

Más Páginas
Leyendo desde el manillar
- Pedaladas. Asociación por la defensa y promoción de la bici.
- Facebook de Masa Crítica Pontevedra
- Blog da Asociación de Ciclistas Galegos (ASCIGA)
- ConBici. Coordinadora en defensa de la bici
- Acera peatonal. Porque todos somos peatones
- Ciudad ciclista. Página con enlaces más que interesantes
- I.M.B.A. España
- Dos pedales mil Caminos. Diario de las rutas de este compañero por el entorno de nuestra ciudad
Entradas populares
-
Grazas por multarme. -Cuadriplicase o numero de ciclistas denunciados con respecto a media dos últimos 4 anos. -Un total de 183 foron...
-
Nós como sempre non inventamos nada, o que facemos e copiar o que leva décadas funcionando e moitos lugares de Europa. Aquí tedes u...
-
Do 16 ao 22 de Setembro é a Semana Europea da mobilidade. Este ano baixo o lema "Mobilidade intelixente, Economía forte."...
Archivo del blog
Etiquetas
Seguidores de Google
Formulario de contacto
Hai xa cinco anos, tamén un 30 de Xuño, que a Masa botou a andar, ou mellor dito a pedalar, na cidade do Lérez. Dende entón se converteu nun referente da mobilidade ciclista na cidade, ocupando un baleiro que había que subsanar con respecto á mobilidade alternativa e sustentable.
Moitos foron os actos nos que participamos, organizamos ou apoiamos, converténdonos, xunto coa asociación Pedaladas nun referente na defensa dos intereses dos ciclistas en Pontevedra.
Este xoves voltaremos reunirnos para pedalar unha vez máis, lembrando o noso lema "usa a bicicleta tódolos días, celébrao unha vez ó mes" e nesta ocasión sortearemos entre os asistentes agasallos que varias tendas de bicicletas de Pontevedra aportan de xeito desinteresado. Grazas a Moto-Bike, El Puerto BWS, Bicicletas Farto, Fixed & Single Bikes, Oterobikes, y Bici O Con Poio
Animamos a tódolos cidadáns a coller as súas bicis e sumarse á festa mensual da bicicleta.
Un saúdo a tod@s
Calquera que sexa asiduo deste blog saberá que faise unha defensa pechada do que se coñece en Pontevedra como "modelo de cidade". A idea de recuperar a mobilidade natural a pé, conseguir integrar todos os usos e persoas na mobilidade, o cambio de orde na prioridade de transito (peóns, bicicletas, transporte público, coches)... o que se chama a cidade para as persoas.
![]() |
"Aparcabicis" da rúa Serra |
Fai pouco escribimos aquí da importancia de ter bos aparcamentos de bicicletas para fomentar o seu uso, e a problemática dos usos indebidos dos mesmos.
Fai un ano fixemos unha petición a Policía Local de que xa que tiñamos poucos aros que polo menos fora firme en conseguir que non se converteran en estacionamentos informais de motos. Parece que teremos que seguir insistindo.
O asunto debería ser fácil de solucionar, aparcas onde non debes, recibes unha multa. Pero atopámonos con unha reticencia. O estacionamento non ten unha sinal que diga "SÓ BICICLETAS" o cal para os axentes é motivo para non multar. Para os presentes ciclistas foi unha sorpresa, escoitouse un "absurdo,se son aros".
![]() |
Sinalización de acceso |
Xa que estabamos por alí fixemos un pequeno análise do que pasa neste barrio con gran actividade comercial.
A estrutura de circulación e estacionamentos é a que esta na seguinte imaxe:
O que esta de cor vede claro é unha zona peonil co tráfico totalmente restrinxido a carga e descarga, a taxistas, residentes e a un espazo de Servizos 15 minutos.
![]() |
Caos na rúa Serra |

O obxectivo do estacionamento de servizos é facilitar a actividade económica facendo que as persoas que veñen en coche atopen con facilidade un sitio libre para o cal forzase a rotación limitando o tempo que se pode estacionar.
