sábado, 3 de septiembre de 2016
Queremos que as políticas de mobilidade muden e que dunha vez se aposte pola mobilidade sostible por iso acabamos de escribirlle aos catro principais candidatos a Xunta de Galicia para que incorporen nos seus programas electorais o seu proxecto de mobilidade sostible.
As cartas a Nuñez Feijoo, Luis Villares, Xoaquín Leiceaga e Ana Pontón xa están enviadas e agardamos que por fin Galicia se una a Holanda, Alemaña, Francia, Belxica, Suecia, Finlandia, Noruega... en apostar pola mobilidade sostible creando infraestrutura e seguridade viaria para que podamos escoller o noso vehículo libremente.
Carta da asociación Pedaladas aos candidatos:
PETICIÓN DE MELLORA DA
MOBILIDADE CICLISTA E SEGURANZA VIARIA NA REDE VIARIA GALEGA
Bos
días Sr Alberto Nuñez Feijoo
Escribímoslle
porque como ben sabe os
compromisos de loita conta o cambio climático recentemente firmados
no tratado de Paris vencella ás administracións á
redución emisións de CO2 para evitar que a final de século a
temperatura suba máis de 2ºC. Unha parte importante desas emisións
débense ao tráfico motorizado pola cal atopar alternativas ao uso
do automóbil nos desprazamentos cotiás e fundamental para cumprir
co compromiso de loita contra o cambio climático.
A
asociación Pedaladas considera que seguir a senda marcada por
países coma Holanda, Suecia, Finlandia, Alemaña, Noruega... de
redución de vehículos motorizados para favorecer a mobilidade
sostible a pé e en bicicleta é o camiño aseitado para unha parte
importante da poboación.
Tal e como indica o “Plan
Director de Mobilidade Alternativa de Galicia”, en fase de borrador
desde o ano 2013, os modos non motorizados de transporte, é dicir
aqueles que non precisan de enerxías producidas por motores senón
que utilizan a enerxía humana directamente, ou a animal, como nos
desprazamentos a pé, ou mediante un instrumento interposto, como a
bicicleta ou os patíns, foron ata hai menos de 150 anos os máis
empregados nos desprazamentos humanos e, particularmente, nos
urbanos.
A mediados do século XIX,
cando Madrid superara os 500.000 habitantes, Nova York, os 750.000,
Paris, o millón, e Londres, os dous millóns, non existían medios
motorizados de transporte e a inmensa maioría das viaxes internas ás
cidades facíanse a pé ou mediante cabalarías. Ata 1950 os cidadáns
europeos movíanse basicamente a pé ou en bicicleta para desprazarse
ao traballo, á escola ou de compras.
A historia demostra, así, que
os modos non
motorizados
puideron resolver e poderían resolver hoxe en día unha gran
proporción dos
desprazamentos internos ás cidades,
mesmo nas máis grandes. Constitúen, polo tanto, unha alternativa
real ao transporte para un amplo abano de distancias e motivos,
presentando ademais vantaxes
evidentes dende o punto de vista
ambiental,
económico, sanitario e social.
En efecto, aínda hoxe en
Europa en torno a un
70% de tódolos desprazamentos urbanos
teñen unha
lonxitude inferior a cinco quilómetros,
mentres unha proporción próxima á
metade percorren
menos de 2 quilómetros. A bicicleta ou o desprazamento a pé son
plenamente competitivos nestas distancias cos medios motorizados,
especialmente co automóbil.
A bicicleta é,
estatisticamente, o medio de transporte urbano máis rápido ata os
7‐8 quilómetros de
distancia, mentres
o camiñar o é ata
os 300‐500 metros,
de acordo ás diversas fontes dispoñibles. Pola súa banda, para
percorrer 2 quilómetros andando precísanse en torno a 20 minutos,
tempo máis que suficiente para percorrer 5 quilómetros en
bicicleta.
Segundo o “Plan Galicia
Saudable 6” as enfermidades crónicas non transmisibles (entre ás
que destacan pola súa incidencia a obesidade, as enfermidades
cardiovasculares e a diabete) constitúen o principal problema de
saúde da poboación galega. Ademais, "o sedentarismo e a
inactividade física están entre as principais causas das
enfermidades crónicas non transmisibles, polo que a promoción dunha
vida activa é un dos piares sobre os que deben asentarse as
estratexias e accións dirixidas á prevención e o control destas
enfermidades". Por este motivo, o
Plan
Galicia Saudable incorpora
tamén no seu programa de "Urbanismo, medio ambiente e
mobilidade para fomentar a actividade física" unha serie de
medidas de fomento da mobilidade sostible.
