miércoles, 11 de abril de 2012 Tags: , , 0 comentarios

Modelo Antwerpen


Mikael Colville-Andersen, de Copenhagenize.com, achéganos a infraestrutura ciclista de Antwerpen, cidade de Flandres (Bélxica) que conta cunha cota de uso de transportes alternativos do 16%. Segundo nos conta, o espazo reservado a bicicletas vai en aumento.

"É ano de eleccións e o alcalde prometeu 100 km de infraestruturas ciclistas antes de ser elexido. Están a correr para completar as ciclovías antes da nova elección. O cal é bastante brillante."


"Arriba, a ciclovía está rematada antes que a calzada. É moito espazo tirado ao tráfico motorizado e devolto a bicicletas e peóns. Bo xeito de calmar o tráfico e inspirar os cidadáns a escoller outros transportes."

Son algunhas das opinións deste experto en mobilidade dinamarqués.


Mais calquera de nós pode tirar conclusións. O simple feito de que as bicis teñan un espazo reservado nos stops por diante dos vehículos de motor apunta a que hai unha sensibilización especial polos transportes non contaminantes.

"Carril bici" ou "tráfico de coexistencia", solucións compatibles

É preciso encher a cidade de ciclovías ou, polo contrario, animar os ciclousuarios a tomar a calzada? Velaquí un difícil debate. Posiblemente dependa de cada caso. En avenidas con moito tráfico é necesario separar as bicis dos outros vehículos para garantir a seguranza, mais cando o tráfico está calmado, pódese usar a infraestrutura existente, sen necesidade de pintar faixas vermellas.

Fonte: http://www.photocase.es/photo/116304-stock-photo-bicicleta-trafico-senales-marcas-asfalto-raya-signos

Pensemos que Antuerpe é unha grande urbe (ao redor de medio millón de habitantes), aínda maior que Münster, da que falamos anteriormente neste blogue. A nosa vila leva varios anos vivindo un proceso de adaptación do tráfico, é doada de abarcar a pé ou en bici, bastante accesible e cada vez máis segura para circular pola calzada. A vantaxe doutros exemplos europeus cos que estamos afeitos a nos comparar non será tan grande cando comecemos a utilizar a cidade coa cabeza e non tanto co acelerador. ;)

Todas as fotos son de Colville-Andersen, salvo a derradeira.



No Response to "Modelo Antwerpen"

Publicar un comentario