca de madera, salvo para aquellos vehículos vinculados a la gestión agroforestal, incluida la actividad cinegética y piscícola, a la prevención y defensa contra incendios forestales, a los cometidos de vigilancia y tutela propios de las administraciones públicas y a los eventos y actividades que hayan sido autorizados por la Administración forestal con arreglo al artículo 88 de la presente ley.
               
3. Los titulares de las pistas forestales, previa autorización de la Administración forestal, podrán regular el tránsito abierto motorizado por las pistas forestales que se encuentren fuera de la red de carreteras y no formen parte de las servidumbres de paso, mediante su señalización, sin perjuicio de lo dispuesto en la legislación en materia de prevención y defensa contra incendios forestales, siendo el usuario, en todos los casos, el responsable de los daños o perjuicios que pudieran ocasionarse, tanto a sí mismo como a terceros, en su utilización. En los casos de celebración de eventos y actividades culturales y deportivos ajenos a la propiedad que se desarrollen mediante el tránsito motorizado por dichas pistas, habrá de contarse con la autorización expresa por parte del titular, según lo dispuesto en el artículo 88 de la presente ley.
               
4. Toda obra de reforma, modificación, transformación o renovación de las pistas forestales principales no podrá alterar ni limitar su carácter prioritario agroforestal, salvo autorización expresa de la Administración forestal.
               
5. Las características y exigencias constructivas de las pistas forestales principales, viraderos y parques de madera serán establecidas por la Administración forestal mediante orden de la consejería competente en materia de montes, y responderán a la necesidad y viabilidad de los requerimientos de apilado y transporte de los productos forestales y del acceso a los montes de la maquinaria forestal, minimizando el impacto sobre el paisaje, los ecosistemas forestales de gran valor y la erosión y ajustándose siempre que sea posible a la red viaria existente.
               
6. Los senderos, cortafuegos y vías de saca de madera de carácter temporal no tendrán la consideración de pistas forestales.
               
7. La construcción de pistas, caminos o cualquier otra infraestructura permanente en montes o terrenos forestales, cuando no estuviera prevista en el correspondiente instrumento de ordenación o gestión forestal, requerirá de su modificación, de acuerdo con lo establecido en el artículo 82 de la presente ley.
               
8. Los instrumentos de ordenación o gestión forestal contemplarán la recuperación o regeneración de la cubierta vegetal de los caminos forestales, cortafuegos, fajas, parques de madera o cualquier otra infraestructura abandonada en el medio forestal, a fin de evitar su progresiva degradación y facilitar su integración en el ecosistema forestal.



Da presente lei podemos concluír que a Xunta habilitou ós propietarios, enténdase comunidades de veciños, a restrinxir o acceso ós vehículos a motor pero non ós vehículos sen motor como son as bicicletas.

En certos lugares están a aparecer carteis que sen a xustificación de eliminación dun camiño vía rexeneración da cuberta vexetal prohiben o acceso as bicicletas excepto se é o que accede é un propietario o cal o noso entender é totalmente ilegal o non ter un amparo nesta lei.


Resumo da lei de Montes:

  • A lexislación vixente da xunta diferencia entre o acceso dun vehículo a motor e unha bicicleta (sen motor).
  • Os montes privados e comunais teñen o dereito a limitar o acceso a vehículos a motor mais non se contempla esta restrición para os vehículos sen motor ou bicicletas.
  • As comunidades de montes que usan o selo da xunta nos seus carteis estano facendo sen coñecemento da Xunta, os carteis non teñen o numero de rexistro obrigatorio pero poñen o nome e o selo da Xunta nestes carteis.
  • As sendas (camiño de menos de 2 metros de sección segundo a lei) está sempre prohibida para os vehículos a motor pero non di nada das bicicletas.
  • As sendas poden ser eliminadas polos propietarios para integralas no medio forestal.
  • A lei protexe o goce e o acceso ós montes, de feito hai articulado para que as administracións interveñan e promovan isto.

Opinión de Pedaladas:
Os montes Galegos e os seus camiños son moi anteriores a estas leis e as propias entidades de xestión que son as comunidades veciñais. Hai en lugares onde non existe a problemática do peche de camiños, do intento de limitar o acceso ou o extremo das trampas, pero parece xeralizado o intento de limitar a certos camiños o transito polo monte, o cal entenderedes é un problema grave cara o futuro se gañan estes pensamentos.