Na área do mercado temos múltiples opcións para estacionar, aparcamento de pago, espazos limitados a Carga e Descarga, Servizos e un enorme aparcamento gratis a 500m. Pois isto a algúns non lles chega, temos tamén dobre fila con condutor agardando, motos no aparcabicis, circulación de axitación cando a un paso tes o problema solucionado o cal dificulta aos peóns e ás bicicletas ir por un lugar agradable e con boa calidade urbana.
O lóxico sería que nun espazo recuperado, con alta calidade urbana tiveramos o mesmo tipo de tráfico que no resto da cidade. Non sería mellor facer que se cumpra a sinalización, que na rúa Serra só aparcaran vehículos de carga e descarga, que só circularan un numero limitado de vehículos. Que se o recado é rápido se estaciona na Avenida de Uruguai que xa é Servizos e si se precisa máis tempo se estacione no outro lado do río ou pagando no propio mercado.
Hai outros lugares da cidade onde a sinalización é amplamente incumprida, teremos que volver a falar coa Policía Local e que se emita unha orde para que aínda que non exista o "Só Bicicletas" se defenda este espazo como "só bicicletas" igual que aínda que o beirarrúa non teña un "Só peóns" sabemos que é "Só peóns".
Na charla de hoxe imos facilitarlle aos cargos públicos da Xunta, Deputación e concellos unha moción para instar as administracións a sumarse a revolución da bicicleta. O texto da moción é o seguinte: (Grazas Iván Puentes por darlle forma)
Na cidade fomentar a bicicleta é simplemente darlle facilidades de uso, non require un tratamento moi diferenciado ao resto de tráficos rodados xa que a mobilidade ciclista ten unhas vantaxes inherentes ao seu tamaño e axilidade. É sinxelo facer o desprazamento (incluso con tráfico atascado), ten velocidades medias superiores aos vehículos a motor e ten baixo perigo para o resto de usuarios da vía.
Entón, as estratexias de calmado de tráfico e aparcamento son o "ABC" de quen quere facer da bicicleta un vehículo para traballo, lecer e deporte. As vías segregadas ou carrís bici son a guinda onde a estratexia do calmado de tráfico non da os froitos pretendidos ou é inviable facer unha zona 30 real.
Nesta análise o problema é moi sinxelo; facer normas e cumprilas, adaptar as vías a zona 30 e de convivencia, adoptar carril bici nos desprazamentos interurbanos ou beiravías transitables... e xa somos Holanda, Alemaña, Bélxica, Suecia, Dinamarca...
![]() |
Zona Peonil. Prohibido estacionar ao vehículo a motor. |
Nada mais lonxe da realidade, somos España, e iso da para escribir moitos libros. Este país onde temos infinidade de normas pero que por descoñecemento ou por incumprimento deliberado todo vólvese mais complicado do necesario.
![]() |
Joaquín Costa |
Cada vez que vemos como os esforzos por mellorar a mobilidade ciclista tropeza con quen non lle da a gana de respectar as normas o enfado é grande polo que nos toca chamar aos encargados de velar pola boa convivencia nas estradas, a DXT ou a Policía Local. Logo veñen as queixas, a ira e os lamentos. Nós non queremos denunciar, non queremos que lle retiren o seu vehículo aos condutores pero non temos máis opción. Cada moto aparcada entre os aros elimina dous espazos de aparcamento para a bicicleta e dificulta a mobilidade ciclista porque un dos problemas graves son os roubos que en parte devénse a falta de aparcadoiros medianamente seguros.
![]() |
Biblioteca pública. Aparcamento bicicletas. |
O concello xa ten unha proposta nosa de extensión da rede de aparcadoiros para bicicletas, estamos agardando a súa execución pero non van servir de nada se logo acaban cheos de motos. O fomento da mobilidade sostible, sen contaminación, sen ruídos, aumentando o espazo público dispoñible para as persoas e a calidade de vida pasa por reducir a mínima expresión da necesidade de transporte aos automóbiles en favor dos desprazamentos a pé ou en bicicleta.
Presentación das Vias ciclistas da comarca de Pontevedra
Nos últimos anos a nosa asociación reivindicou infraestruturas de conexión cos concellos limítrofes de Pontevedra que permitirán a mobilidade laboral, de ocio e recados, que fomenten o deporte e que puideran ter un atractivo turístico como motor económico da comarca. Atopamos que estas vías teñen o problema fundamental de que dependen de varias administracións, o cal imposibilita a súa realización sen acordos entre as mesmas.
