sábado, 25 de febrero de 2017 0 comentarios

A asociación Pedaladas inicia un proceso para incorporar novos socios


A asociación Pedaladas inicia un proceso de crecemento para aumentar os servizos que da, e convida a asociarse para dotar á Asociación de medios económicos, materiais e sociais que lle permitan a promoción da bicicleta como medio de mobilidade, ocio, deporte e calidade de vida dunha forma INDEPENDENTE.


A actual directiva da asociación Pedaladas evitou aceptar financiamento de empresas e administracións para manter unha liña totalmente independente, xa que enténdese que aceptar estas fórmulas implica rexeitar a unha liña combativa e de acción directa e faría que a Asociación fose moito mais parecida a un clube deportivo que a unha asociación que traballa polos dereitos dos usuarios da bicicleta nas súas diversas formas.


¿Quen financia a Pedaladas?
Ata agora, o 100% do financiamento de Pedaladas proben de achegas de cartos dos actuais socios e moito traballo voluntario dos mesmos. As únicas achegas de cartos externos a asociación Pedaladas foron: 

-a adquisición de chalecos que sufragou o Concello de Pontevedra integramente para que poidamos repartir entre os usuarios habituais de bicicleta.

-a cartelería da semana Europea da mobilidade 2016 que pagou o Concello de Pontevedra e Autocares Rías Baixas.

-os patrocinios de MotoBike Pontevedra, El Puerto Bike Work Shop e Óptica Martínez que fixeron un pequeno aporte para sufragar os custos da Semana Europea da Mobilidade en Pontevedra.

-o IES Sánchez Cantón e o IES Frei Martín Sarmiento que costearon os seguros de actividade e materiais para o curso de formación viaria “Ao INSTIenBICI”.

¿isto é sostible?

Pois si e non, como podedes comprobar a actividade da Asociación Pedaladas é frenética, os actuais socios prefiren non contabilizar o tempo e cartos propios invertidos. A idea é aumentar de tamaño da asociación para permitir aumentar os servizos e funcións prestadas, por iso ábrese un proceso de captación de socios.

¿canto vai custar asociarse? 


O custo vai ser de 20€/ano por socio, cunha opción reducida para que cada socio sume a un familiar ou aos seus fillos de 15€/ano.
E
xemplos: Parella (20€+15€) Parella con dous fillos (20€+15€+15€+15€) dous irmáns (20€+15€)
(Para poder acceder a este prezo reducido téñense que asociar a vez os novos membros)

¿que servizos vou ter como socio de Pedaladas?


- Un seguro de RC cunha franquicia de 150€/sinistro para os teus desprazamentos en bicicleta (o seguro é de baixo custo, facilitado por ConBici, a coordinadora de asociacións onde estamos integrados)
- participar das asembleas de Pedaladas e na súa toma de decisións.
- participar nas saídas ciclistas de Pedaladas.

Quero colaborar con Pedaladas pero estou federado ¿que fago?


Cada socio que facemos implica uns custos para Pedaladas ao telo que asegurar, polo tanto se estas xa cuberto por algunha póliza pero queres axudar economicamente a labor da asociación podes facer un donativo. 


¿con que proxectos de Pedaladas estou colaborando ao facerme socio? (liñas mestras actuais)


- Ciclismo adaptado. Ata agora esta actividade non implica custos pero é preciso ter un remanente para calquera incidencia ou necesidade que poidamos cubrir con fondos propios.

- Formación Viaria. A actividade de formación é fundamental, para poder executar os cursos de formación con profesionalidade, precisaremos de dedicación e medios para os monitores. Unha parte imos tentar que salga de fondos públicos pero non temos garantida esa forma de financiamento.

- Seguridade Viaria para ciclistas de Estrada. Temos por obxectivo implicar ás administracións a unha mellora das infraestruturas, sobre todo moito traballo en sinalización do 1.5m, en que se cumpra que as beiravías transitables non estean en mal estado,  que se acometan melloras de calmado de tráfico nas travesías e que se teña en conta a bicicleta nas reformas viarias . Isto implica desprazamentos ás administracións competentes e custos para ter reunións con políticos e técnicos.

- Impulso de lexislación a nivel galego e estatal. A acción de lobby de Pedaladas é imprescindible para impulsar lexislación, tanto a nivel de mellora do uso social do monte para a practica do BTT, como do Regulamento de Circulación e Ordenanzas similares que protexan aos diferentes usos ciclistas,  e a aprobación do Plan Director de Mobilidade Alternativa e vixilancia para que se cumpra.

- Fomento dunha infraestrutura ciclista que democratice o uso da bicicleta. Os usuarios de bicicleta non deportistas e menores precisan dunha rede de carrís bici ou similares para facer uso da bicicleta dunha forma segura e cómoda. A parte do esforzo en mobilizacións é preciso implicar ás administracións, para que se destine orzamentos a unha rede que permita a mobilidade laboral, ir a escola en bicicleta e que sexa unha alternativa de ocio e cicloturismo como motor económico de Galicia.

- Eventos de formación, promoción e defensa do uso da bicicleta. Unha parte importe da labor de Pedaladas son os eventos, tanto para dar a coñecer a normativa de seguridade, como para a promoción da mobilidade sustentábel, como para defender os dereitos recollidos na lexislación. Estes eventos consumen recursos económicos que son precisos para concienciar da importancia da bicicleta nunha sociedade moderna.

Exemplos: Evento do autobús, do 1.5m, Por un monte Libre de trampas, Pedaladas homenaxe as vítimas de sinistros viarios... Manifestacións: Imos a praia, Vía Verde Pontevedra-Vigo...




No Response to "A asociación Pedaladas inicia un proceso para incorporar novos socios"

Publicar un comentario