miércoles, 28 de septiembre de 2016
O primeiro. Que é unha Vía Verde?
En España temos unha basta rede de ferrocarril que quedou inconclusa ou coa chegada do AVE pasou a estar en desuso. A
Fundación de los Ferrocarriles Españoles ten como unha das súas funcións recuperar estes trazados en desuso para crear itinerarios non motorizados con alto valor cultural e ambiental. Para isto creou un modelo deseño que se chama Vía Verde.
A vía verde ten como cualidades ter unha accesibilidade universal, son vías seguras para todos e ao ser un trazado ferroviario son moi cómodas ao non requirir grandes esforzos físicos e integran os antigos elementos da liña de ferrocarril.
A Vía Verde Pontevedra - Vigo. Patrimonio cultural, paisaxístico e natural.
A antiga liña de tren de Pontevedra a Vigo, agora mesmo en desuso coa inauguración do trazado da eixo Atlántico de Alta Velocidade, comunica os concellos de Pontevedra, Vilaboa, Soutomaior, Redondela e Vigo.
No seu trazado temos unhas fermosas vistas da Ensenada de San Simón e a ponte de Rande que forman parte dunha área protexida pola fauna presente na enseada. O patrimonio natural ten como referente as salinas de Úllo e a marisma que atopamos na enseada de San Simón.
No trazado desta antiga vía férrea atopamos lugares moi fermosos con edificios con atractivo histórico, como en Pontesampaio ou Redondela, que están desaproveitados como elemento dinamizador da economía ao non estar dispostos nunha ruta singular, senón explotados como elementos illados.
Que nos atopamos nesta Vía Verde: ENIL do río Gafos-Tomeza, a vía romana XIX e o camiño portugués, as salinas
de Vilaboa e a enseada de San Simón, a illa da Insuíña en Ponte Sampaio,
a ponte medieval, ou as pontes do tren entre Arcade e Ponte Sampaio, a
fábrica da Pontesa e a Illa do Castelo de Ponte Sampaio, a Illa de San Simón, viaduto de Redondela, a Ponte de Rande...
O turismo activo está moi desaproveitado en Galicia a pesar de ter a gran virtude de ser un turismo mais des-estacionado que o turismo de sol e praia xusto o que precisamos para crear emprego de calidade. O trazado da Vía Verde ente Pontevedra e Vigo tería uns 31km de lonxitude e sería unha ruta para percorrer ao longo duns días en bicicleta ou a pé tendo a capacidade de dinamizar os lugares por onde pasa.
 |
Pedaladas pregúntanlle a ex ministra |
Os retos. Quen nós dixo que non. Porque é importante manifestarse.
Vai facer un ano de que Pedaladas lle preguntou a ex ministra Ana Pastor pola posibilidade de cesión das vías do tren para facer esta Vía Verde pero a contestación que nos deu foi que non se podía ceder a ponte sobre o río Úllo porque esta tería uso para o transporte de mercadorías entre os portos de Vigo e Marín.
Polo tanto temos un reto importante, a oposición do ministerio que ten as competencias para ceder esta vía. Non hai nada perdido, a día de hoxe a antiga liña do tren está totalmente eliminada en varios puntos polo trazado da Alta Velocidade, por exemplo nas pontes de Arcade, o cal a inhabilita para a función de transporte de mercadorías.
A parte, calquera pode observar que o argumento da ministra non parece ter moito sentido cando polas vías do eixo atlántico están a pasar a diario trens que non son de pasaxeiros como o que vai co lixo a Sogama. Isto significa que a Vía Verde non vai en detrimento dun posible intercambio de mercadorías entre Vigo e Marín senón que nos atopamos ante a falta de vontade política.
Nós pensamos que as mercadorías son unha escusa para non facer a cesión e a inversión económica de eliminar o balastro e as vías, facer a sinalización e o acondicionamento do firme que teñen as Vías Verdes. En custo para o estado son minucias se o comparamos co custo económico da A-57, a ampliación de Rande ou o Eixo Atlántico de Alta Velocidade (por poñer exemplos próximos e actuais) pero todos sabemos no que a inversións se refire, as prioridades dos gobernos ata agora.
Polo tanto toca facer unha mobilización que mostre a demanda social que existe por crear infraestruturas para usos non motorizados que sexan un motor económico e social. A idea non é facer de oposición política senón de promover que a política se fixe en que hai proxectos viables que crean riqueza e so falta que se suban ao carro. Sen presión social o ministerio non se vai mover da non creación dunha Vía Verde entre Pontevedra e Vigo mentres o trazado queda no esquecemento como unha nova mostra de malgasto de recursos públicos.
 |
Solución proposta pola asociación de Veciños de Chapela |
A mobilidade sostible Chapela-Redondela-Vigo.
