martes, 23 de febrero de 2016 0 comentarios

57 Masa Crítica

Xa chega o último xoves de mes e con él a Masa crítica. A última deste inverno escaso, porque si ben é certo que cando choveu o fixo a reo, o inverno en sí tardou en chegar e gozamos de máis días con temperaturas primaveráis que propias da estación na que nos atopamos. Son os síntomas do quencemento global que non augura nada bo para os terrícolas.
Dende Masa crítica Pontevedra seguimos coa festa mensual da bici e non esquecemos que este medio de transporte é unha ferramenta esencial na loita contra o Cambio Climático. Así que xa sabes, se te preocupa o futuro do planeta e os seres que o habitan, usa a bici tódolos días e ven a celebralo unha vez ó mes na Masa Crítica. Sairémos ás 20:00 deste xoves 25 dende a praza da Peregrina.
Xa sabes: Coidas do planeta se usas a bicicleta.
Un saúdo a tod@s

martes, 26 de enero de 2016 0 comentarios

56 Masa Crítica

Como xa ven sendo habitual, este Xoves 28 (último do mes), @s usuri@s de bicicleta de Pontevedra que poidamos xuntarémonos ás 20:00 na Peregrina para dar unha volta polas rúas da nosa cidade.

Seguro que o pasaremos ben pedaleando en grupo mentres demostramos que outra movilidade máis racional, saudable e ecolóxica é posibel.

Anima os teus amigos a participar na festa mensual da bicicleta!!.

Un saúdo a tod@s!!!

lunes, 28 de diciembre de 2015 0 comentarios

Nova data na Masa crítica de Nadal

A Masa Crítica de Pontevedra rompe a sua tradición de celebrarse o último xoves de mes, e neste mes de Nadal se celebrará o mércores 30 para evitar a coincidencia co fin de ano.

O horario mantense, ás 20:00 horas nos xuntaremos na praza da Peregrina para a continuación dar un divertido paseo en bicicleta polas rúas de Pontevedra.

Animamos a tódolos pontevedreses a coller as súas bicis e asistir cos nenos a este paseo, así como a vestirse para a ocasión e vir a pasar un agradable rato na Masa Crítica de Nadal.

Un saúdo a tod@s.

miércoles, 25 de noviembre de 2015 0 comentarios

54 Masa Crítica

Queres dar unha agradable voltiña en bici polas rúas da cidade de Pontevedra. Súmate á Masa Crítica de Pontevedra. Sairemos dende a praza da Peregrina ás 20:00 deste xoves 26 de Novembro. 

Non esquezas as túas luces e lembra que coidas o planeta o desplazarte en bicicleta!!

Un saúdo a tod@s.