O incremento da mobilidade
ciclista non só
xera beneficios desde o punto de vista da saúde
ou da redución da
contaminación e da súa evidente contribución ao desenvolvemento
sostible das nosas cidades e vilas, senón que tamén
é rendible desde o punto de vista económico
, tanto para as economías familiares como para as contas das
administracións públicas, fundamentalmente polo
aforro no mantemento de vías
que a redución do tráfico a motor implica e
pola promoción de novos sectores económicos, sobre todo vencellados
ao turismo, que a
mobilidade sostible fomenta dun xeito induvidable.
Nesta liña, a
Mesa Nacional pola Bicicleta apunta xa nun estudo do ano 2014
a necesidade de explotar o
“filón” económico do clicoturismo
europeo. Tal e como se sinala nese documento o modelo turístico
actual, sendo vital para a economía española, ten síntomas de
tocar fondo, polo que se precisan novas fontes de turismo e o
cicloturismo é unha das que máis está a medrar nos países
europeos.
Suíza, Alemaña e Francia son
os líderes no ránking mundial de competitividade turística e son
dos que máis apostan polo cicloturismo en todo o mundo. Entre 2008 e
2010 en Francia o
cicloturismo creou
16.500 empregos directos e xerou dous mil millóns de euros anuais,
atraendo a un
millón de turistas estranxeiros dispostos a montar en bicicleta.
Pola súa parte, o sector turístico alemán acadou unha cifra de
negocio de 9.000 millóns de euros en 2009 cos cicloturistas. E en
Suíza, o primeiro
investimento de 10 millóns de euros (1998) para facer a rede
nacional de nove
rutas ciclistas amortizouse sobradamente en 2002, con 240 millóns de
ingresos por turismo ciclista; é dicir, en
4 anos conseguiuse superar 24 veces o investimento primario.
A nivel europeo estase a
implementar a rede
EUROVELO de rutas cicloturistas,
con vías previstas en España que se atopan estancadas, pendentes da
implicación institucional para o seu desenvolvemento. Recentemente
foi aprobada a ruta Eurovelo atlántica por toda a costa portuguesa
ata a fronteira con Galicia en Caminha-A Guarda. Este feito
representa unha oportunidade
para estender
esta ruta pola costa galega,
articulando unha vía
principal de comunicación pedestre e ciclista entre municipios e
comarcas que logo
permita a través dela a creación dunha
rede local de vías de comunicación pedestres e ciclistas,
aptas para a mellora da mobilidade parroquial, municipal
e intermunicipal e
o achegamento do cicloturismo como fonte de desenvolvemento do medio
rural.
En España, o único exemplo a
gran escala deste tipo de turismo son as Illas Baleares, pero
centrado só no ciclismo deportivo, non no de viaxe familiar ou de
alforxa (o más habitual é o que máis ingresos xera no resto de
Europa), dado que os ciclistas deportivos son os únicos dispostos a
usar o casco obrigatorio en España en vías interurbanas, unha das
maiores disuasións para os cicloturistas de viaxe vindos doutros
países europeos, que non están dispostos a asumir, e nin sequera
entenden, unha medida estraña no resto do contexto normativo
europeo. Aínda así, a afluencia de ciclodeportistas en Baleares é
de 90.000 por ano, o que xera máis de 64 millóns de euros de
ingresos, segundo o goberno balear.
Galicia e, particularmente a
provincia de Pontevedra, non son alleas a esta realidade, tanto no
que ten que ver coa necesidade
de incentivar a mobilidade ciclista nos desprazamentos
ordinarios dos
nosos veciños e veciñas, como na
oportunidade económica e
de desenvolvemento
que suporía para os nosos concellos unha aposta decidida polo
cicloturismo.
Neste
senso, as Asociacións
Pedaladas de
Pontevedra, A Golpe
de Pedal de Vigo e
Arousa
en
Bici de Vilagarcía
de Arousa, veñen
reivindicando dende
hai anos
infraestruturas de interconexión ciclista entre
os concellos do entorno dos principais núcleos poboacionais da
provincia, como
son as cidades de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía e as súas comarcas,
que de facerse realidade permitirán a mobilidade laboral, de
ocio..., fomentarán o deporte e serán o primeiro paso para crear un
novo atractivo turístico que permita xerar actividade económica e
emprego na comarca, tanto no entorno urbano como no rural.