A Asociación de Veciños de Chapela coa que imos colaborar nesta manifestación achéganos a petición de recuperar a liña do tren cun tranvía lixeiro para permitir a Chapela e a Redondela unha comunicación sostible con Vigo compatibilizando o uso cunha plataforma para bicicletas e peonil que nos gustaría apoiar por ser un exemplo de compatibilizar as tres formas de mobilidade sostible. O trazado urbano das vías permiten a mobilidade alternativa ao automóbil para crear un tranvía lixeiro que podería diminuír a necesidade de uso do vehículo privado o cal supón unha diminución das emisións de CO2 e uso do espazo publico asociado ao estacionamento de vehículos.
Esta reivindicación é moi sensata e debería ser examinada polos responsables políticos do transporte público en Vigo e na Xunta xa que vai máis alo das funcións de Pedaladas pero o proxecto conta coa nosa simpatía.
A quen temos que sumar a causa?
A todas as administracións, e con todas referímonos a que na lista están os concellos polos que pasa a vía en desuso como máximos interesados xa que a inversión vai en beneficio dos seus veciños. Hai que ter en conta que os veciños de Pontevedra, Vilaboa, Arcade, Redondela e Vigo van ter acceso directo a unha fermosa ruta pero a parte a actividade turística vai xerar empregos como nos outros lugares onde se crearon estas vías verdes.
A deputación de Pontevedra é un dos grandes interesados xa que é o ente supra municipal inmediato aos concellos e esta Vía Verde sería un gran proxecto para a actual deputación que está a mirar con outros ollos a mobilidade non motorizada como se fai en Europa.
A Xunta de Galicia. Se miramos un pouco os programas electorais dos principais partidos para presidir a Xunta temos que o
PSOE levaba o aproveitamento de liñas férreas para crear vías verdes,
enMarea tiña liñas xerais de transporte sostible, o
BNG fixo unha aposta por este trazado alo menos nunha parte e a Xunta tamén ten o
Plan de Mobilidade Sostible que debe definir itinerarios e esta Vía Verde podería ser un deles.
Polo tanto, hai que sumar aos Concellos, a Deputación e a Xunta para convencer ao ministerio de que aposte por esta Vía Verde xa que o trazado cumpre con todos os criterios da Fundación dependente do Estado Español que fai as Vías Verdes. Só falta a vontade política de facer este proxecto tan beneficioso para Galicia e a provincia de Pontevedra.
A ou as Manifestacións. A pé ou en bicicleta
O día 9 de Outubro imos ter unha sucesión de concentracións e manifestacións para impulsar o proxecto convocadas por colectivos ciclistas e asociacións de veciños que están en todo o trazado da Vía Verde.
Marchas a pé.
Asociación Salinas de Ulló vai facer o percorrido de Vilaboa a Arcade a pé dende o local social de Figueirido (9:30) ata Arcade no parque sobre ás vías do tren (10:30).
Asociación de Veciños de
Chapela vai facer o percorrido de Chapela (11:30) á Porta do Sol en Vigo (13:00).
Marchas en Bicicleta.
Pedaladas vai organizar un grupo de 49 ciclistas (máximo pola lei actual de seguridade viaria anexo II) e vai facer concentracións en diferentes lugares do trazado da Vía Verde. Para participar é obrigatorio inscribirse con Pedaladas a parte de ter en conta que son 36km por traxecto nun percorrido en bicicleta de montaña bastante esixente física e tecnicamente. A ruta por estrada foi descartada pola peligrosidade da N-550 e as esixencias legais.
9:30 Praza España Pontevedra, 10:30 Arcade, 11:55 Praza Constitución Redondela e 13:00 Porta do Sol Vigo.
A Golpe de Pedal Vigo organiza a manifestación nas rúas de Vigo onde peóns e ciclistas confluímos na Porta do Sol (13:00)
Marchas e adestramentos fora dos actos comunicados.
Algúns clubs deportivos de ciclistas de estrada van participar a titulo particular nas concentracións igual que numerosos deportistas e usarán a N-550 nos seus desprazamentos.
Queremos facer un chamamento a
responsabilidade dos condutores de vehículo a motor para extremar as precaución na N-550 non só o día 9 de Outubro senón tódolos días do ano xa que na N-550 xa houbo falecidos en bicicleta e numerosos accidentes de consideración.
A N-550 é un dos puntos negros da provincia para os ciclistas que non teñen alternativas asumibles para facer o percorrido Arcade - Redondela - Vigo. Esta vía non ten beiravía transitable en gran parte do seu percorrido a pesar de ter limitacións de velocidade moi superiores aos 30km/h no seu paso por núcleos poboados e de 50km/h fora deles.
