domingo, 27 de enero de 2013 Tags: , 0 comentarios

XX Masa Círítca e novas vías ciclistas.

Como xa ven sendo habitual, este Xoves 31 (último do mes), tódol@s usuri@s de bicicleta de Pontevedra que poidamos xuntarémonos ás 20:00 na Peregrina para dar unha volta polas rúas da nosa cidade.
Seguro que o pasaremos ben pedaleando en grupo mentres demostramos que outra movilidade máis racional, saudable e ecolóxica é posibel.
Anima os teus amigos a participar na festa mensual da bicicleta!!.







Por outra banda, na reunión da "Mesa social pola bici", que tivo lugar o 15 deste mes, un arquitecto que traballa nun proxecto para o concello comentounos que lle gostaría recibir consellos sobre camiños que se poidesen adaptar como carrís bici para achegar ás parroquias ó centro da cidade.
A idea é crear unha rede de vías ciclistas que faciliten o uso da bicicleta como medio para dirixirse ó nucleo urbano. Para facelos o mais asequibles posibel é importante evitar grandes desniveis.
Como colectivo cidadán aberto que pretende achegar as queixas e suxestión dos que usamos a bicicleta en Pontevedra, Masa Crítica Pontevedra pode achegar o que propoñamos entre tod@s á próxima reunión da "Mesa social pola bici". 
Así que xa sabedes, ide propoñendo, cada un coñece a súa parroquia e seguro que pode aportar ideas.

No Response to "XX Masa Círítca e novas vías ciclistas."

Publicar un comentario