lunes, 15 de abril de 2013 Tags: , 0 comentarios

Biciweek. En bici mola

Esta semán teran lugar na nosa cidade multitude de actividades entorno ó mundo da bicicleta.
A idea é promocionar o uso deste medio de transporte en aras dunha mobilidade sostible. Por isto, se levarán a cabo unha serie de actividade e algunhas delas incluso se alongarán durante o mes de Maio, como o programa de "Natureza sobre rodas".
Ademais, segundo se nos contou na reunión da "Mesa social da bicicleta" que tivo lugar o Venres 12, o concello pretende que este sexa o pistoletazo de saida para máis actividades entorno ó mundo das dúas rodas, que se prolongarán ó longo de todo o ano. 
Dende o concello estan dispostos a recoller as ideas que lles vaian propoñendo os cidadáns a través da citada mesa, polo que vos invitamos a colaborar coa Masa e a participar na evolución cara o que o propio concello da en chamar "Bicidade".
Non vos esquezades que o Xoves 25, voltarémonos xuntar ás 21:00 para dar unha voltiña pola nosa cidade, non deixedes de asistir e comentarllo ós vosos amigos, xa sabedes, usa a bici tódolos días, celebrao unha vez ó mes, ou, grazas os eventos que terán lugar na nosa cidade, varias veces.
 Un saudo a tod@s, e no deixedes de pedalear.


No Response to "Biciweek. En bici mola"

Publicar un comentario