O monte non só é unha masa arbórea de aproveitamento económico, é moito mais, ten moito patrimonio histórico, (petroglifos, dolmens, muíños, camiños históricos…) ten patrimonio paisaxístico e ecolóxico. Todo ese patrimonio é de tódolos galegos e persoas que deciden disfrutalo con respeto, non só dos xestores dese monte, e así esta rexistrado e referido en numerosas leis, empezando pola Constitución Española que no seu artigo 45 nos ampara no acceso ó medio natural e no artigo 46, que protexe todo o patrimonio histórico dando igual quen sexa o propietario. 

Parécenos retrógrado limitar o acceso ás persoas a todos estes elementos, unha privatización de feito, coa escusa de que molestamos ós cazadores ou degradamos os camiños cando isto non é certo.

Temos claro que a loita é contra os ciclistas porque agora somos miles e  percorremos grandes distancias polo monte galego cousa que os peóns non fan e son moitos menos, mais o máis probable é que esta loita, unha vez que acaben cos ciclistas, pasará a éles e, ó final, en cada camiño de acceso a unha masa forestal teñamos un cartel de “prohibido o paso excepto propietarios”.

Polo tanto quizáis os non comuneiros deberíamos empezar a pensar en certas cousas. Se o monte é deles e nós non podemos nin pasar por él, por qué a Xunta  gasta 100m € cada ano en extinción de incendios nunha propiedade privada con actividade económica?, por qué gastamos fondos públicos no mantemento dos camiños ou en restauración de patrimonio histórico que eles se apropian?, Por qué os concellos gastan millóns en crear parques peri-urbanos, en integración de núcleos rurais ou en outras actuacións?, por qué os montes de man común teñen, de feito, exención no IBI?… en fin, quizáis debemos chegar a que a conclusión lóxica é que se o monte é un ben común no momento de percibir diñeiro publico tamén é un ben común cando queremos pasar por el coa nosa bicicleta uo desenrolando calquera outra actividade na natureza que sexa respetuosa co medio natural.

O día 8 de Novembro faremos a dúas concentracións, as 11:15 no Campo de Golf de Meis e logo as 12:30 na Praza España en Pontevedra, mais isto só é o principio dunha loita longa, onde debemos obrigar ós poderes públicos a, dunha vez, facer unha defensa pechada das actividades lúdico deportivas no monte, que sexan respectuosas co medio e, nas cales, todos debemos estar unidos e fortes na resposta en calquera parte do noso territorio demostrando o noso numero e a nosa convicción.


Toda a Asociación Pedaladas

lunes, 26 de octubre de 2015 0 comentarios

Masa Crítica de Samaín

Este xoves 29 de outubro a Masa Crítica de Pontevedra volta a sair ás rúas para dar un paseo pola cidade do Lérez.
Nesta ocasión e dada a cercanía da celebración do Samaín animámosvos a que veñades disfrazados para a ocasión.
Se queredes disfrutar desta terrorífica volta en bici polas rúas da cidade só tedes que achegarvos ás 20:00 pola praza da Peregrina e non esquezades traer luces, xa que circularemos de noite.
Xa sabedes, usade a bici tódolos días, celebrádeo unha vez ó mes.

lunes, 19 de octubre de 2015 0 comentarios

II Salvemos A Fracha

Un ano despois o colectivo "Salvemos a Fracha" volve a convocar ós cidadáns da comarca de Pontevedra a achegarse este domingo 25 de outubro ó monte da Fracha coma protesta contra a A-57. Para elo convocan unha andaina que comeza e remata nos depósitos de auga de Pintos (Track da andaina)

Dende Masa Crítica animamos a tódolos ciclistas de montaña a circular ese día pola Fracha e sumarse á foto de grupo que faremos ás 12.30 nos depósitos de auga de Pintos (lugar onde comeza e remata a andaina) e onde os veciños da zona nos invitan a un chocolate ou café quentiños.

