viernes, 16 de diciembre de 2016 0 comentarios

Terceira Visita: Os reis magos van á Deputación coa bicicleta.

Os reis magos van á Deputación coa bicicleta.

Hoxe ás 12:00 temos a visita a Deputación para entregar a carta e vannos poñer un pouco ao día das estratexias que están a facer para mellorar a seguranza viaria na rede provincial.

A rede provincial con máis de 1.800km é unha das preferidas cando os ciclistas de estrada escollen os seus itinerarios de adestramento, por ter menor intensidade de vehículos a motor e porque estes circulan máis amodo polas características propias destas estradas.


O plan Móvese da deputación.



Sinal de 1.5m
Fai poucos días foi a presentación do plan Móvese que vai supor a instalación 600 redutores de velocidade na rede provincial. O que  nós observamos é que o obxectivo deste plan é reducir a velocidade das travesías na rede provincial a 30km/h e facelo efectivo instalando "lombos" como se esta a facer na cidade de Pontevedra. A estratexia a priori parece coherente, xa que en moitos lugares desta rede facer beirarrúas require derribar casas ou custosas expropiacións, polo que estamos falando dunha medida que se funciona, é eficiente na inversión público e de baixo custo para a administración.
Que votamos de menos, pois sinalización vertical, a famosa sinal do 1.5m que tanto precisamos. Gran parte dos accidentes cun ciclista implicado non se producirían se a intención do condutor de vehículo a motor fora adiantar cumprindo a normativa pero a experiencia nos día que unha parte dos condutores so asume reducir a velocidade e adiantar conforme ao regulamento cando a alternativa e chocar co ciclista. Este é un dos motivos polo que aos cilistas recoméndaselles circular polo centro do carril en tramos urbanos. Por isto, queremos que estradas como a de Tomeza, o acceso ao Lago de Castiñeriras, a estrada de Lourido... teñan a sinal de 1.5 xa que son moi frecuentadas por ciclistas, tanto deportistas coma novatos.


Non todo é a velocidade, tamén hai que formar.

Formación impartida por Pedaladas

A velocidade é determinante nas consecuencias e na probabilidade de que suceda un accidente. Isto sae en tódalas estadísticas en informes da DXT e universidades, por un principio físico que é a enerxía cinética. Pero o factor humano esta presente no 93% dos accidentes, por iso é importante divulgar a normativa, formar a condutores, peóns e usuarios da bicicleta, e tamén concienciar nun concepto que na nosa sociedade individualista parece esquecido, a empatía. Neste eido as Policías Locais fan un bo traballo pero a deputación ten que suplir as carencias que se dan nos concellos pequenos.

Vías ciclistas segregadas. Eurovelo. Rutas de litoral.

Os deportistas temos o costume de esquecer que o usuario da bicicleta é aínda máis variado que o do vehículo a motor. O automóbil esta restrinxido a quen ten unha licencia de circulación,  unha ideade concreta e poder económico axeitado. Pero a bicicleta é un vehículo moi democrático, podes atopar unha desde 20€ no mercado de segunda man, non ten case mantemento, e non a limitación de idade ou licencia polo que o seu uso esta aberto a toda a cidadanía.

Por iso, hai que democratizala as persoas de entre 8 e 80 anos que non teñen porque ser portentos físicos. Isto fai precisas vías segregadas que fomenten a mobilidade ciclista, o ocio e o deporte en todas as franxas de idade e condición.

O Eurovelo é  un conxunto de grandes rutas europeas que son un motor económico. A ruta do Atlántico chega á fronteira Portuguesa e ten case 800km de longo pero no lado español quedou esquecida. A deputación debe e pode continuala a lo menos pola provincia de Pontevedra xa que vai crear emprego, mobilidade e é unha gran alternativa de ocio para os deportistas.

As rutas do litoral son un clásico, primeiro foron peonís pero nos últimos tempos son moito máis ciclistas ao ser trazados longos. Temos unha liña de costa estupenda, sen case desnivel pero que é moi problemática a nivel seguridade. Estamos a desaproveitar oportunidades cunha crise de emprego moi grande mentres se constrúen grandes infraestruturas de dubidoso interese social cando a baixo custo podemos facer infraestrutura sustentábel para crear motores económicos.

Carta á Deputación



Os reis Magos veñen coa Bicicleta.

Carta ao Rei Mago Uxio Benitez, mobilidade da Deputación.