O Ministerio de Fomento non se esta a tomar en serio a seguridade ciclista e peonil mantendo e facendo reformas en estradas sen crear unha beiravía transitable dun 1.5m e adaptando a velocidade máxima no paso polos núcleos poboados como si se fai en Pontevedra, motivo polo que recibiu o premio
Premio movilidad segura de la DGT. O datos de atropelos de peóns e ciclistas na provincia de Pontevedra están por riba da media nacional e non se debe a unha praga bíblica senón a unha falta de responsabilidade dos titulares das infraestruturas.
martes, 27 de septiembre de 2016
Este Xoves 29 de setembro estreamos estación. O outono comeza pero eso non é un problema para os que gustamos de desplazarnos en bici pola cidade, e para celebralo, un mes máis, voltamos a xuntarnos para dar un paseo en grupo polas rúas de Pontevedra.Xuntarémonos ás 21:00 na praza da Peregrina para desfrutar dunha agradable e divertida voltiña.¡¡¡Achégate á Masa!!! Non bloqueamos o tráfico, somos tráfico.Un saúdo a tod@s.
miércoles, 21 de septiembre de 2016
O
evento do autobús da Semana Europea da Mobilidade. A creación da
sección dentro de Pedaladas “Nós camiñamos”
Hoxe ás 17:00 na Adv das Corbaceiras / Uruguay é o evento do
autobús para sensibilizar do problema de uso do espazo público que
é a mobilidade en automóbil privado. No evento do autobús
poderemos ver o uso exaxerado que representa a mobilidade en coche
onde 50 coches ocupan 917m2 en circulación fronte a uns 50m2 para
peóns camiñando ou 35m2 nun autobús urbano.
O lugar
escollido non é ao azar. Estamos nun dos puntos de maior
confluencia tráfico da cidade, por un lado temos a AP-9 que pasa ao
outro lado do ría que leva 20.658 vehículos por día, a Ponte da
Barca onde pasan 10.500 vehículos por día e Av. das Corbaceiras con
8.700 vehículos por día.
Desde un punto de vista
medioambiental (cálculos de Pedaladas) emítense 1.859 toneladas/ano
de CO2 que agravan o cambio climático e 13.023kg/ano de
contaminantes (CO, HC, NOx, PM2.5, PM10 sobre todo diésel) que danan
a saúde das persoas a tan só 390 metros en liña recta do antigo
concello de Pontevedra.
Non parece moi intelixente ter tal
volume de emisións contaminantes preto de onde viven as persoas pero
isto é así xa que nos 60-70 o moderno era ter cidades ateigadas de
vehículos motor xa que se pensaba que a mobilidade resolveríase
cando todo o mundo tivera o seu automóbil. Con este paradigma
perdemos o transporte público (trole, autobús, tren de
proximidade), votamos fora a bicicleta como vehículo de mobilidade,
fixémoslle imposible a vida as persoas con diversidade funcional e
sensorial e obrigamos ao peón a adaptar a súa mobilidade as
exixencias do vehículo a motor.
A realidade é que
ningunha cidade do mundo conseguiu resolver a mobilidade das persoas
usando só automóbiles a pesares de que ningunha reparou en gastos
para este fin. O intelixente, o lóxico, o que mellores
resultados da para a nosa economía e o tema da Semana Europea da
Mobilidade 2016, "
Mobilidade
intelixente, economía forte". Para iso temos que reverter o
modelo das cidades dos 60-70, facerlle oco ao transporte público e
garantir a mobilidade ciclista e peonil.
A
mobilidade é un dereito e pensamos que sempre é susceptible de
mellora polo que decidimos dentro de Pedaladas “Nós Camiñamos”
para facer unha defensa da mobilidade peonil e o espazo público xa
que nos últimos tempos moitas persoas se dirixiron a Pedaladas
pedindo solucións de convivencia entre ciclistas e peóns. Tamén
se nos pediu que fixeramos de voz dos peóns ao non existir de
ningunha asociación peonil.
A
creación de Nós Camiñamos:
Polo tanto, Pedaladas acaba de asumir o manifesto de: “
La
acera es peatonal” que no seu día subscribiron Ecologistas en
acción, conBici, Sotp Accidentes, Cermi, CCOO, Andando... e
que
define a beirarrúa como un lugar de convivencia e non unha canle de
circulación de vehículos.A partir de agora Nós Camiñamos recollerá as peticións e necesidades de mobilidade de todas aquelas persoas que teñan dificultades de seguridade ou accesibilidade para trasladarllas ao Concello de Pontevedra dunha forma coherente e ordenada co fin de mellorar e aumentar as persoas que se desprazan da forma máis natural e sostíbel que é camiñar.
