Unha vez máis os ciclistas nos voltaremos a xuntar na praza da Peregrina para dar unha volta polas rúas da cidade. Se tes unha bicicleta e queres sumarte só tes que collela e comezar a pedalar. Sáiremos ás 21:00.
Unha aperta.


Más Páginas
Leyendo desde el manillar
- Pedaladas. Asociación por la defensa y promoción de la bici.
- Facebook de Masa Crítica Pontevedra
- Blog da Asociación de Ciclistas Galegos (ASCIGA)
- ConBici. Coordinadora en defensa de la bici
- Acera peatonal. Porque todos somos peatones
- Ciudad ciclista. Página con enlaces más que interesantes
- I.M.B.A. España
- Dos pedales mil Caminos. Diario de las rutas de este compañero por el entorno de nuestra ciudad
Entradas populares
-
Grazas por multarme. -Cuadriplicase o numero de ciclistas denunciados con respecto a media dos últimos 4 anos. -Un total de 183 foron...
-
Nós como sempre non inventamos nada, o que facemos e copiar o que leva décadas funcionando e moitos lugares de Europa. Aquí tedes u...
-
Do 16 ao 22 de Setembro é a Semana Europea da mobilidade. Este ano baixo o lema "Mobilidade intelixente, Economía forte."...
Archivo del blog
-
►
2016
(48)
- ► septiembre (6)
-
▼
2015
(17)
- ► septiembre (1)
-
►
2014
(14)
- ► septiembre (1)
-
►
2013
(22)
- ► septiembre (1)
Etiquetas
pontevedra
(10)
masas
(9)
ciclismo urbano
(6)
masa critica
(5)
cicloactivismo
(4)
mesa pola bici
(4)
mobilidade
(4)
bicis
(2)
ciclistas
(2)
día da bicicleta
(2)
masa critica galega
(2)
pedalada
(2)
somos trafico
(1)
Seguidores de Google
Con la tecnología de Blogger.
Formulario de contacto
O
vindeiro día 12 de abril o colectivo Masa Crítica Pontevedra, a
asociación Pedaladas e o Concello de Pontevedra organizan, coa
colaboración do Concello de Marín,
unha homenaxe ós ciclistas falecidos na PO-11(mal chamada Autovía
de Marín), Manuel
Mesías Barros e Cristóbal Hermida.
Dende Marín os ciclistas se concentrarán a partires das 11:30 diante da escola Naval para achegarse, nun percorrido común que comezará ás 12, pola avenida de Ourense ata o punto de encontro na PO-11 á altura dos placeres ás 12.15
Dende a organización querémosvos invitar a participar.
Podedes
vir à Pedalada
popular de Pontevedra
que
ten o seguinte horario:
- 11:00 Concentración na praza de España.
- 11:30 Saída polas rúas da cidade.
- 11:45 Ruta pola PO-12 cara a Marín
- 12.15 Confluencia cos ciclistas provintes de Marín e o Morrazo na PO-11 á altura da igrexa dos Praceres
- 12:30 Acto homenaxe na PO12 (rotonda de Malvar Pontevedra)
- 13:00 a 14:00 a PO-11 continuará pechada o tráfico para uso de ciclistas
Ou podedes saír co voso club e participar no acto homenaxe ás 12:30.
Se vides co voso club ou peña ciclista para a homenaxe podedes entrar na PO-11 dende Marín ou Pontevedra no tramo pechado o tráfico dende ás 11:30. Agradeceriamos que enviásedes un correo a masacriticapontevedra@gmail.com co voso orixe e numero de participantes para ter un pequeno censo para avisar a DXT.
Se
vides co voso vehículo
tedes
unha zona de aparcamento moi próxima o acto na PO-12 ou no porto de
Pontevedra e un paseo para peóns a veira da ria hasta o lugar do
acto homenaxe as 12:30.
Plano
de situación do lugar da homenaxe:
Dende o colectivo Masa Crítica Pontevedra e a asociación Pedaladas traballamos para levar adiante esta homenaxe para as familias dos falecidos e coma un esforzo por mellorar as condicións de seguridade dos ciclistas.
Estamos a recabar o apoio dos clubs e da Federación Galega de ciclismo para facer visible o colectivo ciclista a fin de facer que as administracións e a DXT melloren as infraestruturas e se nos teña en conta cando se fai planificación viaria.
Estamos en conversas co concello de Pontevedra, co concello de Marín e coa Deputación para levar adiante de unha vez unha conexión Pontevedra Marín sen riscos para peóns e ciclistas para non engadir máis vítimas a esta vía.
O colectivo ciclista non debe asumir que son aceptables as situacións que se dan na estrada. Non e aceptable que a nosa vida se poña en risco por facer uso dun vehículo sostible, ecolóxico e saudable. Cada morte dun compañeiro é unha traxedia para a familia, os amigos e compañeiros de estrada que non debemos tolerar e por iso e importante xuntarnos e esixir responsabilidade a administración, esforzo na obriga do cumprimento das normas a DXT e respecto a tódolos usuarios da vía.
Esperamos contar coa vosa participación na homenaxe o dia 12 de Abril en Pontevedra.
Un saúdo desde Masa Crítica Pontevedra e a asociación Pedaladas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)