O Concello de Pontevedra acaba de dar a coñecer o proxecto de creación dunha nova zoa deportiva na cidade. Na rúa 12 de Novembro vaise crear un espazo polideportivo e de ocio na parcela cedida por Adif sobre as vías do tren.
O detalles do proxecto podelos consultar aquí, na fonte orixinal.
O eixo de comunicación entre áreas de ocio. O primeiro carril bici que vertebre a cidade.No plan de mobilidade ciclista da Asociación Pedaladas, presentado fai 9 meses, identificábase como prioritario un carril bici que comunique as dúas grandes áreas de ocio e mobilidade da cidade, o carril bici do Lérez e a Senda do Gafos.
Este eixo de comunicación ciclista ten moita importancia porque é unha ruta habitual de universitarios que se desprazan das estacións de autobús e tren, a parte de coincidir cunha ruta de ocio para familias e ciclistas novatos xa que permite ir da Senda dos Gafos á praia fluvial e a senda do Lérez.
Este eixo ten problemas de seguridade viaria nas rúas Xosé Malvar e 12 de Novembro porque ao ser en costa os ciclistas perden moita velocidade e prodúcense situacións de violencia viaria e acoso por parte dalgúns condutores de vehículo a motor sobre os ciclistas pouco experimentados. Proba délo é que unha boa parte dos ciclistas deciden transitar nestas rúas polas beirarrúas.
O que lle vai pedir Pedaladas ao Concello de Pontevedra.
A petición da asociación vai ser que complete cun carril bici de dobre sentido desde a Ponte dos tirantes ata este novo espazo e que complete a ruta ata as estacións de bus e tren.
A nosa asociación aposta firmemente pola presencia da bicicleta na calzada xa que contamos con zona 30 en toda a cidade pero sabemos que os novatos e as familias con nenos teñen dificultades para desprazarse entre os vehículos a motor polo que este carril bici sería unha boa oportunidade de promoción da bicicleta, nun lugar onde ata os máis experimentados ciclistas teñen dificultades pola alta densidade de vehículos a motor e a costa pronunciada que ten Xosé Malvar.
Suxestións ao proxecto do Concello.
- Ancho mínimo de 5m no paseo ciclista e peonil compartido.
Parte dos problemas de convivencia que se dan entre ciclistas e peóns débense moitas veces a falta de espazo. Unha senda mixta con pouca sección e con moitos usuarios sería problemática se non conta con sección suficiente.
- Os pasos de peóns da rúa Estrada deben ter un paso ciclista.
No plano da presentación vense só pasos de peóns polo que o paso dos ciclistas montados na bicicleta estaría prohibido polo que no proxecto débense incorporar pasos ciclistas ou sinalización de rúa residencial.
- Aparca bicis sobre a pasarela.
Non existen aparcabicis na rúa Estrada, 12 de Novembro, na Pasarela, Santa Teresa de Jesus Jornet... en toda a mazá non existe ningún aparcadoiro seguro para bicicletas.
- Aumentar a seguridade en 12 de Novembro.
É lóxico prever un aumento de nenos en bicicleta nesta rúa ao construírse un skatepark e equipamentos deportivos polo que aconsellamos incrementar as medidas de calmado de tráfico na rúa 12 de Novembro e limitar a 20km/h a velocidade neste tramo igual que nas proximidades dos colexios da cidade.
- Mellorar os pasos de peóns en 12 de Novembro. Eliminación de semáforos e aumento do numero de pasos de peóns.
Nesta rúa é habitual que os peóns non respecten os semáforos xa que teñen que esperar 90s para dispoñer de tan so 20s para cruzar. Nós somos partidarios da eliminación destes semáforos xa que os pasos de peóns contan con paso sobre elevado e zoa 30. Eliminar os semáforos melloraría o tránsito peonil nesta rúa igual que o fixo a eliminación dos semáforos na Avd das Corbaceiras e Uruguay mellorando o paso de vehículos a motor e peóns.
Más Páginas
Leyendo desde el manillar
- Pedaladas. Asociación por la defensa y promoción de la bici.
- Facebook de Masa Crítica Pontevedra
- Blog da Asociación de Ciclistas Galegos (ASCIGA)
- ConBici. Coordinadora en defensa de la bici
- Acera peatonal. Porque todos somos peatones
- Ciudad ciclista. Página con enlaces más que interesantes
- I.M.B.A. España
- Dos pedales mil Caminos. Diario de las rutas de este compañero por el entorno de nuestra ciudad
Entradas populares
-
Grazas por multarme. -Cuadriplicase o numero de ciclistas denunciados con respecto a media dos últimos 4 anos. -Un total de 183 foron...
-
Nós como sempre non inventamos nada, o que facemos e copiar o que leva décadas funcionando e moitos lugares de Europa. Aquí tedes u...
-
Do 16 ao 22 de Setembro é a Semana Europea da mobilidade. Este ano baixo o lema "Mobilidade intelixente, Economía forte."...
Archivo del blog
Etiquetas
pontevedra
(10)
masas
(9)
ciclismo urbano
(6)
masa critica
(5)
cicloactivismo
(4)
mesa pola bici
(4)
mobilidade
(4)
bicis
(2)
ciclistas
(2)
día da bicicleta
(2)
masa critica galega
(2)
pedalada
(2)
somos trafico
(1)
Seguidores de Google
Con la tecnología de Blogger.
No Response to "A nova Pasarela. O eixo de comunicación entre áreas de lecer da cidade."
Publicar un comentario