lunes, 27 de febrero de 2017
Chegarannos moitas preguntas con respecto aos seguros polo proceso que iniciou Pedaladas de captación de novos socios, sobre todo por responsabilidade civil, patrimonial, danos propios e médicos, diferentes seguros que se poden contratar e as mellores opcións.
O seguro que ofrece Pedaladas aos sus socios é para cubrir a responsabilidade civil en caso dun sinistro onde atropelas a un peón ou chocas con un coche sendo culpable. O que se busca é cubrir os riscos máis habituais sen elevar os custos.
|
Socio Pedaladas
|
Carnet Ciclista
|
Aseguradora Axa Básica
|
Aseguradora Axa VIP
|
Seguro RC
|
150,000€
|
150,000€
|
180,000
|
180,000
|
Defensa Xurídica
|
Si
|
Si
|
Si
|
Si
|
Seguro Danos Propios
|
Non
|
2,000€
|
No
|
Si
|
Morte ou Invalidez
|
Non
|
6,000€
|
No
|
Si
|
Saídas Pedaladas
|
Si
|
A parte
|
A parte
|
A parte
|
Actividades
|
Si
|
A parte
|
A parte
|
A parte
|
Asistencia en Viaxe
|
3€/día EXTRA (opción)
|
Non
|
Parcial
|
Completa
|
Custo
|
20€/ano ou 15€/ano
|
40€/ano
|
24,15€/ano
|
79,90€/ano
|
Os 20€/ano como socio de Pedaladas, a parte de asegurar a labor de Pedaladas,
dótate dunha cobertura suficiente para o uso da bicicleta. No cadro tedes algunhas alternativas e diferentes coberturas que podedes conseguir.
O que non se pretende é facerlle a competencia a
Federación Galega de Ciclismo, senón asegurar a actividade de Pedaladas e que os socios teñan unha cobertura para un uso responsable, sobre todo no caso de chocar e danar fortuitamente a un peón ou vehículo.
¿que danos cubre a Seguridade Social?
O primeiro que temos que aclarar é o que cubre a seguridade social a día de hoxe (isto variou no últimos anos cos recortes). Ata agora calquera caída que teñades coa vosa bicicleta está amparada pola Seguridade Social no ámbito particular. Se formades parte dunha actividade deportiva organizada estades fora da cobertura da Seguridade Social. A actividade ten que ter un seguro propio que se faga cargo dos danos físicos causados a un mesmo ou a terceiros.
Se ides ao voso traballo coa bicicleta e tedes unha caída quen se fai cargo é a mutua da empresa ao ser unha viaxe in itinere.
¿en caso de accidente cun vehículo a motor estou cuberto pola seguridade social?
Non, e isto é un problema, en caso de sinistro viario o que paga os custos sanitarios é o seguro do vehículo a motor no caso de ser culpable do sinistro. Se o ciclista é o culpable hai que precisar que parte de responsabilidade ten cada parte xa que os custos se reparten pero pódese dar incluso a situación de culpabilidade total do ciclista, neste caso pódese dar o caso de que a S.S. os pase unha factura. Temos noticias de casos nos que no se facturou nada ao ciclista e outros nos que si, depende de si na admisión hospitalaria rexistran o acceso como "sinistro de tráfico".
¿en Europa tamén pagan os ciclistas en caso de sinistro?
Non é habitual. El Holanda hai un concepto xurídico, en caso de choque entre ciclista ou peón e un automóbil o automóbil sempre é culpable dos danos físicos, aquí depende do xuíz. As aseguradoras intentan pasarlle os custos aos ciclistas así líbranse de indemnizar. O mellor sería cambiar a lexislación e ser como en Holanda, xa que a tremenda masa do vehículo é o que indirectamente causa os danos, pero para iso aínda falta moito por facer.
sábado, 25 de febrero de 2017

A
asociación Pedaladas inicia un proceso de crecemento
para aumentar os servizos que da, e convida a asociarse para dotar á Asociación de
medios económicos, materiais e sociais que lle permitan a promoción
da bicicleta como medio de mobilidade, ocio, deporte e calidade de
vida dunha forma INDEPENDENTE.
