Ésta pretendía ser unha entrada na que vos informábamos das diferentes actividades que ó longo da fin de semana do 17 e 18 de Maio se van desenrolar na nosa cidade con motivo da Bicifeira e do Foro da Bicicleta, máis na rolda de prensa que tivo lugar esta mañá e na que, coma colaboradores e coordinadores do foro, estabamos dous membros da Masa; o concelleiro Miguel Filgueira comunicou que o Premio á Mobilidade Ciclista que otorga a cidade de Pontevedra é nesta ocasión para a Masa Crítica Pontevedra.
Por suposto, a Masa quere compartir este premio con tod@s. Con tod@s @s que algunha vez asististes á Masa e @s que aínda non o fixestes, coas persoas que tentan usar o coche o menos posible, coas que respetan @s ciclistas cando conducen e, sobre todo, c@s nen@s, xa que o aire que lles deixamos será a herdanza máis importante que perciban.
Foto da primeira Masa en Xuño de 2011 |
E despois de botarnos as flores, pasamos a informar das actividades que terán lugar esta fin de semán con motivo da Bicifeira e do Foro da Bicicleta.
A bicifeira descorrerá o longo do Sábado 17 e na mañá do Domingo 18 na praza de España, na mesma varias tendas, e particulares ofrecerán os seus productos. Tamén haberá un bar que ofrecerá tentempés cardiosaudabeis.
O Foro da Biciccleta transcorrerá no hall do edificio vello do concello e o programa é o seguinte:
SÁBADO 17
-12:00- Charla: Mobilidade Alternativa (Manolo Torres, Masa Crítica Pontevedra)
-17:00- Charla: Turismo deportivo (Ángel Perez http://dospedalesmilcaminos.blogspot.com.es/)
-19:00- Charla: Proxecto de viaxe europea en trike (Familia Supertramp
DOMINGO 18
-11:00- Taller de mecánica básica da bicicleta (Bibiana Rosales)
Ademáis, o Sábado 18 ás 22:00 horas da Praza de España partirá unha pedalada nocturna na que colaboran o Concello, a Masa Crítica e a policía local. Non vos esquezades de traer as vosas luces, haberá coma agasallo un chaleco reflectante para os asistentes.
Un saúdo e xa sabedes: "Coido o meu planeta cando vou na bicicleta".
No Response to "Premio, bicifeira, pedalada nocturna e foro da bicicleta"
Publicar un comentario