O vindeiro día 17 de Xullo ás 12:00 na Praza de España de
Pontevedra a Asociación Pedaladas convoca unha Manifestación co
lema: “Imos á praia en bici” co obxectivo de reivindicar unha
vía segura para as persoas de toda capacidade física e idade, unha
vía ciclista que permita unha conexión entre Pontevedra, Marín e
Aguete segura, cómoda e sostible.
Participantes:
A convocatoria non é aberta ao publico senón que hai que inscribirse para participar. Gustaríanos facer unha convocatoria aberta pero a nosa asociación non pode garantir a seguridade dos participantes co trazado actual nin consideramos seguro o regreso desde Portocelo para os participantes mentres non exista a vía ciclista que demandamos. Polo tanto o acto queda reducido aos nosos asociados e aos simpatizantes inscritos, cun máximo de 50 participantes xa que entendemos que polas datas nas que estamos unha convocatoria aberta con actividades engadidas tería tantos participantes que complicaría o acceso ás praias porque a estrada de acceso a Portocelo só ten un carril para o tráfico rodado.
Percorrido:

A ruta será Plaza España, rúa Marqués Riestra, rúa Augusto
Gonzalez Besada, Praza de Galicia, Av Xeneral Antero Rubín, Rúa dos
Gagos de Mendoza, Rúa Rosalía de Castro e PO-546 no Concello
Pontevedra. Rúa Avelino Montero, PO-11 (tramo permitido a ciclistas)
Av de Marín, PO-551, Rúa Tiro Naval (PO-551) e a Vía ciclista ata
Portocelo no concello de Marín. O percorrido farase a uns 20km/h e
terá unha duración duns 30 minutos aproximadamente. O retorno desde
Portocelo é aberto. Os nosos asociados faran unha parada na Praia de
Portocelo na que se lerá un pequeno manifesto. Pola tarde os socios
de Pedaladas continuaran pola senda Azul da costa ata a Lapaman para
demostrar que coordinando as obras que levan a cabo as
administracións, neste caso Costas, pódense completar percorridos
moi atractivos e seguros para persoas de toda condición.
Petición:
Os usuarios de bicicleta solicitamos ao Ministerio de
Fomento, ao Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
así como o Concello de Marín e a Xunta de Galicia, titulares e
responsables das vías entre Pontevedra, Marín e Aguete, que
completen un itinerario ciclista e peonil que permita comunicar os
concellos de Pontevedra, Marín e as praias de Portocelo, Mogor e
Aguete dunha forma segura e cómoda para que persoas de todas as
idades e condicións poidan facer uso desta vía ciclista
como elemento de mobilidade, ocio e deporte ademais de
dar lugar a un novo atractivo turístico na comarca de
Pontevedra.
Este itinerario ciclista é unha oportunidade para establecer unha gran vía ciclista na provincia que chegue ata o espazo protexido Cabo Udra dando unha ruta de gran interese turístico capaz de dinamizar a zona e ser un xerador de emprego turístico desestacionado similar aos existentes en Alemania, Holanda, Italia, Francia… ou ás vías verdes existentes en España.
Por elo insistimos en instar as administracións a facer posible esta vía ciclista tan demanda entre os cidadáns que depende exclusivamente da vontade e valentía política para ser acometida.

Reunión co conselleiro de Deportes de Marín, Antonio Traba.
Hoxe día 13/07/16 ás 13:00 reunímonos co conselleiro de deportes
de Marín, Antonio Traba, para comunicarlle oficialmente e en persoa
a nosa petición da vía ciclista entre Pontevedra, Marín e Aguete.
Durante a reunión a asociación Pedaladas comprometeuse a facilitar
unha proposta nos próximos días de intervención desde a escola
naval ata a praia de Aguete aproveitando a maior parte do trazado xa
existente de carril bici e compatibilizando o máximo posible o paso
de vehículos a motor, o estacionamento, o espazo peonil e un senda
mixta ciclista e peonil que mellore a seguridade viaria e permita
levar a termo a ansiada ruta ciclista entre Pontevedra, Marín e
Aguete.
Consideramos este un paso importe para conseguir convencer ao concello de Marín da importancia e viabilidade desta vía ciclista coa que temos un forte compromiso sabedores das posibilidades de mobilidade, ocio e turismo que poden crear para toda a comarca.

No Response to "Imos á praia en Bici. Reivindicación da vía ciclista Pontevedra, Marín e Aguete."
Publicar un comentario