miércoles, 28 de diciembre de 2016 0 comentarios

Premio cidade de Pontevedra para Pedaladas.

Especial 28 de Decembro.

Hoxe queremos anunciar que compañeiros da Masa Crítica Pontevedra acaban de formalizar vía rexistro a inscrición de Pedaladas para o premio cidade de Pontevedra na categoría de entidades.


Os méritos de Pedaladas.

A asociación Pedaladas é moi coñecida por todos polo seu esforzo en fomentar a mobilidade sustentábel e os dereitos dos usuarios de bicicleta. Nos últimos anos a súa labor e esforzo foi encomiable.


A asociación mantén activo o seu programa de voluntariado para facilitar a persoas con diversidade física e sensorial ocio de tipo ciclista.

Unha actividade moi positiva tanto para os voluntarios como para os usuarios quen sen esta actitude desinteresada dos socios de Pedaladas terían moi complicado manter  esta actividade de ciclismo adaptado.

A formación viaria para menores é outros dos puntais da asociación Pedaladas. Nos últimos anos detectouse un aumento do numero de ciclistas que non teñen moi claro como circular coa súa bicicleta e a asociación de forma desinteresada esta a impartir charlas e cursos formativos.

Os actos reivindicativos organizados por Pedaladas tamén son moi numerosos, a marcha "Imos a Praia" para pedir o carril bici a Marín, a marcha pola "Vía Verde Pontevedra - Vigo" para pedir a cesión das vías do tren para crear un itinerario ciclistas ou a manifestación "Por un monte libre de trampas e con ciclistas" para loitar coa lacra que supón a instalación de elementos que buscan facer dano aos ciclistas.

O esforzo  incansable por traer infraestrutura de calidade a toda a comarca. Pedaladas fixo  presentacións para políticos ensinando rutas factibles de gran interese, A vía Verde, o carril bici a Marín, a ruta a Lourido e Combarro pero non se quedou aí, no seu traballo incansable cada pouco tempo organizou un acto reivindicativo para evitar que estes proxectos se esquezan, como  por exemplo a actual campaña de "Cartas aos Reis Magos".

Accións de concienciación social, Pedaladas sempre esta na promoción da bicicleta como un elemento de cambio, como substituto do automóbil nunha parte dos desprazamentos. Este ano 2016 fixo un programa moi extenso na semana Europea da Mobilidade pero destacou o evento do autobús. Neste evento quedou claro o tremendo espazo que desperdiciamos usando un automóbil en vez dos seus substitutos naturais, o transporte público, a bicicleta ou camiñar.

A petición de Radar e a Denuncia Voluntaria.

A asociación Pedaladas non ten pelos na lingua, ten un largo historial de accións con moita valentía.  Temos claro que a petición do radar, as denuncias Voluntarias xunto coa defensa dos Lombos van facer que o este ano a asociación Pedaladas teña garantido o premio Cidade de Pontevedra por aclamación popular.
Proba desa gran devoción dos Pontevedreses por este tipo de accións son as numerosas mostras de cariño e comprensión cando os medios de comunicación fanse eco deste tipo de medidas. Son xa famosos os grandes defensores dos ciclistas que hai en PontevedraViva e no Diario de Pontevedra. Cun público tan fiel é seguro o faio do xurado deste respectado premio.

Non queremos deixar de incorporar a esta entrada do blog unha recreación da Pontevedra que esta axudando a crear a Asociación Pedaladas.



No Response to "Premio cidade de Pontevedra para Pedaladas."

Publicar un comentario