Primeira acción de
Nós Camiñamos:
A
mobilidade non é unha exclusiva propia dos desprazamentos en
vehículo senón unha combinación entre diferentes formas de
desprazarse que debe ser garantida para
todos e todas. Polo tanto desde Nós Camiñamos traemos peticións de
melloras de diferentes asociacións e empresas:
De
Amizade pídennos:
-
respectar e usar axeitadamente os estacionamentos reservados a
persoas con mobilidade reducida.
-
controlar a colocación dos veladores e terrazas de maneira que
non dificulten a mobilidade, sobre todo de persoas con discapacidade
visual.
-
instaurar un transporte metropolitano accesible que facilite a
mobilidade das persoas que residen no rural.
Os chichos/chicas
de Amencer en Campolongo pídennos:
-
necesidade de máis
transportes adaptados.
-
organismos públicos accesibles. ( por exemplo: correos no es nada
accesible)
-
hai beirarrúas con rebordes que son inaccesibles.
-
de
que serve facer
beirarrúas
máis
anchas se
fican
ocupadas por terrazas e
as cadeiras
de rodas
non
poden
pasar.
Nós
Camiñamos pide:
-
Que o firme das beirarrúas sexa o máis liso posible primando a
superficie de cemento pulido xa que é máis sinxelo desprazar os
carros da compra, carriños de neno... os vehículos teñen mellor
firme que os peóns para camiñar.
- Os semáforos fan
esperar en exceso aos peóns en comparación cos vehículos, 90s de
espera para 18s para pasar. Non hai que primar ao transporte
motorizado dentro da cidade.
-
Os itinerarios peonís deben ser continuos, os pasos de peóns deben
estar o máis próximo posible as intersección e
non retranqueados polas necesidades dos automóbiles para
non ter que estar adaptando o itinerario peonil
ás
necesidades do tráfico a
motor.
-
Hai que levar a plataforma única a tódolos barrios, hai moitos
lugares onde aínda non existen espazos con tráfico restrinxido como
o Leste da cidade. O modelo de cidade debe ser para toda a
cidadanía.
Autocares
Rías Baixas pídenos para mellorar o transporte público:
-
Vantaxes na
circulación para o transporte público en autobús. Para poder
cumprir os horarios e frecuencias, o autobús debe ter preferencia
sobre o vehículo privado.
- Implantación do
transporte metropolitano e da tarxeta “xente nova” en Pontevedra.
Os veciños de Pontevedra e especialmente os menores de 18 anos deben
ter as mesmas oportunidades das que xa gozan o resto das cidades
galegas.
- Información e
coordinación entre as diferentes formas de mobilidade (peonil,
bicicleta, autobús e tren). Os cidadáns de Pontevedra e a súa
comarca deberían ter información dos diferentes medios de
transporte para poder utilizalos de forma coordinada segundo as súas
necesidades.
sábado, 17 de septiembre de 2016
Nós como sempre non inventamos nada, o que facemos e copiar o que leva décadas funcionando e moitos lugares de Europa.
Aquí tedes unha mostra. A imaxe que tedes enriba foi un proxecto orixinal para mostrar que o espazo público esta destinado maiormente a permitir a mobilidade en vehículo privado a motor.
As nosas cidades coroaron o automóbil como rei absoluto e todo rendeuse ao seu paso e para o seu uso. Isto implicou unha perda de utilidade para calquera uso que non sexa a mobilidade a motor polo que agora toca sensibilizar neste problema e buscar solucións.
Nesta Semana Europea da Mobilidade a asociación Pedaladas tráenos unha "performance" que se chama "O evento do autobús" na que todos podemos participar.
A foto que se busca é esta:
O lugar escollido non é ao azar. Estamos nun dos puntos de maior confluencia tráfico da cidade, por un lado temos a AP-9 que pasa ao outro lado do ría que leva 20.658 vehículos por día, a Ponte da Barca onde pasan 10.500 vehículos por día e Av. das Corbaceiras con 8.700 vehículos por día.
Desde un punto de vista medioambiental (cálculos de Pedaladas) emítense 1.859 toneladas/ano de CO2 que agravan o cambio climático e 13.023kg/ano de contaminantes (CO, HC, NOx, PM2.5, PM10 sobre todo diésel) que danan a saúde das persoas a tan só 390 metros en liña recta do antigo concello de Pontevedra.