A actual directiva da
asociación Pedaladas evitou aceptar financiamento de empresas e
administracións para manter unha liña totalmente independente, xa
que enténdese que aceptar estas fórmulas implica rexeitar a unha liña
combativa e de acción directa e faría que a Asociación fose moito
mais parecida a un clube deportivo que a unha asociación que
traballa polos dereitos dos usuarios da bicicleta nas súas diversas
formas.
¿Quen
financia a Pedaladas?
Ata agora, o 100% do financiamento de
Pedaladas proben de achegas de cartos dos actuais socios e moito
traballo voluntario dos mesmos. As únicas achegas de cartos externos
a asociación Pedaladas foron:
-a adquisición de chalecos que
sufragou o Concello de Pontevedra integramente para que poidamos
repartir entre os usuarios habituais de bicicleta.
-a cartelería
da semana Europea da mobilidade 2016 que pagou o Concello de
Pontevedra e Autocares Rías Baixas.
-os patrocinios de MotoBike
Pontevedra, El Puerto Bike Work Shop e Óptica Martínez que fixeron
un pequeno aporte para sufragar os custos da Semana Europea da
Mobilidade en Pontevedra.
-o IES Sánchez
Cantón e o IES Frei Martín Sarmiento que costearon os seguros de
actividade e materiais para o curso de formación viaria “Ao
INSTIenBICI”.
¿isto é sostible?
Pois
si e non, como podedes comprobar a actividade da Asociación
Pedaladas é frenética, os actuais socios prefiren non contabilizar
o tempo e cartos propios invertidos. A idea é aumentar de tamaño
da asociación para permitir aumentar os servizos e funcións prestadas, por iso
ábrese un proceso de captación de socios.
¿canto
vai custar asociarse?
O custo vai
ser de 20€/ano por socio, cunha opción reducida para que cada
socio sume a un familiar ou aos seus fillos de 15€/ano.
Exemplos:
Parella (20€+15€) Parella con dous fillos (20€+15€+15€+15€)
dous irmáns (20€+15€)
(Para
poder acceder a este prezo reducido téñense que asociar a vez os novos membros)
¿que
servizos vou ter como socio de Pedaladas?
-
Un seguro de RC cunha franquicia de
150€/sinistro para os teus desprazamentos en bicicleta (o
seguro é de baixo custo, facilitado por ConBici, a coordinadora de
asociacións onde estamos integrados)
-
participar das asembleas de Pedaladas e na súa toma de decisións.
-
participar nas saídas ciclistas de Pedaladas.
Quero colaborar con Pedaladas pero estou federado ¿que fago?
Cada socio que facemos implica uns custos para Pedaladas ao telo que asegurar, polo tanto se estas xa cuberto por algunha póliza pero queres axudar economicamente a labor da asociación podes facer un donativo.
¿con que
proxectos de Pedaladas estou colaborando ao facerme socio? (liñas
mestras actuais)
- Ciclismo
adaptado. Ata agora esta
actividade non implica custos pero é preciso ter un remanente para
calquera incidencia ou necesidade que poidamos cubrir con fondos
propios.
- Formación
Viaria. A actividade de
formación é fundamental, para poder executar os cursos de formación
con profesionalidade, precisaremos de dedicación e medios para os
monitores. Unha parte imos tentar que salga de fondos públicos pero
non temos garantida esa forma de financiamento.
-
Seguridade Viaria para ciclistas de Estrada. Temos
por obxectivo implicar ás administracións a unha mellora das
infraestruturas, sobre todo moito traballo en sinalización do 1.5m,
en que se cumpra que as beiravías transitables non estean en mal
estado, que se acometan melloras de calmado de tráfico nas travesías e que se teña en conta a bicicleta nas reformas viarias . Isto
implica desprazamentos ás administracións competentes e custos para ter reunións con políticos e
técnicos.
