O evento do autobús da Semana Europea da Mobilidade. A creación da sección dentro de Pedaladas “Nós camiñamos”
Hoxe ás 17:00 na Adv das Corbaceiras / Uruguay é o evento do autobús para sensibilizar do problema de uso do espazo público que é a mobilidade en automóbil privado. No evento do autobús poderemos ver o uso exaxerado que representa a mobilidade en coche onde 50 coches ocupan 917m2 en circulación fronte a uns 50m2 para peóns camiñando ou 35m2 nun autobús urbano.
O lugar escollido non é ao azar. Estamos nun dos puntos de maior confluencia tráfico da cidade, por un lado temos a AP-9 que pasa ao outro lado do ría que leva 20.658 vehículos por día, a Ponte da Barca onde pasan 10.500 vehículos por día e Av. das Corbaceiras con 8.700 vehículos por día.
Desde un punto de vista medioambiental (cálculos de Pedaladas) emítense 1.859 toneladas/ano de CO2 que agravan o cambio climático e 13.023kg/ano de contaminantes (CO, HC, NOx, PM2.5, PM10 sobre todo diésel) que danan a saúde das persoas a tan só 390 metros en liña recta do antigo concello de Pontevedra.
Non parece moi intelixente ter tal volume de emisións contaminantes preto de onde viven as persoas pero isto é así xa que nos 60-70 o moderno era ter cidades ateigadas de vehículos motor xa que se pensaba que a mobilidade resolveríase cando todo o mundo tivera o seu automóbil. Con este paradigma perdemos o transporte público (trole, autobús, tren de proximidade), votamos fora a bicicleta como vehículo de mobilidade, fixémoslle imposible a vida as persoas con diversidade funcional e sensorial e obrigamos ao peón a adaptar a súa mobilidade as exixencias do vehículo a motor.
A realidade é que ningunha cidade do mundo conseguiu resolver a mobilidade das persoas usando só automóbiles a pesares de que ningunha reparou en gastos para este fin. O intelixente, o lóxico, o que mellores resultados da para a nosa economía e o tema da Semana Europea da Mobilidade 2016, "Mobilidade intelixente, economía forte". Para iso temos que reverter o modelo das cidades dos 60-70, facerlle oco ao transporte público e garantir a mobilidade ciclista e peonil.
A mobilidade é un dereito e pensamos que sempre é susceptible de mellora polo que decidimos dentro de Pedaladas “Nós Camiñamos” para facer unha defensa da mobilidade peonil e o espazo público xa que nos últimos tempos moitas persoas se dirixiron a Pedaladas pedindo solucións de convivencia entre ciclistas e peóns. Tamén se nos pediu que fixeramos de voz dos peóns ao non existir de ningunha asociación peonil.
A creación de Nós Camiñamos:
Polo tanto, Pedaladas acaba de asumir o manifesto de: “La acera es peatonal” que no seu día subscribiron Ecologistas en acción, conBici, Sotp Accidentes, Cermi, CCOO, Andando... e que define a beirarrúa como un lugar de convivencia e non unha canle de circulación de vehículos.A partir de agora Nós Camiñamos recollerá as peticións e necesidades de mobilidade de todas aquelas persoas que teñan dificultades de seguridade ou accesibilidade para trasladarllas ao Concello de Pontevedra dunha forma coherente e ordenada co fin de mellorar e aumentar as persoas que se desprazan da forma máis natural e sostíbel que é camiñar.
Primeira acción de Nós Camiñamos:
A mobilidade non é unha exclusiva propia dos desprazamentos en vehículo senón unha combinación entre diferentes formas de desprazarse que debe ser garantida para todos e todas. Polo tanto desde Nós Camiñamos traemos peticións de melloras de diferentes asociacións e empresas:
De Amizade pídennos:
- respectar e usar axeitadamente os estacionamentos reservados a persoas con mobilidade reducida.
- controlar a colocación dos veladores e terrazas de maneira que non dificulten a mobilidade, sobre todo de persoas con discapacidade visual.
- instaurar un transporte metropolitano accesible que facilite a mobilidade das persoas que residen no rural.
Os chichos/chicas de Amencer en Campolongo pídennos:
- necesidade de máis transportes adaptados.
- organismos públicos accesibles. ( por exemplo: correos no es nada accesible)
- hai beirarrúas con rebordes que son inaccesibles.
- de que serve facer beirarrúas máis anchas se fican ocupadas por terrazas e as cadeiras de rodas non poden pasar.
Nós Camiñamos pide:
-
Que o firme das beirarrúas sexa o máis liso posible primando a
superficie de cemento pulido xa que é máis sinxelo desprazar os
carros da compra, carriños de neno... os vehículos teñen mellor
firme que os peóns para camiñar.
- Os semáforos fan esperar en exceso aos peóns en comparación cos vehículos, 90s de espera para 18s para pasar. Non hai que primar ao transporte motorizado dentro da cidade.
- Os semáforos fan esperar en exceso aos peóns en comparación cos vehículos, 90s de espera para 18s para pasar. Non hai que primar ao transporte motorizado dentro da cidade.
-
Os itinerarios peonís deben ser continuos, os pasos de peóns deben
estar o máis próximo posible as intersección e
non retranqueados polas necesidades dos automóbiles para
non ter que estar adaptando o itinerario peonil
ás
necesidades do tráfico a
motor.
Autocares Rías Baixas pídenos para mellorar o transporte público:
- Vantaxes na circulación para o transporte público en autobús. Para poder cumprir os horarios e frecuencias, o autobús debe ter preferencia sobre o vehículo privado.
- Implantación do
transporte metropolitano e da tarxeta “xente nova” en Pontevedra.
Os veciños de Pontevedra e especialmente os menores de 18 anos deben
ter as mesmas oportunidades das que xa gozan o resto das cidades
galegas.
- Información e
coordinación entre as diferentes formas de mobilidade (peonil,
bicicleta, autobús e tren). Os cidadáns de Pontevedra e a súa
comarca deberían ter información dos diferentes medios de
transporte para poder utilizalos de forma coordinada segundo as súas
necesidades.
1 Response to Hoxe nace "Nós Camiñamos"
Noraboa pola iniciativa e moita sorte nesta loita que non é fácil.
Publicar un comentario