Este xoves 26 de xuño ás 21:00 as e os ciclousuarixs de Pontevedra voltaremos a confluir na praza da Peregrina para dar unha volta polas rúas da cidade do Lérez, e con esta pedalada xa fan tres anos.
Tres anos cumpridos coa cita mensual
do último xoves de cada mes, desfrutando do pracer de pedalar en boa
compaña polas rúas da nosa cidade.
Tres anos de cooperación,
coordinación e de aprendizaxe que non sempre foron sinxelos.
Pero tamén tres anos nos que algunhas e algúns compañeirxs deixaron orfas ás súas monturas. Varixs delxs ficaron
nas cunetas, coma Cristóbal Hermida, presidente do C.C. Bueu, que
morreu arrolado por un camión chegando a Marín mentres entreaba a
principios do 2013. Él era Masa Crítica
Outrxs, coma Lana Rocha, loitaron
contra o cancro coma un penedo fronte ás ondas. Non deixou de
pedalar pola cidade ata que a enfemidade cegou os ollos que guiaban a
súa bici morada e, sen embargo, seguiu sorrindo, pedalando co maxín
ata que decidiu ascender a cúmios máis lonxanos. Ela sempre será Masa Crítica.
Ángel Pérez colaborando con Victor e Tita |
Anos nos que tivemos a sorte de coñecer
guerreirxs investidxs de armaduras de
coraxe coma Victor Loira, loitador implacable ó que as bofetadas da
enfermidade non derriban da súa montura, se non que o fortalecen
para visibilizar a doenza de Tita, a súa compañeira de vida. Elxs
son Masa Crítica.
Xente que ó longo do mundo supera
cada día barreiras que xs comúns dxs mortais, ás e ós que só temos que
vencer a nosa preguiza, nos parecen barreiras insalvables. Elxs son Masa Crítica.
Persoas que nos demostran co seu día
a día que hai que avanzar por aquilo no que cremos, por un mundo no
que inspirar aire non sexa perigo de enfermidade. Un mundo no que as
persoas poidamos coexistir e onde se respete ás que cada día
abandoan os sillóns das casas e dos coches e deciden que se hai que
moverse é mellor facelo pensando na saúde, na calidade de vida e no
futuro. Iso é Masa Crítica.
No Response to "XXXVII Masa Crítica. 3 anos pedalando por un mundo mellor"
Publicar un comentario