lunes, 6 de abril de 2015 0 comentarios

Pedalada/Homenaxe

O vindeiro día 12 de abril o colectivo Masa Crítica Pontevedra, a asociación Pedaladas e o Concello de Pontevedra organizan, coa colaboración do Concello de Marín, unha homenaxe ós ciclistas falecidos na PO-11(mal chamada Autovía de Marín),  Manuel Mesías Barros e Cristóbal Hermida.  

O acto consistirá nunha pedalada popular que sairá da praza de España ás 11:30 percorrendo as rúas de Pontevedra, a PO-11 ata Os Praceres e voltando ata a cidade onde se fará unha  homenaxe e se inaugurará un monumento en recordo dos ciclistas falecidos.

Dende Marín os ciclistas se concentrarán a partires das 11:30 diante da escola Naval para achegarse, nun percorrido común que comezará ás 12, pola avenida de Ourense ata o punto de encontro na PO-11 á altura dos placeres ás 12.15

Dende a organización querémosvos invitar a participar.



Podedes vir à Pedalada popular de Pontevedra que ten o seguinte horario:
  • 11:00 Concentración na praza de España.
  • 11:30 Saída polas rúas da cidade.
  • 11:45 Ruta pola PO-12 cara a Marín
  • 12.15 Confluencia cos ciclistas provintes de Marín e o Morrazo na PO-11 á altura da igrexa dos Praceres
  • 12:30 Acto homenaxe na PO12 (rotonda de Malvar Pontevedra)
  • 13:00 a 14:00 a PO-11 continuará pechada o tráfico para uso de ciclistas

Ou podedes saír co voso club e participar no acto homenaxe ás 12:30.
Se vides co voso club ou peña ciclista para a homenaxe podedes entrar na PO-11 dende Marín ou Pontevedra no tramo pechado o tráfico dende ás 11:30. Agradeceriamos que  enviásedes un correo a masacriticapontevedra@gmail.com co voso orixe e numero de participantes para ter un pequeno censo para avisar a  DXT.

Se vides co voso vehículo tedes unha zona de aparcamento moi próxima o acto na PO-12 ou no porto de Pontevedra e un paseo para peóns a veira da ria hasta o lugar do acto homenaxe as 12:30.
Plano de situación do lugar da homenaxe:
Captura de pantalla de 2015-03-24 13:39:36.png

Dende o colectivo Masa Crítica Pontevedra e a asociación Pedaladas traballamos para levar adiante esta homenaxe para as familias dos falecidos e coma un esforzo por mellorar as condicións de seguridade dos ciclistas.

Estamos a recabar o apoio dos
clubs e da Federación Galega de ciclismo para facer visible o colectivo ciclista a fin de facer que as administracións e a DXT melloren as infraestruturas e se nos teña en conta cando se fai planificación viaria.

Estamos en conversas co
concello de Pontevedra, co concello de Marín e coa Deputación para levar adiante de unha vez unha conexión Pontevedra Marín sen riscos para peóns e ciclistas para non engadir máis vítimas a esta vía.

O colectivo ciclista non debe asumir que son aceptables as situacións que se dan na estrada. Non e aceptable que a nosa vida se poña en risco por facer uso dun vehículo sostible, ecolóxico e saudable. Cada morte dun compañeiro é unha traxedia para a familia, os amigos e compañeiros de estrada que non debemos tolerar e por iso e importante xuntarnos e esixir responsabilidade a administración,  esforzo na obriga do cumprimento das normas a DXT e respecto a tódolos usuarios da vía.

Esperamos contar coa vosa participación na homenaxe o dia 12 de Abril en Pontevedra. 


Un saúdo desde Masa Crítica Pontevedra e a asociación Pedaladas.




No Response to "Pedalada/Homenaxe"

Publicar un comentario