miércoles, 28 de mayo de 2014 0 comentarios

XXXVI Masa Crítica

 

Unha vez máis, e xa van 36, a Masa Crítica de Pontevedra volve a animar @s ciclousuari@s da cidade de Pontevedra a xuntarse ás 21:00 horas deste Xoves 29 de Maio na praza da Peregrina para dar unha volta polas rúas da cidade.

 Será unha agradable e tranquila voltiña que rematará antes das 22:00, e na que de seguro que o pasaremos ben mentres apoiamos a bici coma medio de transporte alternativo, invitando @s ciclistas a tomar a calzada e deixar as beirarúas para os peóns.
 
Por outra banda , recordamos que no pazo da cultura seguirá aberta, ata o 1 de Xuño, a exposición de bicicletas que fai un repaso á historia deste medio de transporte ó longo do século XX.

 E para rematar a axenda, invitamos a tod@s @s que posúan unha bicicleta clásica a participar na I Marcha de Clásicas de Pontevedra, que terá lugar o día 15 de Xuño, e na que o pelotón fará un ameno e divertido paseo de ida e volta ata a localidade de Combarro.

Recorda, coidas do planeta cando vas na bicicleta!!.

Apertas!!!.

No Response to "XXXVI Masa Crítica"

Publicar un comentario