lunes, 19 de diciembre de 2016 0 comentarios

Cuarta Visita: Os reis magos van á Poio coa bicicleta.

Os reis magos van a Poio coa bicicleta.

Hoxe ás 9:30 vistamos ao alcalde de Poio, Luciano Sobral para entregralle a nosa carta de Reis Magos. Poio non é unha vila, e un conxunto de pequenas poboacións que suman 16.794 sen un núcleo definido e un conxunto de estradas que fan de rúas propiamente ditas.

A Variante de Poio VG4.8. A gran oportunidade de humanizar a PO-308.

 Cando se abriu a variante de Poio VG4.8 apareceu unha oportunidade que non existía antes. A día de hoxe unha parte importante dos tráficos de paso que atravesan Poio teñen unha alternativa polo que, si se pode acometer un calmado de tráfico na PO-308 e dar seguridade a peóns e ciclistas nunha das travesías mías perigosas da Provincia desde a Ponte da Barca ao enlace coa VG 4.8 na rotonda do Restaurante Remo . Sempre gústanos recordar que o 30 non é un capricho, é unha garantía de seguridade, de que se un peón, ciclista ou condutor comete un erro non terminemos coa vida de alguén. A 30 só o 5% dos accidentes son mortais, e só por isto xa é unha medida a levar a cabo.


Combarro. Un punto negro dentro.

A curva de Combarro, o Froiz, a recta da Seca, a semi rotonda... son famosos entre os condutores pola cantidade de accidentes que cada ano se producen. En parte polo exceso de velocidade pero tamén pola deficiente infraestrutura que é a PO-308. Unha estrada totalmente saturada de tráfico que non ten alternativa real para gran parte da poboación e que leva anos precisando dunha revisión ao completa da Xunta de Galicia.

O vía ciclista Pontevedra - Poio - Combarro.

Unha das primeiras reivindicacións da asociación Pedaladas, poder chegar a Lourido dunha forma segura e cómoda coa bicicleta que foi crecendo ata pedir chegar a Combarro. Esta vía ten moito que ver co cicloturismo, coa excelencia paisaxística e con poder ser algún día en parte dunha gran senda litoral. Calquera que coñeza un zona sabe que é perfectamente viable ir a comer a Combarro desde Pontevedra coa bici se existirá unha forma segura para facelo ou vir a Pontevedra sen precisar meter o coche na cidade desde calquera punto intermedio do trazado desta vía ciclista. A única dificultade real para facer este itinerario e conseguir que 4 administracións se poñan de acordo en acometer a infraestrutura.



Os reis Magos veñen coa Bicicleta.
Carta ao Rei Mago Luciano Sobral alcalde de Poio.


Querido Rei Mago, dende a Asociación Pedaladas queremos facerche chegar esta carta que non pide para nós, xa que somos ciclistas experimentados, senón pensando nas necesidades e peticións de aquelas persoas que queren usar unha bicicleta para facer deporte, para ir ao seu traballo, centro de estudios ou simplemente para dar una paseo, pero dálles medo o risco de ir polas rúas de Poio.

As vilas e as cidades construíronse pensando en facilitar a mobilidade en coche e isto creou moitas disfuncionalidades nun lugar que debe ser amable coas persoas. No seu lugar creamos estradas para circular e aparcamentos onde deixar os coches. O que deberíamos ter son vilas cómodas para desprazarnos a pé e en bicicleta, seguras para os nenos que van a escola, accesibles para persoas con diversidade física e maiores, e ter espazos verdes e de lecer.
Isto é un reto moi grande para calquera alcalde, crear unha cidade máis habitable, cómoda e segura para os seus cidadáns. Ás veces, este obxectivo choca con diferentes intereses e aí é onde o traballo da alcalde faise difícil, por iso, apelamos a parte de Mago que todo alcalde ten que ter para facer posible o que outros ven imposible.

Nós, só queremos facer de mensaxeiros do que nos levan tempo pedindo compañeiros e amigos de Poio e Combarro:

- Combarro e Poio Zoa 30, para facer vilas seguras. A velocidade 30 é unha garantía de que se un peón, ciclista ou condutor comete un erro non vai ser algo irremediable. As vítimas máis habituais de atropelo son nenos e anciáns que non teñen culpa de nada pero pagan moi caro as presas doutros. A diferencia de cruzar Combarro a 50km/h ou a 30km/h é menor dun minuto, sen embargo fai unha gran diferencia na seguridade percibida e real para os peóns. Poio é o que se chama una vila dispersa polo que é complicado facer beirarrúas así que os peóns van pola calzada e isto é perigoso se os coches circulan rápido.

- Poio debe ser accesible. Isto moitas veces depende máis de cartos que de vontade pero non queremos deixar de dicilo. Unha cidade que coida de quen máis o precisa é unha cidade moi cómoda para todos os que non o precisamos. A cidade debe ser amable cos seus cidadáns, e isto, as veces choca cos aparcamentos para os coches, para facer beirarrúas dignas ou beiravías transitables, sempre é mellor pedirlle a un condutor que camiñe 5 minutos que limitar a mobilidade de que non pode camiñar.
- O Paseo ciclista e peonil de Pontevedra a Combarro para democratizar a bicicleta. Combarro e Pontevedra son dúas vilas pegadas pero separadas para os peóns e ciclistas por unha estrada saturada de coches e perigosa que é a PO-308. Nós temos un proxecto para permitir un uso recreativo, turístico e de mobilidade pero precisa de coordinación entre administracións para facer unha vía ciclista que permita a nenos e familias usar a bicicleta dunha forma cómoda e segura. É difícil e ten retos pero sería un elemento de mobilidade, deporte e turismo tanto para os veciños de Poio, Combarro e Pontevedra.

- Pedirlle a Xunta que mellore a seguranza viaria na PO-308. Este ano que remata avisamos do perigo que supón permitir que os vehículos estacionen no que é unha beiravía transitable dunha estrada con limitación a 70km/h. Aínda nada se fixo por mellorar a seguranza viaria e tememos que algún rapaz dos que vai correndo a Seca dende Combarro morra atropelado por non cumprir a lexislación as propias administracións. A PO-308 é unha vía en mal estado en todo o seu trazado, perigosa, mal sinalizada e totalmente saturada de coches sen alternativa. Hai que atopar unha solución, non debemos mirar para outro lado e esperar que a sorte siga evitando un desastre.


Sabemos que pedimos moito, pero temos claro que estes agasallos serían bos para todos, tanto pequenos como grandes, que se portan ben todo o ano e que agora mesmo non poden ir do todo seguros polas estradas e as vilas. Moias grazas Rei Mago Luciano.

No Response to "Cuarta Visita: Os reis magos van á Poio coa bicicleta."

Publicar un comentario