As propostas de Pedaladas para os veciños de Mollabao.
Antecedentes a asemblea Veciñal.
Fai catro anos que Pedaladas leva solicitando pasos sobreelevados na rúa Rosalía de Castro, por ser un tramo urbano da PO-546 cun centro de Saúde, un colexio, unha zoa de deportes, un parque e moito tráfico ciclista. Para Pedaladas é unha zoa de especial protección que non conta coas debidas medidas de seguridade viaria. Hai que recordar que baixo a ponte da autopista rexístranse velocidades de ata 76km/h a pesar de ser zoa 30. Os últimos veciños contáronnos que houbo dous atropelos graves, no paso de peóns baixo a ponte da autopista en Rosalía de Castro, e varios sinistros importantes fronte a Colonia Pina por saída de vía.
O que nos contou o alcalde na última reunión.
Na ultima reunión co alcalde comentounos que a intención do concello é conseguir a cesión da PO-546 no tramo máis urbano ata as proximidades dos terreos de Malvar, abrir unha conexión entre a PO-546 e a Avenida de Marín e facer Rosalía de Castro de único sentido.
Xa na reunión, pedimoslle ao alcalde, que como mínimo o Concello asumira o vial ata o acceso ao barrio de Pontemuiños, xa que ai problemas de seguridade fronte a Colonia Pina e no acceso a Pontemuiños que deben ter un tratamento especial, xa que o acceso seguro aos centros deportivos ten que ser unha prioridade para a mobilidade ciclista. A día de hoxe existen usuarios que van na bicicleta ao Rías do Sur, algúns usan a PO-546 e outros a Rúa de Cobas, pero son usuarios moi convencidos da mobilidade alternativa. Se queremos aumentar o uso da bicicleta é preciso aumentar a seguridade e comodidade dos desprazamentos.

A proposta de Pedaladas.
- Parécenos correcto facer Rosalía de Castro de sentido único para os automóbiles, pero a PO-546 ten numeroso tráfico ciclista polo que é convínte manter ambos sentidos para as bicicletas. A alternativa, a Avenida de Marín, é moi pouco amigable coa bicicleta. Entendemos que a única opción de facer beirarrúas dignas é eliminar un carril de circulación xa que a sección coa que conta Rosalía de Castro é insuficiente.
- Solicitar que o Concello, como mínimo, se faga cargo do tramo ata Pontemuiños, para mellorar a seguranza viaria do barrio. Conseguir a cesión de menos tramo da PO-546 é depender da Xunta para a mellora na seguranza viaria, a cal ten un críterio máis laxo coas velocidades perigosas. Dende o noso punto de vista é fundamental que o itinerario ciclista a Rías do Sur se mellore.
- Crear unha senda ciclista peonil que chegue ao Pazo de Lourizan. Pontevedra esta a desaproveitar un atractivo de ocio e turístico por non ter unha forma segura de ir en bici e a pé entre Pontevedra e o Pazo de Lourizan. Desde a Peregrina son 3,6km e 12 minutos ao Pazo de Lourizan en bici, polo que se existe unha senda segura e cómoda as familias con nenos terían unha boa alternativa de ocio, ir a visitar os xardíns dunha forma divertida e sostible.
- Facilitar a mobilidade laboral do complexo industrial Ence-Elnosa. Pedaladas é unha asociación ecoloxista polo que non estamos de acordo con este complexo industrial pero mentres este aí, os traballadores deben ter a opción de ir ao traballo usando una bicicleta dunha forma cómoda e segura. Se a concesión se anula esta conexión ciclista segura serviría como vía de comunicación para un uso ludico dos terreos.
- A conexión de ENCE pola Avenida de Marín. Na mesma liña, levamos tempo reclamando que o acceso dos 300 camións pesados que move Ence cada día entren ao complexo industrial directamente pola PO-11 e non desde a PO-546. Este tráfico crea molestias e é perigoso ao seu paso por Os Praceres dunha forma innecesaria. O acceso natural ao complexo industrial e usando unha vía de servizo na PO-11.

No Response to "As propostas de Pedaladas para os veciños de Mollabao. "
Publicar un comentario