Non parece moi intelixente ter tal volume de emisións contaminantes preto de onde viven as persoas pero isto é así xa que nos 60-70 o moderno era ter cidades ateigadas de vehículos motor xa que se pensaba que a mobilidade resolveríase cando todo o mundo tivera o seu automóbil. Con este paradigma perdemos o transporte público (trole, autobús, tren de proximidade), votamos fora a bicicleta como vehículo de mobilidade, fixémoslle imposible a vida as persoas con diversidade funcional e sensorial e obrigamos ao peón a adaptar a súa mobilidade as exixencias do vehículo a motor.
A realidade é que ningunha cidade do mundo conseguiu resolver a mobilidade das persoas usando só automóbiles a pesares de que ningunha reparou en gastos para este fin. O intelixente, o lóxico, o que mellores resultados da para a nosa economía e o tema da Semana Europea da Mobilidade 2016, "
Mobilidade intelixente, economía forte". Para iso temos que reverter o modelo das cidades dos 60-70, facerlle oco ao transporte público e garantir a mobilidade ciclista e peonil.
Para participar no "Evento do Autobús":
Todos estamos invitados a participar no "Evento do Autobús" de Pedaladas o mercores 21 nos tres formatos posibles, como condutores de automóbil, como usuario de bicicleta ou como peón (hai quen vai das tres formas).
Condutores de automóbil (máximo 50 vehículos):
1º ás 16:40 quedamos no aparcamento do pazo da cultura.
2º Tes que recoller o cartel de Pedaladas para que os axentes da Policía Local te deixen pasar o espazo da fotografía.
3º ás 17:00 saímos cos coches mesturados co tráfico cara a Av das Corbaceiras/ Uruguay onde un axente da Policía Local so deixará pasar aos vehículos co cartel de Pedaladas.
4º Os vehículos colócanse igual que se estiveran circulando, en dúas columnas unha por carril e a distancia normal de circulación a uns metros do que temos diante. O espazo utilizado vai desde a rotonda da Rúa da Barca a rotonda da Rúa Xan Guillermo polo que entran só 50 vehículos ben postos.
5º ás 17:10 minutos sacamos a primeira fotografía, so cos coches e o condutor ao lado do vehículo, xa que logo farase un refundido dixital.
6º en canto teñamos a fotografía os axentes da Policía Local facilitarannos incorporarnos ao tráfico a través da rotonda e iremos a estacionar outra vez ao aparcamento do Pazo da Cultura.
7º Ali espéranos un autobús de Rías Baixas (17:25) co cartel de Pedaladas que nos traslada para sacar as seguintes fotos.
Os peóns. (Na primeira foto só 50, na seguinte sen limite ata encher o espazo):
1º Os axentes da Policía Local van reconducir o tráfico así que esperade na beirarrúa ata que este situado o autobús.
2º Unha vez colocado o autobús 50 peóns vanse situar ao seu carón como se ve na imaxe e ás 17:30 sacamos a segunda foto.
3) Unha vez sacada esta foto o autobús retrocedera para facer unha fotografía con todos os que se queiran sumar primando ás persoas con diversidade funcional e sensorial pero mesturados.
4) unha vez teñamos as fotografías o autobús achegará aos condutores de automóbil ao estacionamento do Pazo da Cultura. O acto debe estar rematado por completo ás 18:00.
(Nota, estas imaxes son de libre disposición para quen as queira)
Do 16 ao 22 de Setembro é a Semana Europea da mobilidade. Este ano baixo o lema "Mobilidade intelixente, Economía forte." Recomendamos ler a
guía onde nos mostra os beneficios económicos para toda a sociedade que ten facer unha mobilidade intelixente.
Na guía atoparedes os beneficios da mobilidade activa, ou moverse coa propia enerxía, que van desde unha mellora para a saúde propia, unha menor contaminación ou menor conxestión do tráfico pero tamén fortalece o comercio local a diferencia dos lugares onde a mobilidade realizase a motor.
Algunhas frases sacadas da guía:
- O aforro de cambiar un automóbil por unha bicicleta é de 2.853€/ano
- Facer desprazamentos a pé ou en bicicleta durante 150 minutos ao día alarga a vida 1,4 anos ás mulleres e 1.5 anos aos homes.
- Nas cidades con retencións os usuarios de transporte público, usuarios de bicicletas e persoas a pé chegan antes aos seus destinos.
- Os condutores de vehículo a motor son os que menos gastan nos negocios locais. Os comerciantes necesitan aos peóns.
- Os peóns, ciclistas e usuarios de transporte público gastan menos por visita aos comercios que os condutores de vehículo a motor pero son máis fieis aos comercios locais.
- En Nova Yorke a construción de carrís bici dedicados aumentou as ventas nun 49% nas rúas onde hai carril bici fronte a un 3% nas rúas sen carril bici.
