jueves, 16 de febrero de 2017
Grazas
por multarme.
-Cuadriplicase
o numero de ciclistas denunciados con respecto a media dos últimos 4
anos.
-Un
total de 183 foron sancionados no 2016 pola Xefatura Provincial de
tráfico.
O aumento de denuncias débese ao maior uso da
bicicleta pero tamén a unha petición expresa da Asociación
Pedaladas aos axentes para que aumenten a vixilancia
sobre os mesmos. O datos foron facilitados pola Xefatura Provincial de Tráfico a petición de Pedaladas.
DATOS DA XEFATURA PROVINCIAL DE TRÁFICO
2016:
Total de denuncias formuladas a ciclistas:
183.
Principales motivos:
1º: No utilizar casco (65
denuncias).
2º: Alcohol/Drogas (38 denuncias).
3º:
Circular utilizando auriculares (21 denuncias).
4ª: No
someterse a pruebas de detección de alcohol/drogas (8
denuncias).
5ª: Circular sin luces o reflectantes (6
denuncias).
A Asociación Pedaladas ten como principal prioridade a
seguridade do tráfico, e consideramos a sanción como unha
medida formativa máis. A diferencia doutros colectivos e
particulares, non estamos de acordo con que a sanción sexa
unicamente recaudatoria ou que os axentes estean a caza do infractor,
consideramos que é unha forma de chamar a atención aos condutores
de vehículo sobre as súas responsabilidades e obrigas a hora de
circular pola vía, e como tal, os ciclistas tamén temos obrigas que
cumprir.
Queremos agradecer publicamente o traballo dos axentes do
sub-sector de tráfico de Pontevedra, que están a aumentar a
vixilancia sobre as condutas máis perigosas no uso da bicicleta e
que tamén están a facer un esforzo en sancionar os adiantamentos
perigosos a ciclistas.
Entendemos que aos sancionados pódenlle
estar salvando a vida facendo que na súa próxima saída coa
bicicleta o fagan dunha forma segura para todos. Grazas por
multarme.
Explicación das sancións:
Non
utilizar casco: É obrigatorio en vías inter urbanas usar
o casco para todos os ciclistas. En vías urbanas é obrigatorio para
os menores de 16 anos e aconsellable a todos.
Alcohol e drogas: As
taxas de alcohol son as mesmas que para os condutores de vehículo a
motor. Hai que recordar que no caso dos ciclistas non implica perda
de puntos pero si a mesma sanción económica. NOTA: sempre nos
preguntan o motivo de tantos denunciados por alcohol e drogas, temos
que recordar que hai moitas persoas que non saben que teñen a obriga
de facer un control cando usan una bicicleta igual que no caso do
coche, polo tanto beben e non contan conque nun control os poidan
parar. Tamén dáse o caso de persoas que perderon a licencia de
conducir e cambiaron o coche pola bicicleta.
Circular
usando auriculares: A sanción
é de 200€, é unha actitude perigosa porque elimina o sentido o
oído, importante a hora de ir pola vía pública para os ciclistas.
É perigoso para o propio ciclista que debe auto protexerse dentro do
tráfico.
Non someterse a probas de detección de alcohol/drogas: Igual
que no caso dos vehículos a motor os condutores de bicicleta están
obrigados a someterse as probas de alcoholemia e drogas.
Circular sen luces ou reflíctantes:
Entre a posta do sol e a saída é obrigatorio circular con luces,
se é vía inter urbana tamén é obrigatorio o uso dun chaleco
reflíctante. Isto é especialmente grave, sobre
todo sabendo que hai persoas que conducen vehículo a motor que
incluso de día teñen problemas de visión.
Votamos de menos dous tipos de denuncia nas que
insistiremos aos axentes:
-
Non respectar os semáforos. Esta conduta prodúcese
tanto en cidade como en estrada o cal é especialmente perigoso nas
interseccións.
- Circular en grupo en paralelo máis de dous ciclistas.
Circular en paralelo dous ciclistas é legal e recomendable para ser
máis visibles e reducir o número de adiantamentos perigosos que
sofren os ciclistas. Pero non é legal circular de 3, 4 ou incluso 5
ciclistas no caso dos grupos máis grandes.
Non
consideramos que a sanción económica sexa xusta no caso dos
ciclistas.
España ten pendente adaptar a súa lexislación á bicicleta. Nos
países onde se considera unha prioridade a promoción da bicicleta,
a lexislación diferencia as bicicletas dos vehículos a motor no
pago das sancións económicas, atendendo ao menor risco para a vida
que implica un vehículo que non pasa dos 20kg e sen motor. Nos
países máis ciclistas como son Holanda, Alemania, Bélxica,
Francia, Inglaterra... teñen unhas sancións moito máis económicas
para as persoas que fan uso dunha bicicleta, están por debaixo dos
100€ na súa maioría, e incluso certas actitudes aquí prohibidas
están permitidas e consideradas seguras.
