martes, 14 de junio de 2016 0 comentarios

Os aparcabicis

Na cidade fomentar a bicicleta é simplemente darlle facilidades de uso, non require un tratamento moi diferenciado ao resto de tráficos rodados xa que a mobilidade ciclista ten unhas vantaxes inherentes ao seu tamaño e axilidade. É sinxelo facer o desprazamento (incluso con tráfico atascado), ten velocidades medias superiores aos vehículos a motor e ten baixo perigo para o resto de usuarios da vía.

Entón, as estratexias de calmado de tráfico e aparcamento son o "ABC" de quen quere facer da bicicleta un vehículo para traballo, lecer e deporte. As vías segregadas ou carrís bici son a guinda onde a estratexia do calmado de tráfico non da os froitos pretendidos ou é inviable facer unha zona 30 real.



Nesta análise o problema é moi sinxelo; facer normas e cumprilas, adaptar as vías a zona 30 e de convivencia, adoptar carril bici nos desprazamentos interurbanos ou beiravías transitables... e xa somos Holanda, Alemaña, Bélxica, Suecia, Dinamarca...

Zona Peonil. Prohibido estacionar ao vehículo a motor.

Nada mais lonxe da realidade, somos España, e iso da para escribir moitos libros. Este país onde temos infinidade de normas pero que por descoñecemento ou por incumprimento deliberado todo vólvese mais complicado do necesario.

Joaquín Costa
Non cabe dúbida que todos somos capaces de diferenciar unha beirarrúa da calzada, unha motocicleta dunha bicicleta ou un ciclomotor dunha bicicleta. O mesmo pasa cos aparcamentos para cada tipo de vehículo. A típica escusa de "non sabía", "é un momento", "se total tes esa sinal para atar a bici"... son mostras do problema real, se non nos tocan no peto facemos o que nos peta. Eu ao meu e os demais que se adapten.

Cada vez que vemos como os esforzos por mellorar a mobilidade ciclista tropeza con quen non lle da a gana de respectar as normas o enfado é grande polo que nos toca chamar aos encargados de velar pola boa convivencia nas estradas, a DXT ou a Policía Local. Logo veñen as queixas, a ira e os lamentos. Nós non queremos denunciar, non queremos que lle retiren o seu vehículo aos condutores pero non temos máis opción. Cada moto aparcada entre os aros elimina dous espazos de aparcamento para a bicicleta e dificulta a mobilidade ciclista porque un dos problemas graves son os roubos que en parte devénse a falta de aparcadoiros medianamente seguros.



Biblioteca pública. Aparcamento bicicletas.


O concello xa ten unha proposta nosa de extensión da rede de aparcadoiros para bicicletas, estamos agardando a súa execución pero non van servir de nada se logo acaban cheos de motos. O fomento da mobilidade sostible, sen contaminación, sen ruídos, aumentando o espazo público dispoñible para as persoas e a calidade de vida pasa por reducir a mínima expresión da necesidade de transporte aos automóbiles en favor dos desprazamentos a pé ou en bicicleta.

No Response to "Os aparcabicis"

Publicar un comentario