martes, 22 de noviembre de 2016 0 comentarios

Arranca o programa Ao INSTIenBICI

1ª Xornada no Sánchez Cantón.

Presentación do programa formativo Ao INSTIenBici.

A asociación Pedaladas acaba de empezar o proxecto piloto do programa formativo Ao INSTIenBici. O programa empezou a impartirse no IES Sanchez Cantón e esta  programado tamén  no IES Frei Martín Sarmiento.
Un grupo de 25 rapaces por instituto vai recibir unha formación moi necesaria de uso da bicicleta dunha forma segura.

Os obxectivos do curso. De maior a menor importancia.

Que se pretende do curso:
-Mellorar o coñecemento das normas de tráfico dos alumnos. Mellor convivencia.

O obxectivo fundamental é que os rapaces aprendan a normativa e a forma correcta de desprazarse usando unha bicicleta. Consideramos que aínda que non se convertan en usuarios de bicicleta este curso facilitarlles unha formación básica das normas e condutas seguras nos seus desprazamentos pola rúa.

-Fomentar a mobilidade sostible a pé e coa bicicleta.

O curso explica as distintas formas de facer os desprazamentos e busca fomentar a mobilidade saudábel e sustentable fronte a mobilidade nos vehículos a motor.

-Dotar aos alumnos de habilidades e confianza para fomentar o uso da bicicleta.

Unha das dificultades para fomentar o uso da bicicleta e a falta de confianza nas habilidades propias. Este curso axuda a mellorar as habilidades e fomenta a confianza nas propias posibilidades de desprazarse cunha bicicleta.

-Facilitarlles unha ferramenta de mobilidade e autonomía persoal.

Os rapaces nesta idade son dependentes nos seus desprazamentos. Este curso intenta facilitarlles unha ferramenta que lles de máis autonomía e que non sexan tan dependentes dos seus país ou familiares para facer desprazamentos de entre 2 e 7km.

Xornadas do curso.


O curso esta divido en catro bloques dependentes polo que é preciso completar as catro xornadas  de forma consecutiva para ter a acreditación completa.

- 1º Xornada. Presentación e clase teórica.
Consta dunha charla impartida entre Pedaladas e a Policía Local onde se explica a normativa e a estratexias de desprazamentos seguros. Inclúe un exame de tipo teórico.

- 2º Xornada. Competencias básicas no uso da bicicleta.

A segunda xornada serve para mellorar equilibrio, coordinación, manexo e impártense unhas nocións de mecánica. O obxectivo é testar as habilidades dos alumnos no uso da bicicleta.

- 3º Xornada. Competencias e estratexias seguras na calzada.
A terceira xornada arranca cun exame practico nun circuíto pechado para comprobar se o alumno estra preparado para saír a rúa. Nas practicas  impártense estratexias de circulación segura para ciclistas.

- 4º Xornada. Experiencia na rúa con tráfico real.

É unha saída a rúa acompañados da Policía Local onde se van a poñer en practica co tráfico real as competencias que se impartiron durante todo o curso. É de especial importancia o traballo en intersección e nas rotondas.

Metodoloxía. O bikeability.

A metodoloxía que usa o curso Ao INSTIenBICI ven do sistema ingles Bikeability que xa formou a dous millóns de nenos en Reino Unido. O sistema é case na súa totalidade práctico, a diferencia da formación habitual que se lle imparte aos nenos en España. En España temos experiencias similares en Vitoria, Zaragoza, Barcelona, Tarrasa... con gran éxito. Só na cidade de Zaragoza 1.400 rapaces recibiron este tipo de formación.
En España, este tipo de cursos son unha novidade da ultima década pero en Inglaterra levan 40 anos co programa, en Holanda a formación ciclista esta incorporada nas aulas e existen experiencias  similares en Alemaña e Bélxica.

O futuro do INSTIenBICI.

Nesta primeira edición o curso quedou limitado a dous centros e dous grupos xa que estamos nunha fase piloto. Se a experiencia é satisfactoria o ano que ben estenderase a máis grupos e centros xa que a demanda formativa é grande. O obxectivo a longo prazo é que a maioría dos rapaces dos institutos e colexios de Pontevedra reciban unha formación en seguridade viaria, que fagan as súas practicas cunha bicicleta e fomentar a mobilidade en bicicleta no grupo dos menores de idade.

No Response to "Arranca o programa Ao INSTIenBICI"

Publicar un comentario