viernes, 27 de enero de 2017 0 comentarios

Mellora a túa condución con Pedaladas

Isto é 1.5m

  Mellora a túa condución con Pedaladas. 6ª Acción do mes Cero Violencia Viaria, Obxectivo cero Mortos.

O día 31 péchase o mes Cero Violencia Viaria de Pedaladas cunha acción por todo o alto. As accións tentaron poñer sobre a mesa que a lacra dos falecidos nas estradas é algo que se pode remediar se todos poñemos da nosa parte. A responsabilidade dos sinistros é social e a solución debe ser social. Pedaladas sempre repite que unha parte minoritaria dos condutores teñen un problema coas normas que garanten a seguridade de todos, e son, ese grupo de condutores os que están a causar falecidos. Estes condutores apelan a unha suposta liberdade persoal, para escoller as normas que cumpren e cales incumpren, poñendo  en perigo coas súas decisións a todos os usuarios da vía.
Para ter claro o que queremos expresar, só hai que votar un ollo o que se di da 5ª  acción de Pedaladas, "A denuncia Voluntaria",  nas  redes sociais e medios de comunicación:  Insultos, ameazas, peticións de matrícula, seguro obrigatorio, pago de impostos... polo feito de solicitar que se cumpran as normas que salvan vidas.
Temos tres problemas diferentes, o incumprimento da normativa aproveitando a carencia de medios da DXT, o profundo descoñecemento das normas a pesar de ter licencia de conducir e a falta de empatía co máis débil.
No vídeo temos unha boa mostra do que nos pasa na estrada, descoñecemento da normativa, odio ao quen non usa o mesmo vehículo, e ignorancia sobre o que é a mobilidade sustentable.

Evento: Mellora a túa condución con Pedaladas.  O que tés que saber para ter unha licencia de conducir.

Pode soar un pouco presuntuoso que unha asociación de ciclistas esté a impartir coñecementos de normativa de tráfico, pero é que nos atopamos con carencias formativas en normas moi básicas. Unha gran parte dos condutores non sabe o que é un "arcén transitable" e o que non o é, moitos aínda non saben que é legal rebasar unha liña continua para adiantar a un ciclista ou grupo deles,  e que os grupos de ciclistas compórtanse como unha unidade tráfico. Estes coñecementos se lles supón a todos os condutores, xa que  tiveron que aprobar un exame, pero a realidade é diferente.  Non estaría mal que cando renovamos a nosa licencia, a parte do exame psicotécnico, tivéramos unha reciclaxe de coñecementos. Mentres a DXT non toma esa decisión, Pedaladas porá o seu granito de area en mellorar os coñecementos dos condutores con este evento.


O Evento:

    Rúa do Evento.
O evento será o día 31 de Xaneiro de 11:30 a 12:30 (se a climatoloxía non é mala) na rúa que atravesa os antigos terreos de Tafisa. O lugar foi escollido polo pouco tráfico que presenta e pola facilidade de pechalo durante unha hora sen afectar a normal circulación da cidade.

Chamamento á Prensa:
O evento vai ser aberto á prensa para darlle a máxima difusión posible dos coñecementos que todos os condutores deberían ter.

Os colaboradores:
Autocares Rías Baixas
vai facilitar un autobús para permitir a gravación de adiantamentos a ciclistas e ten pensado darnos unha sorpresa. A Policía Local de Pontevedra vai facilitar o peche desta rúa durante unha hora  e temos case conseguido que o Intendente da Policía Local explique a normativa nos adiantamentos. Teremos con nós ao presidente da Federación Galega de Ciclismo que facilitará chalecos coa lenda do 1.5m. Pedaladas encargase da loxística e coordinación para a toma das imaxes para prensa e do "story board" da gravación e toma de imaxes.

Moitos traballando xuntos pola mellora da seguranza viaria.


Os coñecementos mínimos que queremos transmitir:

  1.  Ao adiantar a un ciclista ou grupo é obrigatorio deixar unha distancia lateral mínima de 1.5 metros. Débese usar o carril contrario ou contiguo para adiantar con seguridade.
  2. É legal rebasar unha liña continua para adiantar a un ciclista.
  3. Os ciclistas poden circular en paralelo.
  4. Os grupos de ciclistas son unha unidade de tráfico, igual que un autobús. Cando o primeiro entra nunha intersección teñen a prioridade ata que pasa o ultimo ciclista.

No Response to "Mellora a túa condución con Pedaladas"

Publicar un comentario