- En Copenhague chegouse a conclusión de que creaba máis riqueza investir en aparcamento para bicicletas que para coches. Concretamente 4.5 veces máis.
- En Copenhague o uso da bicicleta aforra 230m€ ao ano en gasto sanitario.
Todo son beneficios, debemos ser intelixentes ao realizar os nosos desprazamentos. En Pontevedra temos unha forte presencia peonil grazas ás reformas na cidade e a que restrinxiu o paso aos vehículos a motor pero aínda temos moito por facer. A bicicleta debe ir ocupando o seu espazo nos desprazamentos de entre 2-9km e debemos deixar de lado o automóbil en favor do transporte público.
Para fomentar este cambio Pedaladas tráenos un programa de actividades para dar o salto a mobilidade intelixente:
Colaboradores neste programa:
Autocares Rías Baixas
MotoBike Pontevedra
El Puerto Bike Workshop
Óptica Martínez
sábado, 3 de septiembre de 2016
Queremos que as políticas de mobilidade muden e que dunha vez se aposte pola mobilidade sostible por iso acabamos de escribirlle aos catro principais candidatos a Xunta de Galicia para que incorporen nos seus programas electorais o seu proxecto de mobilidade sostible.
As cartas a Nuñez Feijoo, Luis Villares, Xoaquín Leiceaga e Ana Pontón xa están enviadas e agardamos que por fin Galicia se una a Holanda, Alemaña, Francia, Belxica, Suecia, Finlandia, Noruega... en apostar pola mobilidade sostible creando infraestrutura e seguridade viaria para que podamos escoller o noso vehículo libremente.
Carta da asociación Pedaladas aos candidatos:
PETICIÓN DE MELLORA DA
MOBILIDADE CICLISTA E SEGURANZA VIARIA NA REDE VIARIA GALEGA
Bos
días Sr Alberto Nuñez Feijoo
Escribímoslle
porque como ben sabe os
compromisos de loita conta o cambio climático recentemente firmados
no tratado de Paris vencella ás administracións á
redución emisións de CO2 para evitar que a final de século a
temperatura suba máis de 2ºC. Unha parte importante desas emisións
débense ao tráfico motorizado pola cal atopar alternativas ao uso
do automóbil nos desprazamentos cotiás e fundamental para cumprir
co compromiso de loita contra o cambio climático.
A
asociación Pedaladas considera que seguir a senda marcada por
países coma Holanda, Suecia, Finlandia, Alemaña, Noruega... de
redución de vehículos motorizados para favorecer a mobilidade
sostible a pé e en bicicleta é o camiño aseitado para unha parte
importante da poboación.
Tal e como indica o “Plan
Director de Mobilidade Alternativa de Galicia”, en fase de borrador
desde o ano 2013, os modos non motorizados de transporte, é dicir
aqueles que non precisan de enerxías producidas por motores senón
que utilizan a enerxía humana directamente, ou a animal, como nos
desprazamentos a pé, ou mediante un instrumento interposto, como a
bicicleta ou os patíns, foron ata hai menos de 150 anos os máis
empregados nos desprazamentos humanos e, particularmente, nos
urbanos.
A mediados do século XIX,
cando Madrid superara os 500.000 habitantes, Nova York, os 750.000,
Paris, o millón, e Londres, os dous millóns, non existían medios
motorizados de transporte e a inmensa maioría das viaxes internas ás
cidades facíanse a pé ou mediante cabalarías. Ata 1950 os cidadáns
europeos movíanse basicamente a pé ou en bicicleta para desprazarse
ao traballo, á escola ou de compras.
A historia demostra, así, que
os modos non
motorizados
puideron resolver e poderían resolver hoxe en día unha gran
proporción dos
desprazamentos internos ás cidades,
mesmo nas máis grandes. Constitúen, polo tanto, unha alternativa
real ao transporte para un amplo abano de distancias e motivos,
presentando ademais vantaxes
evidentes dende o punto de vista
ambiental,
económico, sanitario e social.
En efecto, aínda hoxe en
Europa en torno a un
70% de tódolos desprazamentos urbanos
teñen unha
lonxitude inferior a cinco quilómetros,
mentres unha proporción próxima á
metade percorren
menos de 2 quilómetros. A bicicleta ou o desprazamento a pé son
plenamente competitivos nestas distancias cos medios motorizados,
especialmente co automóbil.
A bicicleta é,
estatisticamente, o medio de transporte urbano máis rápido ata os
7‐8 quilómetros de
distancia, mentres
o camiñar o é ata
os 300‐500 metros,
de acordo ás diversas fontes dispoñibles. Pola súa banda, para
percorrer 2 quilómetros andando precísanse en torno a 20 minutos,
tempo máis que suficiente para percorrer 5 quilómetros en
bicicleta.
