Non é un segredo que España non é un país que teña en conta a bicicleta como elemento de mobilidade. Ata fai ven pouco se consideraba unha molestia a erradicar por parte das administracións a presencia de ciclistas en gran parte da rede viaria procurando apartalos aos itinerarios con moi pouca presencia de vehículos. Isto parte da consideración da bicicleta como un elemento alleo ao tráfico e aos ciclistas de mobilidade como cidadáns de segunda categoría ou pobres.
A lexislación centrouse nun tipo de uso da bicicleta, a utilización deportiva, así fomentouse o uso da mesma en grupo, permitiuse que nas baixadas se use a propia calzada, superar os 45km/h nas baixadas e se permitiu desprazarse en paralelo co obxectivo claro de favorecer aos clubs ciclistas e grandes grupos de ciclistas.
http://ultimahora.es |
Holanda é un dos baluartes desta forma de entender a bicicleta non deportiva creando unha rede de carrís bici de uso obrigatorio, de gran calidade con todas as interseccións e non compartido por peóns.
Nesta tesitura ampliouse o uso da bicicleta dun xeito exponencial ocupando o 31% do total desprazamentos no país e buscando claramente ser un substituto dos desprazamentos en vehículo a motor.
Vehículo non permitido en España |
Desde Holanda podemos traer moitos vehículos que sendo ciclos non están permitidos en España pola normativa obsoleta que temos. Sobre todo os que permiten transportar nenos. Cando se fala de mobilidade sostible o primeiro que se trata son os transporte de persoas xa que utilizar un vehículo de 1.000-1500kg para levar unha carga de 60-80kg nun desprazamento de 4-9km é un absurdo polo que Holanda buscou crear unha rede de camiño escolar a todo centro de estudios que ten para reducir este tráfico que cada maña e medio día colapsa a cidade.
Prohibido, só se pode levar un neno en España |
Hai que entender que estes ciclos non están prohibidos por ser un risco para os nenos senón porque o lexislador español non os quere ter en conta.
Existe unha normativa Europea que obriga a homologar todo vehículo que outro país homologue para o transito neste país pero no referido aos ciclos de transporte de nenos, de varias prazas ou aos remolques de carga o estado Español estase a facer o avión conscientemente.
A lexislación española é a seguinte no referido a carga de persoas é bens:
Carga en remolque:
Este artigo xa elimina por defecto o uso dun remolque de carga, se a bici pesa 18kg a suma do remolque e a carga non pode pasar dos 9kg sen embargo non tempos problema cando a carga vai nas alforxas. Isto é así porque o lexislador fixo un "copia pega" do que pon o regulamento de circulación para os automóbiles.
Transporte de persoas en remolque:
Así clausura o tema dos remolques de transporte de nenos. Aínda que os mesmos se venden nos centros comercias e teñen homologación CE e TÜV. Incluso son máis seguros en certos tipos de accidente con vehículo a motor implicado para o neno.
Cadeiras homologadas:
A lexislación Española leva tres lexislaturas intentando poñerse ao día pero o regulamento obsoleto do 2003 segue vixente con moitas trabas para a mobilidade ciclista que algúns concellos e a Federación de Municipios parchearon con ordenanzas municipais que nalgúns casos foron recortadas polos tribunais por ir contra o regulamento de circulación de 2003.
Para o estado o máis fácil sempre é lexislar antes que inverter, poñer o que quere ser no BOE, o cal nos deixa claro que é o que quere ser España neste momento, un lugar onde a bicicleta esta por detrás do automóbil e onde a primordial é o deporte non a mobilidade persoal.
No Response to "A obsoleta lexislación de circulación para bicicletas"
Publicar un comentario