Polo tanto, a nosa asociación decidiu dar un paso a diante e convocar unha reunión con representantes dos Concellos limítrofes (Marín, Vilaboa, Poio, Pontevedra), da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia así como aos partidos políticos con presencia na nosa provincia.
Xa foron entregadas cartas de invitación aos alcaldes Miguel Anxo Fernández Lores, María Ramallo, José Luís Poceiro e Luciano Sobral. Á presidenta da deputación Carmela Silva e ao deputado provincial Uxío Benítez. Así como aos portavoces dos grupos municipais de Pontevedra Luis Rey, Agustín Fernández, María Rey e Jacobo Moreira. Ao director da Axencia Galega de Infraestruturas Francisco Menéndez Iglesias. Xa temos confirmadas varias asistencias desta lista e esperamos nos próximos días máis confirmacións e ampliar as invitacións.
Os técnicos ou cargos interesados en participar cos que aínda non nos comunicamos poden poñelo no noso coñecemento no noso correo masacriticapontevedra@gmail.
A reunión, baixo o titulo “Presentación de vías ciclistas dentro da comarca de Pontevedra”, pretende abrir o debate dentro das administracións para mellorar as comunicacións que permitan a mobilidade sostible nos desprazamentos de hasta 9km que son os máis atractivos desde un punto de vista de substituír o vehículo a motor por unha bicicleta.
O acto terá unha duración aproximada dunha hora con posibilidade de prolongalo 30 minutos se hai coloquio posterior. Os temas que se expoñerán serán a mobilidade sostible, a seguridade viaria, o mapa de vías ciclistas da comarca, o cicloturismo e unha petición de compromisos ás administracións.
As rutas principais que se expoñerán na presentación son:
A vía verde a Ponte Sampaio: A ruta permite comunicar Pontevedra con Ponte Sampaio e Vilaboa aproveitando a antiga liña do tren en desuso. Esta ruta permite o acceso a Salinas do Úllo, a Pedra Miranda e a Enseada de San Simón no que se refire a atractivos turísticos que conecta. No referido a mobilidade permite unha vía de comunicación segura que evita o uso da N-550 onde morreu un ciclista e nos últimos anos houbo numerosos accidentes con bicicletas implicadas. Esta ruta abre a porta a comunicación con Redondela e Arcade así como sería fácil de continuar con un ramal ata Santa Cristina de Cobres.
O carril bici de Marín: A ruta permite unir dúas cidades con fortes vínculos económicos e laborais. A ruta acerca a ambas cidades e permite aos cidadáns de Marín acceder aos parques urbanos de Pontevedra e o seu núcleo histórico. Os Pontevedreses terían acceso as praias de Marín sen ter que facer uso do seu automóbil nun traxecto sen case desnivel que se completa en media hora. Esta ruta ten unha continuación lóxica pola costa hasta Bueu /Beluso para completar o percorrido chegando ao espazo protexido de Cabo Udra facendo un percorrido de 27km de características similares o carril bici Baiona a Guarda pero con moitos usuarios posibles. Esta vía mellora a seguridade evitando o tráfico pesado da PO-546 e a alta densidade de tráfico sen beiravías da PO-551.
As rutas permiten crear uns atractivos turísticos importantes pensando na apertura da liña do AVE Pontevedra - Madrid onde é posible transportar bicicletas, polo que se abre a porta a un activo turístico desestacionado a parte de ser moi positivo para facilitar unha mobilidade sostible e saudable.
A nosa Asociación ten clara a demanda social existente por estes tipos de vías na nosa comarca pola que a nosa proposta busca a máxima eficiencia posible e que a maior parte da poboación se vexa beneficiada da súa existencia. O máximo problema ao que nos enfrontamos é a necesaria coordinación entre administracións e a vontade política para executar este tipo de infraestruturas. Por iso decidimos implicarnos facendo esta presentación para tratar de convencer aos actores políticos das vantaxes de investir en infraestruturas ciclistas e peonís. Por nós non vai quedar.