Segundo o “Plan Galicia
Saudable 6” as enfermidades crónicas non transmisibles (entre ás
que destacan pola súa incidencia a obesidade, as enfermidades
cardiovasculares e a diabete) constitúen o principal problema de
saúde da poboación galega. Ademais, "o sedentarismo e a
inactividade física están entre as principais causas das
enfermidades crónicas non transmisibles, polo que a promoción dunha
vida activa é un dos piares sobre os que deben asentarse as
estratexias e accións dirixidas á prevención e o control destas
enfermidades". Por este motivo, o
Plan
Galicia Saudable incorpora
tamén no seu programa de "Urbanismo, medio ambiente e
mobilidade para fomentar a actividade física" unha serie de
medidas de fomento da mobilidade sostible.
O incremento da mobilidade
ciclista non só
xera beneficios desde o punto de vista da saúde
ou da redución da
contaminación e da súa evidente contribución ao desenvolvemento
sostible das nosas cidades e vilas, senón que tamén
é rendible desde o punto de vista económico
, tanto para as economías familiares como para as contas das
administracións públicas, fundamentalmente polo
aforro no mantemento de vías
que a redución do tráfico a motor implica e
pola promoción de novos sectores económicos, sobre todo vencellados
ao turismo, que a
mobilidade sostible fomenta dun xeito induvidable.
Nesta liña, a
Mesa Nacional pola Bicicleta apunta xa nun estudo do ano 2014
a necesidade de explotar o
“filón” económico do clicoturismo
europeo. Tal e como se sinala nese documento o modelo turístico
actual, sendo vital para a economía española, ten síntomas de
tocar fondo, polo que se precisan novas fontes de turismo e o
cicloturismo é unha das que máis está a medrar nos países
europeos.
Suíza, Alemaña e Francia son
os líderes no ránking mundial de competitividade turística e son
dos que máis apostan polo cicloturismo en todo o mundo. Entre 2008 e
2010 en Francia o
cicloturismo creou
16.500 empregos directos e xerou dous mil millóns de euros anuais,
atraendo a un
millón de turistas estranxeiros dispostos a montar en bicicleta.
Pola súa parte, o sector turístico alemán acadou unha cifra de
negocio de 9.000 millóns de euros en 2009 cos cicloturistas. E en
Suíza, o primeiro
investimento de 10 millóns de euros (1998) para facer a rede
nacional de nove
rutas ciclistas amortizouse sobradamente en 2002, con 240 millóns de
ingresos por turismo ciclista; é dicir, en
4 anos conseguiuse superar 24 veces o investimento primario.
A nivel europeo estase a
implementar a rede
EUROVELO de rutas cicloturistas,
con vías previstas en España que se atopan estancadas, pendentes da
implicación institucional para o seu desenvolvemento. Recentemente
foi aprobada a ruta Eurovelo atlántica por toda a costa portuguesa
ata a fronteira con Galicia en Caminha-A Guarda. Este feito
representa unha oportunidade
para estender
esta ruta pola costa galega,
articulando unha vía
principal de comunicación pedestre e ciclista entre municipios e
comarcas que logo
permita a través dela a creación dunha
rede local de vías de comunicación pedestres e ciclistas,
aptas para a mellora da mobilidade parroquial, municipal
e intermunicipal e
o achegamento do cicloturismo como fonte de desenvolvemento do medio
rural.
En España, o único exemplo a
gran escala deste tipo de turismo son as Illas Baleares, pero
centrado só no ciclismo deportivo, non no de viaxe familiar ou de
alforxa (o más habitual é o que máis ingresos xera no resto de
Europa), dado que os ciclistas deportivos son os únicos dispostos a
usar o casco obrigatorio en España en vías interurbanas, unha das
maiores disuasións para os cicloturistas de viaxe vindos doutros
países europeos, que non están dispostos a asumir, e nin sequera
entenden, unha medida estraña no resto do contexto normativo
europeo. Aínda así, a afluencia de ciclodeportistas en Baleares é
de 90.000 por ano, o que xera máis de 64 millóns de euros de
ingresos, segundo o goberno balear.
Galicia e, particularmente a
provincia de Pontevedra, non son alleas a esta realidade, tanto no
que ten que ver coa necesidade
de incentivar a mobilidade ciclista nos desprazamentos
ordinarios dos
nosos veciños e veciñas, como na
oportunidade económica e
de desenvolvemento
que suporía para os nosos concellos unha aposta decidida polo
cicloturismo.