- Impulso de lexislación a nivel
galego e estatal. A acción de
lobby de Pedaladas é imprescindible para impulsar lexislación,
tanto a nivel de mellora
do uso social do monte para a practica do BTT,
como do Regulamento de Circulación e Ordenanzas similares que
protexan aos diferentes usos ciclistas, e a aprobación do Plan Director de Mobilidade Alternativa e vixilancia para que se cumpra.
- Fomento
dunha infraestrutura ciclista que democratice o uso da bicicleta. Os
usuarios de bicicleta non deportistas e menores precisan dunha rede
de carrís bici ou similares para facer uso da bicicleta dunha forma
segura e cómoda. A parte do
esforzo en mobilizacións é preciso implicar ás administracións, para que se destine orzamentos a unha rede que permita a mobilidade laboral, ir a escola en bicicleta e que sexa unha alternativa de ocio e cicloturismo como motor económico de Galicia.
- Eventos de
formación, promoción e defensa do uso da bicicleta. Unha
parte importe da labor de Pedaladas son os eventos, tanto para dar a
coñecer a normativa de seguridade, como para a promoción da
mobilidade sustentábel, como para defender os dereitos recollidos na
lexislación. Estes eventos consumen recursos económicos que son
precisos para concienciar da importancia da bicicleta nunha sociedade
moderna.
Exemplos: Evento do autobús, do 1.5m, Por un monte Libre de trampas, Pedaladas homenaxe as vítimas de sinistros viarios... Manifestacións: Imos a praia, Vía Verde Pontevedra-Vigo...
miércoles, 22 de febrero de 2017
Preparados para a última Masa Crítica deste inverno tan atípico?
Pois xa sabedes, se vos movedes en bici, se queredes dar un paseo pola cidade ou se simplemente queredes pasar un bo rato pedalando pola calzada das rúas da cidade do Lérez, só tendes que achegarvos o xoves 23, ás 20 horas, pola praza da Peregrina
Usa a bici tódolos días, celébrao unha vez ó mes!!!
lunes, 20 de febrero de 2017

A Asociación Pedaladas está facendo unha roda de contactos cos partidos políticos para impulsar políticas ciclistas.
O PSdG leva as primeiras iniciativas ao parlamento Galego.
Hoxe luns 20 ás 18:00 reunión con Jacobo Moreira (PP)
A asociación Pedaladas leva unhas semanas contactando cos partidos políticos de ámbito galego para acelerar as políticas transversais que require a bicicleta para converterse nun elemento real de mobilidade, ocio, deporte e turismo en Galicia.
Ás reunións teñen como obxectivo asesorar e propiciar que no ámbito político se tomen decisións claras que permitan desenvolver unha estratexia autonómica e local de mobilidade sustentábel.
Propostas de Pedaladas para o parlamento Galego:
* Aprobación e mellora do "Plan director de Mobilidade Alternativa" da Xunta de Galicia.
O borrador do Plan director de Mobilidade Alternativa presentouse no ano 2010, tivo unha mellora no 2013 pero aínda segue en estado de borrador e polo tanto sen a necesaria implantación en Galicia, despois de que xa pasaron 7 anos desde a súa presentación. O plan define itinerarios, infraestruturas, necesidades... para permitir a mobilidade alternativa ao vehículo a motor.
* Aumentar a seguranza viaria para ciclistas e peóns nas estradas autonómicas.
Galicia ten unha rede de estradas con moi pouca seguridade para os ciclistas, sen beiravía transitable, con continuas travesías e con todo tipo de deficiencias. Este é un dos motivos da alta sinistralidade e alta cantidade de peóns e ciclistas falecidos na nosa comunidade. As reformas que esta a facer a Xunta nas súas estradas non están tendo en conta a bicicleta, incluso empeora a mobilidade ciclista reducindo as beiravías transitables ou facéndoas intransitables. Polo tanto é preciso que os técnicos teñan presente que as vías deben ser seguras para todos os usuarios, tamén os que van con dúas rodas e sen motor.
* Proposta de lei: Promoción dunha vida saudable e alimentación equilibrada.
