lunes, 22 de junio de 2015 0 comentarios

4º Aniversario Masa Crítica Pontevedra

Masa Critica celebra o seu cuarto aniversario coa xa habitual saída do ultimo xoves de cada mes.

 O colectivo Masa critica aproveita este cuarto aniversario para pedir a tódolos usuarios da vía respecto ás normas de tráfico así como lembrar os falecidos na PO-11 Manuel Mesías e Cristóbal Hermida e incidir en que o colectivo ciclista segue esperando pola vía segura entre Pontevedra e Marín para peóns e ciclistas.

A ruta que transcorrerá polas rúas da cidade e terá unha parada na Rotonda de Malvar onde se atopa o monumento os ciclistas falecidos para facer un pequeno acto de lembranza.
Trae a túa bicicleta e a túa propia pancarta reivindicativa.

Usa a bicicleta tódolos días, celébrao unha vez o mes



No Response to "4º Aniversario Masa Crítica Pontevedra"

Publicar un comentario