O colectivo Masa Crítica e a asociación Pedaladas en colaboración con El Puerto Bike Shop Work faremos a xa tradicional ruta de iniciación á bicicleta de montaña do último domingo de mes, que nesta ocasión, e co gallo do evento convocado por "Salvemos a Fracha", nos levará polos camiños desta serra.
Sairemos ás 9:30 da tenda.

A xente que estamos o frente da asociación Pedaladas e que tamén formamos parte do colectivo Masa Crítica non apoiamos esta obra cun custo integral superior ós mil millóns de euros. Ó noso entender esta vía non só non da resposta á necesidade dunha vía de circunvalación na cidade de Pontevedra, se non que ademaís redunda nun modelo de tranporte obsoleto, baseado no asfaltado do país sen considerar as necesidades reais da poboación e, dende logo, amosando un desprezo absoluto pola natureza, xa que diferentes colectivos ecoloxistas así como numerosos técnicos advirten dos danos que vai causar esta vía que algúns califican coma circunvalación obviando ó propio BOE, que propón a ampliación da PO-10 coma auténtica circunvalación da cidade.

Un saúdo a tod@s.

lunes, 21 de septiembre de 2015 0 comentarios

52 Masa Crítica

Este Xoves 24 de setembro estreamos estación. O outono comeza pero eso non é un problema para os que gustamos de desplazarnos en bici pola cidade e para celebralo, un mes máis, voltamos a xuntarnos para dar un paseo en grupo polas rúas de Pontevedra.

Xuntarémonos ás 21:00 na praza da Peregrina para desfrutar dunha agradable e divertida voltiña.
¡¡¡Achégate á Masa!!! Non bloqueamos o tráfico, somos tráfico.

Un saúdo a tod@s.

miércoles, 29 de julio de 2015 0 comentarios

50 Masa Crítica

Algúns dos membros da Masa de Pontevedra están a levar a cabo reunións e proxectos que buscan mellorar as condicións de mobilidade e convivencia dos ciclistas. Este traballo non sería posible sen tódolas persoas que nalgunha ocasión asistiron á cita mensual coas rúas, conformando así o colectivo que dende hai máis de catro anos defende unha nova mobilidade e maior respeto ós ciclistas.

 Apoia as nosas reivindicacións e ven disfrutar dun divertido paseo en bici pola cidade de Pontevedra. Súmate á Masa Crítica Pontevedra este xoves 30 de xullo, sairemos ás 21:00 dende a Peregrina. Pon o teu grano de area e recorda, "Non bloqueamos o tráfico, somos tráfico.

Un saúdo.

lunes, 22 de junio de 2015 0 comentarios

4º Aniversario Masa Crítica Pontevedra

Masa Critica celebra o seu cuarto aniversario coa xa habitual saída do ultimo xoves de cada mes.

 O colectivo Masa critica aproveita este cuarto aniversario para pedir a tódolos usuarios da vía respecto ás normas de tráfico así como lembrar os falecidos na PO-11 Manuel Mesías e Cristóbal Hermida e incidir en que o colectivo ciclista segue esperando pola vía segura entre Pontevedra e Marín para peóns e ciclistas.

A ruta que transcorrerá polas rúas da cidade e terá unha parada na Rotonda de Malvar onde se atopa o monumento os ciclistas falecidos para facer un pequeno acto de lembranza.
Trae a túa bicicleta e a túa propia pancarta reivindicativa.

Usa a bicicleta tódolos días, celébrao unha vez o mes



miércoles, 3 de junio de 2015 0 comentarios

Somos tráfico!!!

Este mes la Masa de Pontevedra cumplirá cuatro años, cuarenta y ocho meses llevamos ya diciendo aquello de: No bloqueamos el tráfico, somos tráfico!!
Es un buen momento para conocer los inicios del movimiento hace ya 22 añazos...

Somos tráfico!

miércoles, 27 de mayo de 2015 0 comentarios

48 Masa Crítica

¿Apetécevos dar unha voltiña en bici baixo a luz do serán do xa inminente verán? ¿Queredes facelo nun ambiente divertido e aproveitando para reivindicar o lugar da bici na calzada e o respeto ós ciclistas? Pois sumádevos ó paseo da Masa Crítica. Sairemos, como xa é habitual, este xoves 28 (último do mes) ás 21 horas da praza da Peregrina.