Querido Rei Mago, dende a Asociación Pedaladas e AGdP queremos facerche chegar esta carta que non pide para nós, xa que somos ciclistas experimentados, senón pensando nas necesidades e  peticións de aquelas persoas que queren usar unha bicicleta para facer deporte, para ir ao seu traballo, centro de estudios ou simplemente para dar una paseo, pero dálles medo o risco de ir polas estradas.

As vilas e as cidades construíronse pensando en facilitar a mobilidade en coche e isto creou moitas disfuncionalidades nun lugar que debe ser amable coas persoas. No seu lugar creamos estradas para circular rápido e aparcamentos onde deixar os coches. O que deberíamos ter son vilas  cómodas para desprazarnos a pé e en bicicleta, seguras para os  nenos que van a escola, accesibles para persoas con diversidade física e maiores, e  ter espazos verdes e de lecer.
Isto é un reto moi grande para calquera alcalde,  crear unha cidade máis habitable, cómoda e segura para os seus cidadáns. Ás veces, este obxectivo choca con diferentes intereses e aí é onde o traballo das administracións faise difícil,  por iso, apelamos a parte de Mago que todo deputado ten que ter para facer posible o que outros ven imposible.                    

Nós, só queremos facer de mensaxeiros do que nos levan tempo pedindo compañeiros e amigos de Pontevedra, Marín, Vilaboa, Poio e Vigo:                              

- O plan Movese debe crecer a toda rede secundaria de  estradas. Gran parte da rede secundaria de estradas é municipal  e conforman un gran núcleo disperso con vivendas, polo que debemos avanzar en limitarse a 30 esta rede.  A velocidade 30 é unha garantía de que se un peón, ciclista ou condutor se comete un erro non vai ser algo irremediable. Nas reunións cos alcaldes sempre nos din que o principal problema son os cartos xa que non teñen case orzamento para este tipo de actuacións polo que ampliar o plan Movese as estradas que os municipios son titulares é básico para reforzar a seguridade viaria.                                 

- Sinalización vertical de 1,5m de separación lateral nos adiantamentos a ciclistas.  Na presentación do plan Movese votouse de menos algunha medida para corrixir un dos problemas que teñen peóns e ciclistas cando van pola beiravía.  Moita xente non o sabe, ou non se queren decatar de que, cando hai un peón ou ciclista deben separarse como mínimo 1.5 metros cando o van adiantar, por seguridade, polo que incorporar sinalización que remarque esta obriga é importante para a seguridade dos ciclistas. A rede provincial é unha das preferidas polos ciclistas xa que soporta menor intensidade de tráfico así que sería positivo ver en certas vías moi frecuentadas  por ciclistas este tipo de sinalización. Esta medida xa foi adoptada pola deputación de Ourense en Galicia e tamén é habitual ver a sinalización do 1.5m en Pais Vasco e Navarra.
- Axudas para formación, divulgación e concienciación.  A nosa asociación fai campañas de divulgación, concienciación e formación que estamos a financiar coas achegas dos nosos socios e patrocinios privados pero isto ten un limite. Creemos que sería moi positivo contar con axudas ou medios para poder facer estas campañas xa que cumpren unha labor social como a formación viaria para ciclistas, a divulgación en charlas nos centros escolares, formación para nenos e nenas nos institutos no uso seguro da bicicleta e charlas de mobilidade sustentábel en centros sociais e universidades. .

- Desenvolver vías ciclistas segregas coma o Eurovelo. Nós, ante todo somos partidarios do calmado de tráfico, xa que é o método máis eficiente de incorporar a bicicleta como un vehículo de ocio e mobilidade. Pero este modelo de integración da bicicleta na calzada esquece aos usuarios máis vulnerables, non é razoable pensar que un neno ou un ancián poidan circular por certas vías aínda que sexan zoa 30 así que para democratizar o uso da bicicleta precisamos algúns trazados con vías segregadas que poidan ser usadas por familias e persoas desde os 8 aos 80 anos, como sucede en Europa. Por outro lado, estamos a desaproveitar un motor económico que é o cicloturismo ao non continuar por Pontevedra a ruta atlántica do Eurovelo, así como unha ruta de litoral para o turismo activo e verde xa que percorrer a costa de Pontevedra non ten gran esixencia física.

Sabemos que pedimos moito, pero temos claro que estes agasallos serían bos para todos, tanto pequenos como grandes,  que se portan ben todo o ano e que agora  mesmo non poden ir  do todo seguros polas estradas e as vilas. Moias grazas Rei Mago Uxio.

miércoles, 14 de diciembre de 2016 0 comentarios

Segunda Visita: Os reis magos van a Marín coa bicicleta.

