A Asociación Pedaladas está facendo unha roda de contactos cos partidos políticos para impulsar políticas ciclistas.
O PSdG leva as primeiras iniciativas ao parlamento Galego.
Hoxe luns 20 ás 18:00 reunión con Jacobo Moreira (PP)
Ás reunións teñen como obxectivo asesorar e propiciar que no ámbito político se tomen decisións claras que permitan desenvolver unha estratexia autonómica e local de mobilidade sustentábel.
Propostas de Pedaladas para o parlamento Galego:
* Aprobación e mellora do "Plan director de Mobilidade Alternativa" da Xunta de Galicia.
O borrador do Plan director de Mobilidade Alternativa presentouse no ano 2010, tivo unha mellora no 2013 pero aínda segue en estado de borrador e polo tanto sen a necesaria implantación en Galicia, despois de que xa pasaron 7 anos desde a súa presentación. O plan define itinerarios, infraestruturas, necesidades... para permitir a mobilidade alternativa ao vehículo a motor.
* Aumentar a seguranza viaria para ciclistas e peóns nas estradas autonómicas.
Galicia ten unha rede de estradas con moi pouca seguridade para os ciclistas, sen beiravía transitable, con continuas travesías e con todo tipo de deficiencias. Este é un dos motivos da alta sinistralidade e alta cantidade de peóns e ciclistas falecidos na nosa comunidade. As reformas que esta a facer a Xunta nas súas estradas non están tendo en conta a bicicleta, incluso empeora a mobilidade ciclista reducindo as beiravías transitables ou facéndoas intransitables. Polo tanto é preciso que os técnicos teñan presente que as vías deben ser seguras para todos os usuarios, tamén os que van con dúas rodas e sen motor.
* Proposta de lei: Promoción dunha vida saudable e alimentación equilibrada.
A Junta de Andalucía está a facer un anteproxecto de lei para a promoción da vida saudable e alimentación equilibrada. Esta lexislación vai a raíz de moitos dos problemas de saúde que ten a nosa sociedade, entre eles o gran problema de sedentarismo das sociedades modernas e que fai de Galicia e Andalucía dúas comunidades con alto gasto sanitario por enfermidades que se poden previr con hábitos de vida saudables e boa alimentación.
Polo tanto Pedaladas quere que se impulse unha lexislación similar en Galicia polos aforros sanitarios, mellora da calidade vida e a redución da contaminación asociada ao transporte e mobilidade.
Anteproyecto de ley de Promoción de vida saludable y alimentación equilibrada
Propostas de Pedaladas para o Concello de Pontevedra:
* Moción plenaria: Instar ao goberno de España a reformar o regulamento de circulación para favorecer o uso da bicicleta.
Pedaladas considera que é preciso que os Concellos teñan unha ordenanza de mobilidade moderna e adecuada aos desprazamentos non motorizados. Moitos municipios están lexislando a pesar de non ter un marco nacional normativo e en Pontevedra esta falta de marco está a dificultar que se cree a ordenanza de mobilidade. Esta moción é un chamamento ao goberno de España para que o antes posible aprobe a reforma do regulamento de circulación e así se desbloquee a lexislación local como sucede no caso de Pontevedra.
* A adhesión do Concello de Pontevedra ao Plan Estratéxico Estatal de la Bicicleta.O Plan Estratéxico Estatal da Bicicleta é un marco normativo para coordinar a todas a administracións para permitir avanzar en políticas que fagan posible que a bicicleta pase a ser un elemento mais da mobilidade en todo o estado.
Manifesto ao que se pide a adhesiónAs primeiras reunións e o inicio do traballo parlamentar.
As primeiras reunións foron co PSdG (Agustín Fernández, Iván Puentes, Patricia Vilán), co Marea Pontevedra (Maria del Carmen Moreira) e con EnMarea (Antón Sánchez e Marcos Cal).
Polo de agora, ningún partido nós dixo que non, e solicitaron a Pedaladas propostas de preguntas parlamentarias para que poidamos saber que está a facer a Xunta e cales son os seus plans sobre a mobilidade alternativa.
EnMarea solicitounos que lle facilitemos as estradas onde a seguranza viaria non é a adecuada para permitir a mobilidade ciclista e peonil segura.
O PSdG xa comezou o traballo fiscalizador coa Xunta e acaba de rexistrar unha batería de preguntas no Parlamento Galego.Reunión con Jacabo Moreira do PP.
Hoxe día 20 ás 18:00 a Asociación Pedaladas ten a reunión con Jacobo Moireira para trasladarlle de primeira man as peticións e propostas, tanto para o parlamento Galego como para o Concello de Pontevedra. Tamén agardamos que nos informe dalgúns dos proxectos que ten pensado acometer a Xunta de Galicia xa anunciados neste ultimo ano.


Más Páginas
Leyendo desde el manillar
- Pedaladas. Asociación por la defensa y promoción de la bici.
- Facebook de Masa Crítica Pontevedra
- Blog da Asociación de Ciclistas Galegos (ASCIGA)
- ConBici. Coordinadora en defensa de la bici
- Acera peatonal. Porque todos somos peatones
- Ciudad ciclista. Página con enlaces más que interesantes
- I.M.B.A. España
- Dos pedales mil Caminos. Diario de las rutas de este compañero por el entorno de nuestra ciudad
Entradas populares
-
Grazas por multarme. -Cuadriplicase o numero de ciclistas denunciados con respecto a media dos últimos 4 anos. -Un total de 183 foron...
-
Nós como sempre non inventamos nada, o que facemos e copiar o que leva décadas funcionando e moitos lugares de Europa. Aquí tedes u...
-
Do 16 ao 22 de Setembro é a Semana Europea da mobilidade. Este ano baixo o lema "Mobilidade intelixente, Economía forte."...
Archivo del blog
Etiquetas
pontevedra
(10)
masas
(9)
ciclismo urbano
(6)
masa critica
(5)
cicloactivismo
(4)
mesa pola bici
(4)
mobilidade
(4)
bicis
(2)
ciclistas
(2)
día da bicicleta
(2)
masa critica galega
(2)
pedalada
(2)
somos trafico
(1)
Seguidores de Google
Con la tecnología de Blogger.
Formulario de contacto
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No Response to " Ronda de contactos cos partidos políticos"
Publicar un comentario