Neste
senso, as Asociacións
Pedaladas de
Pontevedra, A Golpe
de Pedal de Vigo e
Arousa
en
Bici de Vilagarcía
de Arousa, veñen
reivindicando dende
hai anos
infraestruturas de interconexión ciclista entre
os concellos do entorno dos principais núcleos poboacionais da
provincia, como
son as cidades de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía e as súas comarcas,
que de facerse realidade permitirán a mobilidade laboral, de
ocio..., fomentarán o deporte e serán o primeiro paso para crear un
novo atractivo turístico que permita xerar actividade económica e
emprego na comarca, tanto no entorno urbano como no rural.
O problema fundamental para a
creación destas infraestructuras non é o seu custe, pois en moitas
ocasións trátase simplemente de sinalizar
ou adaptar vías previamente existentes,
e, en todo caso, son custes
realmente pequenos en comparación coa construcción de
infraestructuras
destinadas á mobilidade a motor. O
problema realmente complexo é que
estamos a falar de
vías supramunicipais, é dicir, de infraestruturas que para a súa
materialización requiren da necesaria
coordinación e colaboración entre
os catro niveis de administracións competentes nos diferentes
treitos: concellos,
Deputación Provincial, Xunta de
Galicia e Goberno de
España.
Polo
tanto a nosa asociación Pedaladas e moitas outras vencelladas a
bicicleta solicítanlle que no seu programa electoral como candidato
a presidir a Xunta de Galiza que inclúa os seguintes compromisos:
PRIMEIRO:
A fin de fomentar a mobilidade ciclista e o cicloturismo, instar ás
diferentes
administracións
competentes (concellos, Deputación Provincial de Pontevedra, Xunta
de Galicia e Goberno de España) a:
-
Establecer vías ciclistas
seguras que fomenten a mobilidade sostible entre concellos e
permitan explotar o turismo en bicicleta.
-
Solicitar e impulsar a
extensión da rede Eurovelo e Vías Verdes en Galicia como vías
primarias de comunicación ciclista e cicloturista.
-
Incorporar aparcadoiros para
bicicletas nos lugares de interese turístico das vías ciclistas e
en equipamentos públicos.
-
Coordinar
as accións para o fomento das vías ciclistas con todas as
administración implicadas.
SEGUNDO:
a crear MESA GALEGA
POLA MOBILIDADE CICLISTA,
na que, ademais
do Goberno da Xunta,
estean representados os diferentes concellos, as
deputacións, o Goberno
de España, a Dirección Xeral de Tráfico, as asociacións e clubes
ciclistas e a Federación de Ciclismo.
A Mesa reunirase, polo menos,
dúas veces ao ano para avaliar a seguridade viaria ciclista e
plantexar proxectos de cooperación que permitan crear novas
infraestruturas nesta materia.
Dentro da mesa autonómica
crear un grupo de traballo para a elaboración e coordinación de
propostas de desenvolvemento dunha rede autonómica de vías
ciclistas.
TERCEIRO: Instar
aos
Gobernos
Municipais,
ás
Deputacións
Provinciais,
á Xunta de Galicia
e ao Goberno de España, a habilitar nas súas respectivas páxinas
web e/ou redes sociais un espazo de comunicación permanente que
permita aos usuarios da bicicleta notificar problemas de seguridade
na súa rede de estradas.
CUARTO: Á
marxe da constitución da Mesa Autonómica
pola Mobilidade Ciclista e dos resultados que
dela se deriven, co
obxectivo de atacar desde xa os problema de seguridade viaria,
ínstase ás referidas administracións a:
-
Mellorar a seguridade viaria
facendo beiravía transitable nas estradas con velocidades
superiores a 50km/h con alta densidade de tráfico.
-
Delimitar as travesías coa
sinalización obrigatoria e situar medidas de calmado de tráfico
para facer efectiva a limitación de velocidade.
-
Non permitir os
estacionamentos irregulares fóra de travesías ou poboado, xa que
coloca ao ciclista nunha situación de risco innecesario.
-
Sinalizar a presencia de
ciclistas nas vías de alta afluencia dos mesmos coa lenda de
distancia mínima lateral no adiantamento de 1,5 m.
-
Axustar as velocidades
primando os modos de desprazamento ciclista e peonil, adoptando a
zona 30 nos núcleos poboados, 50km/h como máximo onde se permita o
aparcamento.
Señor
Alberto Nuñez Feijoo reciba un cordial saúdo do secretario da
Asociación Pedaladas e agardamos que teña en consideración a nosa
petición. A asociación Pedaladas queda a súa disposición para
todo o que poda precisar en relación coa mobilidade
sostible.
Secretario da asociación Pedaladas.
Enrique
Pérez Fernández.