A Junta de Andalucía está a facer un anteproxecto de lei para a promoción da vida saudable e alimentación equilibrada. Esta lexislación vai a raíz de moitos dos problemas de saúde que ten a nosa sociedade, entre eles o gran problema de sedentarismo das sociedades modernas e que fai de Galicia e Andalucía dúas comunidades con alto gasto sanitario por enfermidades que se poden previr con hábitos de vida saudables e boa alimentación.
Polo tanto Pedaladas quere que se impulse unha lexislación similar en Galicia polos aforros sanitarios, mellora da calidade vida e a redución da contaminación asociada ao transporte e mobilidade.
Anteproyecto de ley de Promoción de vida saludable y alimentación equilibrada
Propostas de Pedaladas para o Concello de Pontevedra:
* Moción plenaria: Instar ao goberno de España a reformar o regulamento de circulación para favorecer o uso da bicicleta.
Pedaladas considera que é preciso que os Concellos teñan unha ordenanza de mobilidade moderna e adecuada aos desprazamentos non motorizados. Moitos municipios están lexislando a pesar de non ter un marco nacional normativo e en Pontevedra esta falta de marco está a dificultar que se cree a ordenanza de mobilidade. Esta moción é un chamamento ao goberno de España para que o antes posible aprobe a reforma do regulamento de circulación e así se desbloquee a lexislación local como sucede no caso de Pontevedra.
* A adhesión do Concello de
Pontevedra ao Plan Estratéxico Estatal de la Bicicleta.
O Plan Estratéxico Estatal da Bicicleta é un marco normativo para coordinar a todas a administracións para permitir avanzar en políticas que fagan posible que a bicicleta pase a ser un elemento mais da mobilidade en todo o estado.
Manifesto ao que se pide a adhesión
As primeiras reunións e o inicio do traballo parlamentar.
As primeiras reunións foron co PSdG (Agustín Fernández, Iván Puentes, Patricia Vilán), co Marea Pontevedra (Maria del Carmen Moreira) e con EnMarea (Antón Sánchez e Marcos Cal).
Polo de agora, ningún partido nós dixo que non, e solicitaron a Pedaladas propostas de preguntas parlamentarias para que poidamos saber que está a facer a Xunta e cales son os seus plans sobre a mobilidade alternativa.
EnMarea solicitounos que lle facilitemos as estradas onde a seguranza viaria non é a adecuada para permitir a mobilidade ciclista e peonil segura.
O PSdG xa comezou o traballo fiscalizador coa Xunta e acaba de rexistrar unha batería de preguntas no Parlamento Galego.
Reunión con Jacabo Moreira do PP.
Hoxe día 20 ás 18:00 a Asociación Pedaladas ten a reunión con Jacobo Moireira para trasladarlle de primeira man as peticións e propostas, tanto para o parlamento Galego como para o Concello de Pontevedra. Tamén agardamos que nos informe dalgúns dos proxectos que ten pensado acometer a Xunta de Galicia xa anunciados neste ultimo ano.
jueves, 16 de febrero de 2017
Grazas
por multarme.
-Cuadriplicase
o numero de ciclistas denunciados con respecto a media dos últimos 4
anos.
-Un
total de 183 foron sancionados no 2016 pola Xefatura Provincial de
tráfico.
O aumento de denuncias débese ao maior uso da
bicicleta pero tamén a unha petición expresa da Asociación
Pedaladas aos axentes para que aumenten a vixilancia
sobre os mesmos. O datos foron facilitados pola Xefatura Provincial de Tráfico a petición de Pedaladas.
DATOS DA XEFATURA PROVINCIAL DE TRÁFICO
2016:
Total de denuncias formuladas a ciclistas:
183.
Principales motivos:
1º: No utilizar casco (65
denuncias).
2º: Alcohol/Drogas (38 denuncias).
3º:
Circular utilizando auriculares (21 denuncias).
4ª: No
someterse a pruebas de detección de alcohol/drogas (8
denuncias).
5ª: Circular sin luces o reflectantes (6
denuncias).
