Os reis magos van a Marín coa bicicleta.
Hoxe ás 11:30 o concelleiro de deportes de Marín, Antonio Traba, vainos recibir para entregarlle a nosa Carta de Reis Magos, con un pouco de sorte tamén estará a Alcaldesa. Antes de comezar coas peticións imos analizar un pouco o Concello de Marín.Marín e unha vila de 25.239 habitantes, compacta e solapada a Pontevedra e Lourizán. Ás veces parece que Estribela non é Pontevedra pero estamos falando de dúas vilas que comparte unha praza que no seu día foi praia.
Marín é unha vila que comezou a humanizar parte do seu casco antigo e agora vai ter orzamento polos fondos DUSI polo que se abre unha oportunidade para recuperar espazos para os desprazamentos sustentables xa que a día de hoxe é un almacén de coches, tráficos innecesarios e dificultades para os desprazamentos a pé e en bicicleta.
A Variante de Marín. A gran oportunidade de Marín 30.
Cando se abriu a variante de Marín apareceu unha oportunidade que non existía antes. A día de hoxe unha parte importante dos tráficos de paso que atravesan Marín teñen unha alternativa polo que, si se pode acometer un calmado de tráfico na Av. de Ourense que é a única escusa posible para non facer da parte compacta de Marín Zoa 30. Sempre gústanos recordar que o 30 non é un capricho, é unha garantía de seguridade, de que se un peón, ciclista ou condutor comete un erro non terminemos coa vida de alguén. A 30 só o 5% dos accidentes son mortais, e só por isto xa é unha medida a levar a cabo.A rúa concepción Areal e a Rúa Avelino Montero Ríos
Estas dúas rúas son parte da antiga estrada Marín Pontevedra, son un perfecto exemplo do que é Marín. Son dúas rúas que ás beirarrúas non cumpren ningunha normativa de accesibilidade mentres temos dúas bandas de aparcamento e dobre sentido de circulación. É de sobra coñecido que o autobús de liña non se pode cruzar cun automóbil nunha das curvas e que non ten nin pasos de peóns suficientes. É o paradigma dun espazo degradado e creado para as maquinas non para as persoas. Isto é o que ten que mudar para ter cidades do século XXI e para iso é preciso que os Concellos de Marín e Pontevedra xunto coa Xunta de Galiza se poñan as pilas.O paseo Peonil Pontevedra - Marín - Aguete...
Creo que o escrito nos periódicos, neste blog e incluso as promesas feitas por políticos de tódolos partidos mostran a necesidade de que se materialice un itinerario así. As posibilidade para o ocio, a mobilidade sostible, a seguranza viaria, o ciclo turismo... teñen tanto peso que ninguén dubida da súa necesidade, o que fai falta e poñelo en marcha e asumir que é a gran aposta pola mobilidade sostible de dúas Vilas a pouco máis de 5km e 20 minutos en bici.Non imos escribir máis deste paseo, xa non hai a quen convencer o que hai é que poñer os medios para facelo.
A carta a Raíña Maga María Margallo.
Carta en PDF
Os
reis Magos veñen coa Bicicleta.
As vilas e as cidades construíronse pensando en facilitar a mobilidade en coche e isto creou moitas disfuncionalidades nun lugar que debe ser amable coas persoas. No seu lugar creamos estradas para circular e aparcamentos onde deixar os coches. O que deberíamos ter son vilas cómodas para desprazarnos a pé e en bicicleta, seguras para os nenos que van a escola, accesibles para persoas con diversidade física e maiores, e ter espazos verdes e de lecer.
Isto é un reto moi grande para calquera alcaldesa, crear unha cidade máis habitable, cómoda e segura para os seus cidadáns. Ás veces, este obxectivo choca con diferentes intereses e aí é onde o traballo da alcaldesa faise difícil, por iso, apelamos a parte de Maga que toda alcaldesa ten que ter para facer posible o que outros ven imposible.
Nós, só queremos facer de mensaxeiros do que nos levan tempo pedindo compañeiros e amigos de Marín:
- Marín Zoa 30, para facela unha cidade segura. A velocidade 30 é unha garantía de que se un peón, ciclista ou condutor comete un erro non vai ser algo irremediable. As vítimas máis habituais de atropelo son nenos e anciáns que non teñen culpa de nada pero pagan moi caro as presas doutros. A diferencia de cruzar Marín a 50km/h ou a 30km/h é menor de 2 minutos, sen embargo fai unha gran diferencia na seguridade percibida e real para os peóns.
- Marín debe ser accesible. Isto moitas veces depende máis de cartos que de vontade pero non queremos deixar de dicilo. Unha cidade que coida de quen máis o precisa é unha cidade moi cómoda para todos os que non o precisamos. A cidade debe ser amable cos seus cidadáns, e isto, as veces choca cos aparcamentos para os coches, para facer beirarrúas dignas, sempre é mellor pedirlle a un condutor que camiñe 5 minutos que limitar a mobilidade de que non pode camiñar.
- Carril Bici Marín Aguete para democratizar a bicicleta. Marín ten moita historia coa bicicleta, xa Echegaray fai máis de 100 anos ía de Marín a Pontevedra coa súa bicicleta e iso foise perdendo. Antonio Traba xa ten unha proposta nosa un pouco tola de unir o centro de Marín con Aguete cunha vía ciclista que permita a nenos e familias usar a bicicleta dunha forma cómoda e segura. É difícil e ten retos pero sería un elemento de mobilidade, deporte e turismo.
- Recordarlle á ex ministra Ana Pastor que ten pendente o paseo de Marín a Pontevedra. Nós ímoslle escribir para recordarlle este paseo, que é unha obra moi menor para calquera ministerio pero de gran interese para Pontevedra e Marín xa que a estrada vella é moi perigosa polo que convertese nunha barreira para a mobilidade laboral, ocio e o deporte.
Sabemos que pedimos moito, pero temos claro que estes agasallos serían bos para todos, tanto pequenos como grandes, que se portan ben todo o ano e que agora mesmo non poden ir do todo seguros pola súa cidade. Moias grazas Raiña Maga María.
No Response to "Segunda Visita: Os reis magos van a Marín coa bicicleta."
Publicar un comentario