Usa a bici tódolos días, celébrao unha vez ó mes. Ven ä Masa crítica.

miércoles, 29 de abril de 2015 0 comentarios

47 Masa crítica

Unha vez máis os ciclistas  nos voltaremos a xuntar na praza da Peregrina para dar unha volta polas rúas da cidade. Se tes unha bicicleta e queres sumarte só tes que collela e comezar a pedalar. Sáiremos ás 21:00.

Unha aperta.

lunes, 6 de abril de 2015 0 comentarios

Pedalada/Homenaxe

O vindeiro día 12 de abril o colectivo Masa Crítica Pontevedra, a asociación Pedaladas e o Concello de Pontevedra organizan, coa colaboración do Concello de Marín, unha homenaxe ós ciclistas falecidos na PO-11(mal chamada Autovía de Marín),  Manuel Mesías Barros e Cristóbal Hermida.  

O acto consistirá nunha pedalada popular que sairá da praza de España ás 11:30 percorrendo as rúas de Pontevedra, a PO-11 ata Os Praceres e voltando ata a cidade onde se fará unha  homenaxe e se inaugurará un monumento en recordo dos ciclistas falecidos.

Dende Marín os ciclistas se concentrarán a partires das 11:30 diante da escola Naval para achegarse, nun percorrido común que comezará ás 12, pola avenida de Ourense ata o punto de encontro na PO-11 á altura dos placeres ás 12.15

Dende a organización querémosvos invitar a participar.



Podedes vir à Pedalada popular de Pontevedra que ten o seguinte horario:
  • 11:00 Concentración na praza de España.
  • 11:30 Saída polas rúas da cidade.
  • 11:45 Ruta pola PO-12 cara a Marín
  • 12.15 Confluencia cos ciclistas provintes de Marín e o Morrazo na PO-11 á altura da igrexa dos Praceres
  • 12:30 Acto homenaxe na PO12 (rotonda de Malvar Pontevedra)
  • 13:00 a 14:00 a PO-11 continuará pechada o tráfico para uso de ciclistas

Ou podedes saír co voso club e participar no acto homenaxe ás 12:30.
Se vides co voso club ou peña ciclista para a homenaxe podedes entrar na PO-11 dende Marín ou Pontevedra no tramo pechado o tráfico dende ás 11:30. Agradeceriamos que  enviásedes un correo a masacriticapontevedra@gmail.com co voso orixe e numero de participantes para ter un pequeno censo para avisar a  DXT.

Se vides co voso vehículo tedes unha zona de aparcamento moi próxima o acto na PO-12 ou no porto de Pontevedra e un paseo para peóns a veira da ria hasta o lugar do acto homenaxe as 12:30.
Plano de situación do lugar da homenaxe:
Captura de pantalla de 2015-03-24 13:39:36.png

Dende o colectivo Masa Crítica Pontevedra e a asociación Pedaladas traballamos para levar adiante esta homenaxe para as familias dos falecidos e coma un esforzo por mellorar as condicións de seguridade dos ciclistas.

Estamos a recabar o apoio dos
clubs e da Federación Galega de ciclismo para facer visible o colectivo ciclista a fin de facer que as administracións e a DXT melloren as infraestruturas e se nos teña en conta cando se fai planificación viaria.

Estamos en conversas co
concello de Pontevedra, co concello de Marín e coa Deputación para levar adiante de unha vez unha conexión Pontevedra Marín sen riscos para peóns e ciclistas para non engadir máis vítimas a esta vía.

O colectivo ciclista non debe asumir que son aceptables as situacións que se dan na estrada. Non e aceptable que a nosa vida se poña en risco por facer uso dun vehículo sostible, ecolóxico e saudable. Cada morte dun compañeiro é unha traxedia para a familia, os amigos e compañeiros de estrada que non debemos tolerar e por iso e importante xuntarnos e esixir responsabilidade a administración,  esforzo na obriga do cumprimento das normas a DXT e respecto a tódolos usuarios da vía.

Esperamos contar coa vosa participación na homenaxe o dia 12 de Abril en Pontevedra. 