O problema fundamental para a
creación destas infraestructuras non é o seu custe, pois en moitas
ocasións trátase simplemente de sinalizar
ou adaptar vías previamente existentes,
e, en todo caso, son custes
realmente pequenos en comparación coa construcción de
infraestructuras
destinadas á mobilidade a motor. O
problema realmente complexo é que
estamos a falar de
vías supramunicipais, é dicir, de infraestruturas que para a súa
materialización requiren da necesaria
coordinación e colaboración entre
os catro niveis de administracións competentes nos diferentes
treitos: concellos,
Deputación Provincial, Xunta de
Galicia e Goberno de
España.
Polo
tanto a nosa asociación Pedaladas e moitas outras vencelladas a
bicicleta solicítanlle que no seu programa electoral como candidato
a presidir a Xunta de Galiza que inclúa os seguintes compromisos:
PRIMEIRO:
A fin de fomentar a mobilidade ciclista e o cicloturismo, instar ás
diferentes
administracións
competentes (concellos, Deputación Provincial de Pontevedra, Xunta
de Galicia e Goberno de España) a:
-
Establecer vías ciclistas
seguras que fomenten a mobilidade sostible entre concellos e
permitan explotar o turismo en bicicleta.
-
Solicitar e impulsar a
extensión da rede Eurovelo e Vías Verdes en Galicia como vías
primarias de comunicación ciclista e cicloturista.
-
Incorporar aparcadoiros para
bicicletas nos lugares de interese turístico das vías ciclistas e
en equipamentos públicos.
-
Coordinar
as accións para o fomento das vías ciclistas con todas as
administración implicadas.
SEGUNDO:
a crear MESA GALEGA
POLA MOBILIDADE CICLISTA,
na que, ademais
do Goberno da Xunta,
estean representados os diferentes concellos, as
deputacións, o Goberno
de España, a Dirección Xeral de Tráfico, as asociacións e clubes
ciclistas e a Federación de Ciclismo.
A Mesa reunirase, polo menos,
dúas veces ao ano para avaliar a seguridade viaria ciclista e
plantexar proxectos de cooperación que permitan crear novas
infraestruturas nesta materia.
Dentro da mesa autonómica
crear un grupo de traballo para a elaboración e coordinación de
propostas de desenvolvemento dunha rede autonómica de vías
ciclistas.
TERCEIRO: Instar
aos
Gobernos
Municipais,
ás
Deputacións
Provinciais,
á Xunta de Galicia
e ao Goberno de España, a habilitar nas súas respectivas páxinas
web e/ou redes sociais un espazo de comunicación permanente que
permita aos usuarios da bicicleta notificar problemas de seguridade
na súa rede de estradas.
CUARTO: Á
marxe da constitución da Mesa Autonómica
pola Mobilidade Ciclista e dos resultados que
dela se deriven, co
obxectivo de atacar desde xa os problema de seguridade viaria,
ínstase ás referidas administracións a:
-
Mellorar a seguridade viaria
facendo beiravía transitable nas estradas con velocidades
superiores a 50km/h con alta densidade de tráfico.
-
Delimitar as travesías coa
sinalización obrigatoria e situar medidas de calmado de tráfico
para facer efectiva a limitación de velocidade.
-
Non permitir os
estacionamentos irregulares fóra de travesías ou poboado, xa que
coloca ao ciclista nunha situación de risco innecesario.
-
Sinalizar a presencia de
ciclistas nas vías de alta afluencia dos mesmos coa lenda de
distancia mínima lateral no adiantamento de 1,5 m.
-
Axustar as velocidades
primando os modos de desprazamento ciclista e peonil, adoptando a
zona 30 nos núcleos poboados, 50km/h como máximo onde se permita o
aparcamento.
Señor
Alberto Nuñez Feijoo reciba un cordial saúdo do secretario da
Asociación Pedaladas e agardamos que teña en consideración a nosa
petición. A asociación Pedaladas queda a súa disposición para
todo o que poda precisar en relación coa mobilidade
sostible.
Secretario da asociación Pedaladas.
Enrique
Pérez Fernández.
No Response to "Carta Abertas aos candidatos a Xunta"
Publicar un comentario