A Asociación Pedaladas ten como principal prioridade a
seguridade do tráfico, e consideramos a sanción como unha
medida formativa máis. A diferencia doutros colectivos e
particulares, non estamos de acordo con que a sanción sexa
unicamente recaudatoria ou que os axentes estean a caza do infractor,
consideramos que é unha forma de chamar a atención aos condutores
de vehículo sobre as súas responsabilidades e obrigas a hora de
circular pola vía, e como tal, os ciclistas tamén temos obrigas que
cumprir.
Queremos agradecer publicamente o traballo dos axentes do
sub-sector de tráfico de Pontevedra, que están a aumentar a
vixilancia sobre as condutas máis perigosas no uso da bicicleta e
que tamén están a facer un esforzo en sancionar os adiantamentos
perigosos a ciclistas.
Entendemos que aos sancionados pódenlle
estar salvando a vida facendo que na súa próxima saída coa
bicicleta o fagan dunha forma segura para todos. Grazas por
multarme.
Explicación das sancións:
Non
utilizar casco: É obrigatorio en vías inter urbanas usar
o casco para todos os ciclistas. En vías urbanas é obrigatorio para
os menores de 16 anos e aconsellable a todos.
Alcohol e drogas: As
taxas de alcohol son as mesmas que para os condutores de vehículo a
motor. Hai que recordar que no caso dos ciclistas non implica perda
de puntos pero si a mesma sanción económica. NOTA: sempre nos
preguntan o motivo de tantos denunciados por alcohol e drogas, temos
que recordar que hai moitas persoas que non saben que teñen a obriga
de facer un control cando usan una bicicleta igual que no caso do
coche, polo tanto beben e non contan conque nun control os poidan
parar. Tamén dáse o caso de persoas que perderon a licencia de
conducir e cambiaron o coche pola bicicleta.
Circular
usando auriculares: A sanción
é de 200€, é unha actitude perigosa porque elimina o sentido o
oído, importante a hora de ir pola vía pública para os ciclistas.
É perigoso para o propio ciclista que debe auto protexerse dentro do
tráfico.
Non someterse a probas de detección de alcohol/drogas: Igual
que no caso dos vehículos a motor os condutores de bicicleta están
obrigados a someterse as probas de alcoholemia e drogas.
Circular sen luces ou reflíctantes:
Entre a posta do sol e a saída é obrigatorio circular con luces,
se é vía inter urbana tamén é obrigatorio o uso dun chaleco
reflíctante. Isto é especialmente grave, sobre
todo sabendo que hai persoas que conducen vehículo a motor que
incluso de día teñen problemas de visión.
Votamos de menos dous tipos de denuncia nas que
insistiremos aos axentes:
-
Non respectar os semáforos. Esta conduta prodúcese
tanto en cidade como en estrada o cal é especialmente perigoso nas
interseccións.
- Circular en grupo en paralelo máis de dous ciclistas.
Circular en paralelo dous ciclistas é legal e recomendable para ser
máis visibles e reducir o número de adiantamentos perigosos que
sofren os ciclistas. Pero non é legal circular de 3, 4 ou incluso 5
ciclistas no caso dos grupos máis grandes.
Non
consideramos que a sanción económica sexa xusta no caso dos
ciclistas.
España ten pendente adaptar a súa lexislación á bicicleta. Nos
países onde se considera unha prioridade a promoción da bicicleta,
a lexislación diferencia as bicicletas dos vehículos a motor no
pago das sancións económicas, atendendo ao menor risco para a vida
que implica un vehículo que non pasa dos 20kg e sen motor. Nos
países máis ciclistas como son Holanda, Alemania, Bélxica,
Francia, Inglaterra... teñen unhas sancións moito máis económicas
para as persoas que fan uso dunha bicicleta, están por debaixo dos
100€ na súa maioría, e incluso certas actitudes aquí prohibidas
están permitidas e consideradas seguras.
España ten
pendente adaptarse a Europa na normativa da bicicleta pero é unha
tarefa inconclusa dende o ano 2010 cando se comezaron os traballos.
Aínda que consideremos inxusta a contía económica,
seguiremos defendendo que todos os condutores que teñan condutas
perigosas, para si mesmos ou outros, sexan denunciados.