En
Pontevedra respiramos aire moderadamente contaminado.
Sempre
é difícil asegurar algo rotundamente, respiramos aire contaminado
ou non, pois segundo a quen lle fagamos caso está
ben ou causa mortos. Se
usamos o criterio da UE e por extensión de España e da Xunta,
que expoñen nas súas webs, o habitual
é ter
unha calidade do aire “Boa” ou
“Admisible”
na nosa cidade.
A lexislación da UE preocupase moito de non danar as empresas polo que os criterios son sempre políticos e de emprego, adaptando a saúde dos cidadáns ás necesidades das grandes empresas. Isto non sucede coa OMS que o único criterio que lle importa é a saúde pública, polo que fixa uns valores para os contaminantes atmosféricos máis exixentes.
A lexislación da UE preocupase moito de non danar as empresas polo que os criterios son sempre políticos e de emprego, adaptando a saúde dos cidadáns ás necesidades das grandes empresas. Isto non sucede coa OMS que o único criterio que lle importa é a saúde pública, polo que fixa uns valores para os contaminantes atmosféricos máis exixentes.
Entón,o asunto complicase na nosa cidade se lle facemos caso a OMS e non a UE, cos valores da estación de Campolongo do mes de Marzo temos un aprobado raspado en NO2, O3, PM10 e suspendemos en PM2.5 que son moi perigosas para a saúde.
O asunto non é menor, cos criterios da OMS o 95% dos Españois respiramos aire contaminado cunhas consecuencias para a saúde de 19.000 falecidos prematuros ao ano, con enfermidades asociadas como cardiopatía isquémica, accidente cerebro vascular, pneumopatía obstrutiva crónica ou infección aguda das vías respiratorias inferiores e cancro de pulmón. Pero isto só é unha parte, recentes estudos vinculan as partículas máis pequenas dunha micra a problemas cognitivos nos nenos que afectan ao rendemento na escola. Estás partículas non se están a medir nas estacións e proceden dos motores dos nosos automóbiles maioritariamente.
Nunha cidade con cero falecidos por accidente de tráfico tócannos 29 mortos prematuros ao ano e máis incidencias en alérxicos e enfermos crónicos que afectan a súa calidade de vida. O problema é que a contaminación non é perceptible a simple vista polo que non crea a alarma social dun atropelo e queda obviada pola maioría da cidadanía.
Se temos que buscar culpables directos hai que mirar aos grandes emisores de contaminantes, que aínda que cumpren coa lexislación da UE deixan un aire prexudicial segundo o criterio da OMS, os nosos coches, as caldeiras de gas-oil, ENCE, ELNOSA, o tráfico marítimo do porto de Marín. Pero non quedan aí os contaminadores, só hai que acceder a sistema CALIOPE e ver como os días de vento do SUR chega incluso a contaminación de Vigo segundo o modelo matemático de dispersión . A contaminación non entende disto das fronteiras nin de termos municipais, nin se queira de provincias, no último informe de “Ecoloxistas en acción” responsabilizaba os grandes focos de contaminación de levar ao rural Galego niveis de ozono non acordes co seu tráfico rodado ou industria.
Cando
vas nunha bicicleta e paras nun semáforo cunha fila de coches
fumeantes a reflexión sobre a saúde, a calidade de vida e afectar o
próximo aparecen de seguido. Vai sendo hora de responsabilizarnos
dos nosos actos, da nosa saúde e da saúde dos nosos veciños
tomando medidas para
non contaminar.
No Response to "En Pontevedra respiramos aire moderadamente contaminado."
Publicar un comentario