Fai aproximadamente
un ano anunciouse en plena campaña ás eleccións municipais un
paseo peonil e ciclista que uniría Pontevedra e Marín. Un paseo que
permitiría unha comunicación segura entre as dúas vilas para que os cidadáns puideran facer os seus desprazamentos sen ter que usar
un automóbil, unha infraestrutura que vai máis aló do que é un
novo espazo de lecer.
Pontevedra e Marín son dúas vilas separadas por tan só sete quilómetros e sen desnivel, un traxecto que con unha bicicleta e a ritmo de paseo non leva nin vinte minutos pero que por culpa das infraestruturas non é seguro desprazarse cunha bicicleta.
Neste último ano abríronse múltiples frontes coa mesma temática ciclista, vía acordos plenarios e reivindicacións de asociacións e particulares. Polo camiño pediuse que os camións de ENCE teñan unha vía de servizo e entren pola PO-11 e non pola estrada vella xunto cunha mellora da seguridade viaria desta estrada ou incluso unha cesión desta vía ao Concello de Pontevedra. Polo de agora sen máis percorrido que moitos titulares nos medios de comunicación.
O asunto parece enquistado, as posibilidades para executar unha infraestrutura son moitas e parece que é cuestión de vontade política, máis que de cuestión técnica, hai quen quere continuar o paseo da PO-11 sen tocar os carrís, hai quen quere anular un carril da PO-11, outros queren facer un carril bici na estrada vella, outros din que con modificar a estrada vella con lombos e pasar a velocidade a 30km/h xa chega. As posibilidades son múltiples, o que non se discute é que é preciso conectar Marín e Pontevedra dunha vez de forma segura para ciclistas e peóns.
Cremos que poucas cuestións nestes anos tiveron tantos apoios de tan diferentes actores políticos, non hai un grupo municipal que non teña o seu proxecto para esta infraestrutura. Quizais de aquí veña o atraso dos ministerios de Fomento e Medio Ambiente porque unha obra menor cun presuposto ridículo para os números que manexa a administración non entendemos que escusa pode ter para non estar xa feita.
Desde Pedaladas, como levamos reivindicando esta infraestrutura desde o 2009 e sabemos o desesperadamente lento que é conseguir que unha administración faga algo, incluso estando todos os implicados de acordo; a nosa proposta foi e é facer o máis sinxelo, menos custoso, con menos impacto ao medio e incluso o que parece máis lóxico.
Adaptar a PO-11 ou mal chamada Autovía de Marín ao paso de ciclistas. Esta vía é da rede convencional xa que non é unha autovía. Ten unha utilización moi baixa, segundo os detectores que existen no punto quilométrico 1,8 esta vía normalmente usa o 7% da súa capacidade con picos do 11%. Adaptar a vía só precisaría afectar a un dos catro carrís de circulación e tería un custo mínimo, a execución duraría semanas e podería estar lista para este mesmo verán. Por isto entendemos que é un problema de vontade política.
Esta infraestrutura é primordial xa que permitiría chegar as praias de Marín, ir a facer recados dunha cidade a outra, que os traballadores do Porto que viven en Pontevedra non tiveran que usar o seu automóbil, que os rapaces das dúas cidades gañasen autonomía persoal... moitas vantaxes cuns custos mínimos pero seguimos agardando un pouco de visión e gañas dos que cada vez que hai eleccións piden a nosa confianza.

No Response to "¿Para cando o paseo peonil e ciclista entre Pontevedra e Marín?"
Publicar un comentario