lunes, 26 de diciembre de 2011 Tags: 1 comentarios

Masa Crítica de Nadal



Ola a tod@s e felices festas. Como xa é habitual, este Xoves 29 moit@s dos ciclousuari@s de Pontevedra nos xuntaremos na praza da Peregrina para realizar un percorrido común pola nosa cidade.


Nesta ocasión ao bo ambiente que reina sempre na Masa Crítica, súmase a celebración da primeira Masa Crítica de Nadal da nosa cidade, así que os que queirades vir coa roupa de pastorciños, papa noeis, reis magos, apalpadores ou calquera outra figura destas datas...adiante. E os que simplemente queirades dar unha volta na bici e pasar un bo rato pedaleando e rindo con mais biciurbanitas, non o dubidedes e achegádevos ás 20:00 pola praza.


Recordade, non bloqueamos o tráfico, somos o tráfico, e en datas coma estas animamos tamén ás familias a que desfruten cos seus nenos da cabalgata ciclista da cidade do Lerez.


Un saúdo

1 Response to Masa Crítica de Nadal

Anónimo
29 de diciembre de 2011, 11:44

Eu vou.

Fdo. Dunia

Publicar un comentario