Reunión previa Masa Crítca e Bicifestación Vigo

Ola compañeir@s, ante a inminencia da Masa Critica Pontevedra (29/09) e a Masa Crítica Galega (30/09 e 1,2/10), sería interesante que concretásemos unha reunión con tódolos que puidesemos para coordinarnos, e tamén para ir poñendo data ó curso de mecánica básica e a algunha cousiña máis. Para calquera suxerencia podedes publicar comentario aquí,  no noso correo, masacriticapontevedra@gmail.com  , ou no grupo do facebook: Masa Crítica Pontevedra. A colaboración de todos é imprescindibel, non dubidedes en comentar calqueira idea que teñades.

Por outra banda, comentarvos que este Domingo, 25/09, terá lugar en Vigo a bicifestación que convoca A Golpe de Pedal, algúns dos compañeiros de Coruña queren chegar á mesma facendo o percorrido dende Pontevedra, e invitannos a sumarnos a eles. A continuación póñovos a informacion da bicifestación e link a páxinas nas que podedes conquerir máis información:


Manifestación 25 setembro

A bici é saúde, é mobilidade sostíbel, é futuro 



Reivindicamos: 

1. Revalorización social da bicicleta como medio de transporte e non exclusivamente para a práctica deportiva ou de ocio; 

2. Discriminación positiva da bici respecto aos medios motorizados: ademais de presentar unha maior eficiencia enerxética, a bici non xera contaminación acústica nin atmosférica contribuíndo cara unha cidade máis limpa e agradable; 

3. Intermodalidade, creando as condicións que permitan o uso combinado da bici co transporte colectivo; 

4. Pacificación do tráfego, mediante a progresiva redución da velocidade en todo o casco urbano máxima e un maior control do cumprimento das normas de circulación, de modo a garantir a seguranza de tódolas utilizadoras das vías públicas; 

5. Convocatoria da Comisión da Bicicleta, constituída no pleno do concello do día 25 de Abril de 2005 mais que non se reúne dende o 2006, para a redacción e aprobación dun Plan Director da Bicicleta. 

6. Promoción da bicicleta, desenvolvendo actividades lúdico-deportivas destinadas a estimular o seu uso dende a infancia 



PERCORRIDO: SAÍDA 11:00 horas, Parque de Castrelos

Saída: Parque de Castrelos, Avenida de Castrelos, Travesas, Camelias, Álvaro Cunqueiro, Camelias, Venezuela, Pizarro, Travesía de Vigo, Avda. Buenos Aires, Sanjurjo Badía, Rúa Enrique Lorenzo, Avda. de Guixar, Rúa de Xulián Estévez, García Barbón, Policarpo Sanz, Elduayen, Pi y Margall, López Mora, Praza de América (circunvalación da rotonda), Camelias e chegada é Praza da Independencia. 

A bici é cultura. Vívea!

Para mover en Twitter http://twitter.com/#!/agdpvigo/status/110045344812900353/photo/1 

1 Response to Reunión previa Masa Crítca e Bicifestación Vigo

Anónimo
21 de septiembre de 2011, 20:59

Esta manifestación está convocada por Verdegaia e A Golpe De Pedal Vigo

Publicar un comentario