Os reis magos van a Marín coa bicicleta.

Hoxe ás 11:30 o concelleiro de deportes de Marín, Antonio Traba, vainos recibir para entregarlle a nosa Carta de Reis Magos, con un pouco de sorte tamén estará a Alcaldesa. Antes de comezar coas peticións imos analizar un pouco o Concello de Marín.
Marín e unha vila de 25.239 habitantes, compacta e solapada a Pontevedra e Lourizán. Ás veces parece que Estribela non é Pontevedra pero estamos falando de dúas vilas que comparte unha praza que no seu día foi praia.
Marín é unha vila que comezou a humanizar parte do seu casco antigo e agora vai ter orzamento polos fondos DUSI polo que se abre unha oportunidade para recuperar espazos para os desprazamentos sustentables xa que a día de hoxe é un almacén de coches, tráficos innecesarios e dificultades para os desprazamentos a pé e en bicicleta.

A Variante de Marín. A gran oportunidade de Marín 30.

 Cando se abriu a variante de Marín apareceu unha oportunidade que non existía antes. A día de hoxe unha parte importante dos tráficos de paso que atravesan Marín teñen unha alternativa polo que, si se pode acometer un calmado de tráfico na  Av. de Ourense que é a única escusa posible para non facer da parte compacta de Marín Zoa 30. Sempre gústanos recordar que o 30 non é un capricho, é unha garantía de seguridade, de que se un peón, ciclista ou condutor comete un erro non terminemos coa vida de alguén. A 30 só o 5% dos accidentes son mortais, e só por isto xa é unha medida a levar a cabo.

A rúa concepción Areal e a Rúa Avelino Montero Ríos

Estas dúas rúas son parte da antiga estrada Marín Pontevedra, son un perfecto exemplo do que é Marín. Son dúas rúas que ás beirarrúas non cumpren ningunha normativa de accesibilidade mentres temos dúas bandas de aparcamento e dobre sentido de circulación. É de sobra coñecido que o autobús de liña non se pode cruzar cun automóbil nunha das curvas e que non ten nin pasos de peóns suficientes. É o paradigma dun espazo degradado e creado para as maquinas non para as persoas. Isto é o que ten que mudar para ter cidades do século XXI e para iso é preciso que os Concellos de Marín e Pontevedra xunto coa Xunta de Galiza se poñan as pilas.

O paseo Peonil Pontevedra - Marín - Aguete...

Creo que o escrito nos periódicos, neste blog e incluso as promesas feitas por políticos de tódolos partidos mostran a necesidade de que se materialice un itinerario así. As posibilidade para o ocio, a mobilidade sostible, a seguranza viaria, o ciclo turismo... teñen tanto peso que ninguén dubida da súa necesidade, o que fai falta e poñelo en marcha e asumir que é a gran aposta pola mobilidade sostible de dúas Vilas a pouco máis de 5km e 20 minutos en bici.
Non imos escribir máis deste paseo, xa non hai a quen convencer o que hai é que poñer os medios para facelo.





A carta a Raíña Maga María Margallo.
Carta en PDF

Os reis Magos veñen coa Bicicleta.


Querida Raíña Maga, dende a Asociación Pedaladas queremos facerche chegar esta carta que non pide para nós, xa que somos ciclistas experimentados, senón pensando nas necesidades e peticións de aquelas persoas que queren usar unha bicicleta para facer deporte, para ir ao seu traballo, centro de estudios ou simplemente para dar una paseo, pero dálles medo o risco de ir polas rúas de Marín.

As vilas e as cidades construíronse pensando en facilitar a mobilidade en coche e isto creou moitas disfuncionalidades nun lugar que debe ser amable coas persoas. No seu lugar creamos estradas para circular e aparcamentos onde deixar os coches. O que deberíamos ter son vilas cómodas para desprazarnos a pé e en bicicleta, seguras para os nenos que van a escola, accesibles para persoas con diversidade física e maiores, e ter espazos verdes e de lecer.
Isto é un reto moi grande para calquera alcaldesa, crear unha cidade máis habitable, cómoda e segura para os seus cidadáns. Ás veces, este obxectivo choca con diferentes intereses e aí é onde o traballo da alcaldesa faise difícil, por iso, apelamos a parte de Maga que toda alcaldesa ten que ter para facer posible o que outros ven imposible.