España ten
pendente adaptarse a Europa na normativa da bicicleta pero é unha
tarefa inconclusa dende o ano 2010 cando se comezaron os traballos.
Aínda que consideremos inxusta a contía económica,
seguiremos defendendo que todos os condutores que teñan condutas
perigosas, para si mesmos ou outros, sexan denunciados.
viernes, 27 de enero de 2017
 |
| Isto é 1.5m |
Mellora a túa condución con Pedaladas. 6ª Acción do mes Cero Violencia Viaria, Obxectivo cero Mortos.
O día 31 péchase o mes Cero Violencia Viaria de Pedaladas cunha acción por todo o alto. As accións tentaron poñer sobre a mesa que a lacra dos falecidos nas estradas é algo que se pode remediar se todos poñemos da nosa parte. A responsabilidade dos sinistros é social e a solución debe ser social. Pedaladas sempre repite que unha parte minoritaria dos condutores teñen un problema coas normas que garanten a seguridade de todos, e son, ese grupo de condutores os que están a causar falecidos. Estes condutores apelan a unha suposta liberdade persoal, para escoller as normas que cumpren e cales incumpren, poñendo en perigo coas súas decisións a todos os usuarios da vía.
Para ter claro o que queremos expresar, só hai que votar un ollo o que se di da 5ª acción de Pedaladas, "A denuncia Voluntaria", nas redes sociais e medios de comunicación: Insultos, ameazas, peticións de matrícula, seguro obrigatorio, pago de impostos... polo feito de solicitar que se cumpran as normas que salvan vidas.
Temos tres problemas diferentes, o incumprimento da normativa aproveitando a carencia de medios da DXT, o profundo descoñecemento das normas a pesar de ter licencia de conducir e a falta de empatía co máis débil.
No vídeo temos unha boa mostra do que nos pasa na estrada, descoñecemento da normativa, odio ao quen non usa o mesmo vehículo, e ignorancia sobre o que é a mobilidade sustentable.
Evento: Mellora a túa condución con Pedaladas. O que tés que saber para ter unha licencia de conducir.
Pode soar un pouco presuntuoso que unha asociación de ciclistas esté a impartir coñecementos de normativa de tráfico, pero é que nos atopamos con carencias formativas en normas moi básicas. Unha gran parte dos condutores non sabe o que é un
"arcén transitable" e o que non o é, moitos aínda non saben que
é legal rebasar unha liña continua para adiantar a un ciclista ou grupo deles, e que os
grupos de ciclistas compórtanse como unha unidade tráfico. Estes coñecementos se lles supón a todos os condutores, xa que tiveron que aprobar un exame, pero a realidade é diferente. Non estaría mal que cando renovamos a nosa licencia, a parte do exame psicotécnico, tivéramos unha reciclaxe de coñecementos. Mentres a DXT non toma esa decisión, Pedaladas porá o seu granito de area en mellorar os coñecementos dos condutores con este evento.
O Evento:
 |
| Rúa do Evento. |
O evento será o día 31 de Xaneiro de 11:30 a 12:30 (se a climatoloxía non é mala) na rúa que atravesa os antigos terreos de Tafisa. O lugar foi escollido polo pouco tráfico que presenta e pola facilidade de pechalo durante unha hora sen afectar a normal circulación da cidade.
Chamamento á Prensa:
O evento vai ser aberto á prensa para darlle a máxima difusión posible dos coñecementos que todos os condutores deberían ter.
Os colaboradores:
Autocares Rías Baixas vai facilitar un autobús para permitir a gravación de adiantamentos a ciclistas e ten pensado darnos unha sorpresa. A
Policía Local de Pontevedra vai facilitar o peche desta rúa durante unha hora e temos case conseguido que o Intendente da Policía Local explique a normativa nos adiantamentos. Teremos con nós ao
presidente da Federación Galega de Ciclismo que facilitará chalecos coa lenda do 1.5m. Pedaladas encargase da loxística e coordinación para a toma das imaxes para prensa e do "story board" da gravación e toma de imaxes.
Moitos traballando xuntos pola mellora da seguranza viaria.
Os coñecementos mínimos que queremos transmitir:
- Ao adiantar a un ciclista ou grupo é obrigatorio deixar unha distancia lateral mínima de 1.5 metros. Débese usar o carril contrario ou contiguo para adiantar con seguridade.
- É legal rebasar unha liña continua para adiantar a un ciclista.
- Os ciclistas poden circular en paralelo.
