martes, 24 de junio de 2014 0 comentarios

XXXVII Masa Crítica. 3 anos pedalando por un mundo mellor

Este xoves 26 de xuño ás 21:00 as e os ciclousuarixs de Pontevedra voltaremos a confluir na praza da Peregrina para dar unha volta polas rúas da cidade do Lérez, e con esta pedalada xa fan tres anos.

Tres anos leva xa a Masa Crítica de Pontevedra saíndo ás rúas para reivindicar o espazo dxs ciclistas na calzada, para loitar por outro modelo de vida e de transporte, e para defender a saúde do planeta e de tódolos seres que o habitamos.

Tres anos cumpridos coa cita mensual do último xoves de cada mes, desfrutando do pracer de pedalar en boa compaña polas rúas da nosa cidade.

Tres anos de cooperación, coordinación e de aprendizaxe que non sempre foron sinxelos.

Tres anos nos que moita xente se achegou ás masas e se sumou á bici, grazas o cal conquerimos (e esta é unha victoria de tódolxs que usamos a bici a diario e algunha vez asistimos á Masa para darlle forza) ser escoitadxs polo concello e tamén que se nos agasallara este ano co Premio á Mobilidade Ciclista 2014.

Pero tamén tres anos nos que algunhas e algúns compañeirxs deixaron orfas ás súas monturas. Varixs delxs ficaron nas cunetas, coma Cristóbal Hermida, presidente do C.C. Bueu, que morreu arrolado por un camión chegando a Marín mentres entreaba a principios do 2013. Él era  Masa Crítica

 Outrxs, coma Lana Rocha, loitaron contra o cancro coma un penedo fronte ás ondas. Non deixou de pedalar pola cidade ata que a enfemidade cegou os ollos que guiaban a súa bici morada e, sen embargo, seguiu sorrindo, pedalando co maxín ata que decidiu ascender a cúmios máis lonxanos. Ela sempre será  Masa Crítica.

Ángel Pérez colaborando con Victor e Tita
Anos nos que tivemos a sorte de coñecer guerreirxs investidxs de armaduras de coraxe coma Victor Loira, loitador implacable ó que as bofetadas da enfermidade non derriban da súa montura, se non que o fortalecen para visibilizar a doenza de Tita, a súa compañeira de vida. Elxs son  Masa Crítica.

Xente que ó longo do mundo supera cada día barreiras que xs comúns dxs mortais, ás e ós que só temos que vencer a nosa preguiza, nos parecen barreiras insalvables. Elxs son  Masa Crítica.

Persoas que nos demostran co seu día a día que hai que avanzar por aquilo no que cremos, por un mundo no que inspirar aire non sexa perigo de enfermidade. Un mundo no que as persoas poidamos coexistir e onde se respete ás que cada día abandoan os sillóns das casas e dos coches e deciden que se hai que moverse é mellor facelo pensando na saúde, na calidade de vida e no futuro. Iso é Masa Crítica.


Dende Pontevedra sumamos o noso grao de area para a coexistencia nun planeta lóxico, ecolóxico e sostibel que, de seguro, tódolxs nenxs desexan cando chegan a este mundo. Por elxs e polas demáis especies que comparten este barco, por nos mesmxs, pedalamos cada día, en cada Masa, sumando así o noso avance ó de outras persoas e colectivos que tentan manter a flote o planeta e a súa vida, tentando taponar as vías de auga que, por momentos, parecen afundirnos. E, dende logo, convencidxs de que a mellor maneira de conquerir un obxectivo é fixalo no horizonte, montar e comezar a pedalar, paseniño, aprendendo da paisaxe e compartindo cxs compañeirxs o que nos brinda a viaxe, porque eso é a Masa Crítica, pedalar por un mundo mellor.