Nós, só queremos facer de mensaxeiros do que nos levan tempo pedindo compañeiros e amigos de Marín:

- Marín Zoa 30, para facela unha cidade segura. A velocidade 30 é unha garantía de que se un peón, ciclista ou condutor comete un erro non vai ser algo irremediable. As vítimas máis habituais de atropelo son nenos e anciáns que non teñen culpa de nada pero pagan moi caro as presas doutros. A diferencia de cruzar Marín a 50km/h ou a 30km/h é menor de 2 minutos, sen embargo fai unha gran diferencia na seguridade percibida e real para os peóns.

- Marín debe ser accesible. Isto moitas veces depende máis de cartos que de vontade pero non queremos deixar de dicilo. Unha cidade que coida de quen máis o precisa é unha cidade moi cómoda para todos os que non o precisamos. A cidade debe ser amable cos seus cidadáns, e isto, as veces choca cos aparcamentos para os coches, para facer beirarrúas dignas, sempre é mellor pedirlle a un condutor que camiñe 5 minutos que limitar a mobilidade de que non pode camiñar.
- Carril Bici Marín Aguete para democratizar a bicicleta. Marín ten moita historia coa bicicleta, xa Echegaray fai máis de 100 anos ía de Marín a Pontevedra coa súa bicicleta e iso foise perdendo. Antonio Traba xa ten unha proposta nosa un pouco tola de unir o centro de Marín con Aguete cunha vía ciclista que permita a nenos e familias usar a bicicleta dunha forma cómoda e segura. É difícil e ten retos pero sería un elemento de mobilidade, deporte e turismo.

- Recordarlle á ex ministra Ana Pastor que ten pendente o paseo de Marín a Pontevedra. Nós ímoslle escribir para recordarlle este paseo, que é unha obra moi menor para calquera ministerio pero de gran interese para Pontevedra e Marín xa que a estrada vella é moi perigosa polo que convertese nunha barreira para a mobilidade laboral, ocio e o deporte.


Sabemos que pedimos moito, pero temos claro que estes agasallos serían bos para todos, tanto pequenos como grandes, que se portan ben todo o ano e que agora mesmo non poden ir do todo seguros pola súa cidade. Moias grazas Raiña Maga María.



domingo, 11 de diciembre de 2016 0 comentarios

Primeira Visita: "Os Reis Magos van a Vilaboa coa Bicicleta"

Os reis magos van a Vilaboa coa bicicleta.

Hoxe ás 10:00 o alcalde de Vilaboa vainos recibir para entregarlle a carta nosa Carta de Reis Magos. Antes de comezar coas peticións imos analizar un pouco o Concello de Vilaboa.
Vilaboa é un conxunto de pequenas parroquias, estamos falando de cinco parroquias que apenas suman 6.059 habitantes. A poboación esta dispersa e non conta con un núcleo compacto que teña todos os servizos polo que ten unha rede de estradas cunha sección estreita e sen case beirarrúas.

A N-550 e a N-554. O gran problema de Vilaboa.

Vilaboa esta atravesada por dúas nacionais que  son a variante da cara AP-9. Existe unha gran cantidade de tráfico que usa a N-550 e N-554 para chegar a ponte de Rande e aforrar os case 4€ que custa a peaxe da AP-9. Polo tanto temos moito tráfico pola N-554 que non ten destino nin orixe, nin destino en Vilaboa, é tráfico de paso pero crea un problema de seguridade ao atravesar Santadrán, Cobres, O Toural... Este tráfico, en parte pesado, circula por unha nacional recen reformada pero onde fomento non considerou oportuno facer un calmado de tráfico nos núcleos,  apenas conta con pasos de peóns nin beiravía transitable. Para os ciclistas é unha ruta habitual, e parte da "volta ao Morrazo" que é moi popular polo seu baixo desnivel e cómodo rodar, sobre todo nos meses de inverno temos numeroso tráfico ciclista.

A N-554 e a N-550 son un exemplo do que pensa fomento do que debe ser unha estrada, ten grandes carencias de seguridade para ciclistas e peóns xa que non conta con beiravías e beirarrúas. Esta deseñada para mover a maior cantidade de coches posible sen tomar medidas de seguridade para os colectivos vulnerables. A N-554 ten un problema extra, no Toural a escola esta situada ao lado contrario que as vivendas así que os rapaces teñen problemas para facer un desprazamento autónomo a escola. Esas dúas vias son o perfecto exemplo do que é facer unha infraestrutura pensada nos automóbiles e non nas persoas.