- Os grupos de ciclistas son unha unidade de tráfico, igual que un autobús. Cando o primeiro entra nunha intersección teñen a prioridade ata que pasa o ultimo ciclista.
miércoles, 25 de enero de 2017
Como xa ven sendo habitual, este Xoves 26 (último do mes), @s usuri@s de bicicleta de Pontevedra que poidamos xuntarémonos ás 20:00 na Peregrina para dar unha volta polas rúas da nosa cidade.
Seguro que o pasaremos ben pedaleando en grupo mentres demostramos que outra movilidade máis racional, saudable e ecolóxica é posibel.
Anima os teus amigos a participar na festa mensual da bicicleta!!.
Un saúdo a tod@s!!!
martes, 10 de enero de 2017
As propostas de Pedaladas para os veciños de Mollabao.
Antecedentes a asemblea Veciñal.
Fai catro anos que Pedaladas leva solicitando pasos sobreelevados na rúa Rosalía de Castro, por ser un tramo urbano da PO-546 cun centro de Saúde, un colexio, unha zoa de deportes, un parque e moito tráfico ciclista. Para Pedaladas é unha zoa de especial protección que non conta coas debidas medidas de seguridade viaria. Hai que recordar que baixo a ponte da autopista rexístranse velocidades de ata 76km/h a pesar de ser zoa 30. Os últimos veciños contáronnos que houbo dous atropelos graves, no paso de peóns baixo a ponte da autopista en Rosalía de Castro, e varios sinistros importantes fronte a Colonia Pina por saída de vía.
O que nos contou o alcalde na última reunión.
Na ultima reunión co alcalde comentounos que a intención do concello é conseguir a cesión da PO-546 no tramo máis urbano ata as proximidades dos terreos de Malvar, abrir unha conexión entre a PO-546 e a Avenida de Marín e facer Rosalía de Castro de único sentido.
Xa na reunión, pedimoslle ao alcalde, que como mínimo o Concello asumira o vial ata o acceso ao barrio de Pontemuiños, xa que ai problemas de seguridade fronte a Colonia Pina e no acceso a Pontemuiños que deben ter un tratamento especial, xa que o acceso seguro aos centros deportivos ten que ser unha prioridade para a mobilidade ciclista. A día de hoxe existen usuarios que van na bicicleta ao Rías do Sur, algúns usan a PO-546 e outros a Rúa de Cobas, pero son usuarios moi convencidos da mobilidade alternativa. Se queremos aumentar o uso da bicicleta é preciso aumentar a seguridade e comodidade dos desprazamentos.
A proposta de Pedaladas.

Parécenos correcto facer Rosalía de Castro de sentido único para os automóbiles, pero a PO-546 ten numeroso tráfico ciclista polo que é convínte manter ambos sentidos para as bicicletas. A alternativa, a Avenida de Marín, é moi pouco amigable coa bicicleta. Entendemos que a única opción de facer beirarrúas dignas é eliminar un carril de circulación xa que a sección coa que conta Rosalía de Castro é insuficiente.
Solicitar que o Concello, como mínimo, se faga cargo do tramo ata Pontemuiños, para mellorar a seguranza viaria do barrio. Conseguir a cesión de menos tramo da PO-546 é depender da Xunta para a mellora na seguranza viaria, a cal ten un críterio máis laxo coas velocidades perigosas. Dende o noso punto de vista é fundamental que o itinerario ciclista a Rías do Sur se mellore.
Crear unha senda ciclista peonil que chegue ao Pazo de Lourizan. Pontevedra esta a desaproveitar un atractivo de ocio e turístico por non ter unha forma segura de ir en bici e a pé entre Pontevedra e o Pazo de Lourizan. Desde a Peregrina son 3,6km e 12 minutos ao Pazo de Lourizan en bici, polo que se existe unha senda segura e cómoda as familias con nenos terían unha boa alternativa de ocio, ir a visitar os xardíns dunha forma divertida e sostible.
Facilitar a mobilidade laboral do complexo industrial Ence-Elnosa. Pedaladas é unha asociación ecoloxista polo que non estamos de acordo con este complexo industrial pero mentres este aí, os traballadores deben ter a opción de ir ao traballo usando una bicicleta dunha forma cómoda e segura. Se a concesión se anula esta conexión ciclista segura serviría como vía de comunicación para un uso ludico dos terreos.
- A conexión de ENCE pola Avenida de Marín. Na mesma liña, levamos tempo reclamando que o acceso dos 300 camións pesados que move Ence cada día entren ao complexo industrial directamente pola PO-11 e non desde a PO-546. Este tráfico crea molestias e é perigoso ao seu paso por Os Praceres dunha forma innecesaria. O acceso natural ao complexo industrial e usando unha vía de servizo na PO-11.