Un saúdo desde Masa Crítica Pontevedra e a asociación Pedaladas.




miércoles, 25 de marzo de 2015 0 comentarios

46 Masa Crítica

Ola amig@s, entramos na primaveira, estación na que se ve como as bicis comezan a florecer por toda a cidade do Lerez.
 E coma tódolos meses a Masa Crítica Pontevedra volta a sair á rúa para para desfrutar xunt@s do pracer de circular nos nosos  vehículos, as bicicletas. Uns vehículos silenciosos, respetuosos co medio ambiente, que non causan caravanas e que levan o sorriso ó teu rostro e a saúde ó teu corazón.
Xuntarémonos, coma sempre, ás 20:00 horas de este Xoves 26 de Marzo na praza da Peregrina, e dende alí faremos un percorrido urbano polas rúas da cidade.
Xa sabedes: "Usa a bicicleta tódolos días, celébrao unha vez ó mes"

Unha aperta a tod@s.

miércoles, 25 de febrero de 2015 0 comentarios

45 Masa Crítica

Este xoves 26 de febreiro a Masa crítica de Pontevedra voltará a facer o seu habitual paseo polas rúas da cidade. Se dispós de unha bicicleta e te apetecer dar un paseo co resto de ciclousuar@s de Pontevedra, achégate ás 20.00 horas pola praza da Peregrina.

Usade a bici tódolos días, celebrádeo unha vez ó mes.

Unha aperta

miércoles, 28 de enero de 2015 0 comentarios

44 Masa Crítica

¿Gostas de respirar o fume dos coches?¿Non te preocupa a túa saúde nin a dos teus seres queridos?¿Encántache gastar cartos en combustible?¿Disfrutas do tiempo que perdes nos atascos?¿Góstache que o teu país dependa enerxéticamente do petróleo? Entón a festa mensual da bicicleta, a Masa Crítica, non é pra ti, xa que seguramente non te apeteza saír a dar unha tranquila e divertida volta polas rúas de Pontevedra este Xoves 29 ás 20:00 e dende a Peregrina.
¿E o cambio climático...?....mmmmm...¡¡¡xa inventarán algo...!!!

sábado, 10 de enero de 2015 0 comentarios

Fallece un ciclista en Pontevedra

Hola a tod@s. Como ya sabréis el viernes 9 de enero una persona perdió la vida cuando circulaba en bicicleta por la PO-11 en dirección  Pontevedra. El fallecido, Manuel Mesías Barros de 47 años y vecino de Cantodarea (Marín), circulaba en compañía de otro ciclista cuando el conductor de una furgoneta lo arrolló.

El día del accidente algunos usuarios de la bicicleta de Pontevedra hicimos una  concentración improvisada, aprovechando que el alcalde y algunos concejales estaban inaugurando un carri-bici en la calle Rafael Areses. Sin embargo, desde Masa Crítica consideramos que es importante que el colectivo ciclista se una y se acerque en señal de duelo al fatídico lugar, así lo hablamos los que nos reunimos en la citada concentración y sacamos el compromiso del apoyo por parte del concello de Pontevedra. 

También es importante reseñar que la Federación Gallega de ciclismo a través de su actual presidente, Juan Carlos Muñiz, está en contacto permanente con nosotros brindando su apoyo y colaboración para lo que sea necesario. Así mismo, la Asociación Galega de BTT ha mostrado su apoyo y esperamos contar también con el refrendo de ASOGAL (Asociación de Ciclistas Galegos) y también nos pondremos en contacto con el Concello de Marín.


 A pesar de la unión de los colectivos y organismos creemos que no debemos olvidar lo màs importante, la familia y amigos del fallecido. Sus seres queridos estàn pasando momentos muy difíciles y sería una falta de respeto imperdonable no contar con su opinión. Por este motivo consideramos imprescindible dejar pasar los momentos màs duros. 

Desde Masa Crítica Pontevedra  contactaremos con allegados de la familia y amigos para darles a conocer la iniciativa, pero no podemos exigirles ni rapidez en la respuesta ni que, llegado el caso, secunden la iniciativa. Ellos deben tener la última palabra.

Aunque todos l@s usuari@s de la bicicleta nos sentimos afectad@s, debemos ponernos en el lugar de los seres queridos de Manuel y respetar el duelo.

En cuanto tengamos novedades las comunicaremos. 

Muchas gracias a tod@s y mi màs sincero abrazo a la familia y amigos.
D.E.P.