A carta ao Alcalde José Luis Poceiro.
Carta en PDF



Carta ao Rei Mago José Luis Poceiro alcalde de Vilaboa.

Querido Rei Mago, dende a Asociación Pedaladas queremos facerche chegar esta carta que non pide para nós, xa que somos ciclistas experimentados, senón pensando nas necesidades e  peticións de aquelas persoas que queren usar unha bicicleta para facer deporte, para ir ao seu traballo, centro de estudios ou simplemente para dar una paseo, pero dálles medo o risco de ir polas estradas de Vilaboa.

As vilas e as cidades construíronse pensando en facilitar a mobilidade en coche e isto creou moitas disfuncionalidades nun lugar que debe ser amable coas persoas. No seu lugar creamos estradas para circular rápido e aparcamentos onde deixar os coches. O que deberíamos ter son vilas  cómodas para desprazarnos a pé e en bicicleta, seguras para os  nenos que van a escola, accesibles para persoas con diversidade física e maiores, e  ter espazos verdes e de lecer.
Isto é un reto moi grande para calquera alcalde,  crear unha cidade máis habitable, cómoda e segura para os seus cidadáns. Ás veces, este obxectivo choca con diferentes intereses e aí é onde o traballo da alcalde faise difícil,  por iso, apelamos a parte de Mago que todo alcalde ten que ter para facer posible o que outros ven imposible. 

Nós, só queremos facer de mensaxeiros do que nos levan tempo pedindo compañeiros e amigos de Vilaboa e Paredes:

- A rede secundaria de  estradas de Vilaboa con casas debe limitadarse a 30.  A velocidade 30 é unha garantía de que se un peón, ciclista ou condutor comete un erro non vai ser algo irremediable. As vítimas máis habituais de atropelo son nenos e anciáns que non teñen culpa de nada pero pagan moi caro as presas doutros. Vilaboa é o que se chama unha poboación dispersa polo que é complicado facer beirarrúas así que os peóns van pola calzada e isto é perigoso se os coches circulan rápido. É materialmente imposible facer centos de quilómetros de beirarrúas ou sendas para os peóns polo que faise necesario adecuar a velocidade dos vehículos a que permita a convivencia cos peóns e ciclistas.

- Vilaboa debe ser accesible. Isto moitas veces depende máis de cartos que de vontade pero non queremos deixar de dicilo. Unha cidade que coida de quen máis o precisa é unha cidade moi cómoda para todos os que non o precisamos. A cidade debe ser amable cos seus cidadáns, e isto, as veces choca cos aparcamentos para os coches, para facer beirarrúas dignas ou beiravías transitables, sempre é mellor pedirlle a un condutor que camiñe 5 minutos que limitar a mobilidade de que non pode camiñar.

- Vía Verde  para democratizar a bicicleta.  Vilaboa e Pontevedra son dúas vilas moi próximas pero separadas para os peóns e ciclistas por unha estrada saturada de coches e perigosa que é a N-550. A recuperación das vías do tren para permitir un uso recreativo, turístico e de mobilidade é factible precisa de que o ministerio de Fomento mude de idea e permita unha vía ciclista e peonil que permita a nenos e familias usar a bicicleta dunha forma cómoda e segura.

- Pedirlle a Fomento que mellore a seguranza viaria na N-550 e N-554. Nós pensamos que os nenos deben ser autónomos como o eran antes de que se masificara o uso do automóbil por iso somos grandes defensores dos camiños escolares. A estrada N-554 esta pensada para mover coches e non para ser segura para peóns e ciclistas, faltan beiravías transitables, faltan pasos de peóns e faltan medidas de calmado de tráfico a pesar de estar recen reformada. Isto fai inviable o acceso autónomo dos nenos ao centro integrado do Toural, aos desprazamentos seguros ao centro de saúde,  á farmacia, ao Concello... indo a pé para nenos e maiores.  Mentres, a N-550 esta sobresaturada pola peaxe da AP-9, con tráficos pesados que deberían ir por unha autovía e non por unha nacional para a permitir que a N-550 se adapte a velocidades de travesía, por iso hai que insistirlle a fomento que ten que mudar as súas prioridades e asumir que as infraestruturas deben ser seguras, por riba de todo para peóns e ciclistas que son os máis vulnerables na estrada. Ás veces parece que a administración asumen que é tolerable que morran cidadáns por non adecuar as infraestruturas.


Sabemos que pedimos moito, pero temos claro que estes agasallos serían bos para todos, tanto pequenos como grandes,  que se portan ben todo o ano e que agora  mesmo non poden ir  do todo seguros polas estradas e as vilas. Moias grazas Rei Mago Luis.

miércoles, 7 de diciembre de 2016 0 comentarios

Campaña "Xa veñen os Reis Magos coa Bicicleta"


Xa veñen os Reis Magos coa Bicicleta.

Xa chegan os Reis Magos e coma tódolos anos a bicicleta é un dos agasallos estrela do Nadal. As cifras que nos chegan de AMBE (Asociación y Bicicletas de España) din que véndense máis bicicletas que automóbiles,  ata un total de 1.088.548 ud no 2014 cunha facturación global de 1.354,5 millóns de €. As cifras marean pero non quedan aí, o 2015 mellorou un 8,62% a facturación e as cifras deste 2016 aínda van a ser mellores para os vendedores.

A demanda e os usuarios non paran de medrar pero as administracións non están a responder a esta nova necesidade. O aumento da rede ciclista e a seguridade en calzada para os ciclistas non están a despegar, a pesares de que esta na axenda de tódalas administracións polos compromisos firmados. A Xunta de Galicia ten o plan de Mobilidade Alternativa, o Goberno de España busca un pacto de estado para a promoción dos medios de transporte non contaminantes, os concellos teñen plans pero pouco chega a executarse, todo queda en boas palabras... por iso neste Decembro comezamos unha nova campaña.

Plan de acción: "Imos tocar en tódalas portas"

Neste mes  de Decembro péchanse tódolos presupostos,  estatal,  da Xunta, da deputación e os concellos. Os presupostos son o elemento fundamental das políticas que se fan no ano e queremos que este 2017 sexa un bo ano para a mobilidade saudábel que supón a bicicleta. Hai un dito popular, "o que non chora non mama" e a bicicleta debe chorar moi pouco porque a pesar de contar con 3.8millóns de usuarios intensivos (datos: Barómetro da Bicicleta) sempre é a gran esquecida na partida no orzamento de mobilidade.

Por iso, imos concertar citas cos alcaldes da comarca de Pontevedra, imos visitar a Luis Poceiro de Vilaboa, Luciano Sobral de Poio, María Margallo de Marín e Miguel Anxo F. Lores de Pontevedra para levarlles peticións que temos para os seus concellos e que faremos públicas nesta web en forma de carta antes de cada reunión.

Tamén imos visitar a Deputación de Pontevedra e o tentaremos coa Xunta de Galicia co mesmo sistema, antes da reunión estará dispoñible a carta de peticións.

Para cada institución temos unha serie de peticións, nada excesivo, catro ou cinco que na súa maioría son promesas xa feitas por eles mesmos nestes últimos anos pero que aínda non teñen proxectos, nin licitación, nin data de execución polo que o obxectivo é pedir contas a cada unha das administracións,  de porque non están a executar o prometido e animar a que neste 2017 si se fagan estes proxectos e non se terminen noutra promesa electoral que un político non cumpre unha vez esgotado o seu mandato.

A primeira acción: Carril Bici Pontevedra a Marín.

É unha promesa do 16 de Maio do 2015 en plena campaña ás municipais, aínda non esta feito nin o proxecto.  Nós presentamos unha opción executable, eficiente, a baixo custo e que poderíase facer en poucas semanas pero Costas anunciou que para Outubro teriamos  un proxecto redactado por eles, a día de hoxe nada se sabe.


Por prensa repetiuse que neste Outubro xa teríamos o proxecto pero non é certo, seguimos esperando mentres a administración arrisca a vida de quen quere usar unha bicicleta para a súa mobilidade. Isto é un incumprimento claro dunha promesa electoral que xa ten dos anos e catro meses de atraso.

Así que, ímoslle recordar á Presidenta do Congreso Ana Pastor a promesa que lle fixo en persoa á Asociación Pedaladas, que ía facer todo o posible por axilizar este Paseo Ciclista e peonil. Ao  Presidente do Goberno Mariano Rajoy Brei que se acorde da súa cidade e que inclúa nos presupostos do 2017 a partida destinada a execución deste proxecto que depende integramente da súa administración.


Carta á Presidenta do Congreso Ana Pastor
Carta ao Presidente do Goberno Mariano Rajoy Brei