Más Páginas
Leyendo desde el manillar
- Pedaladas. Asociación por la defensa y promoción de la bici.
- Facebook de Masa Crítica Pontevedra
- Blog da Asociación de Ciclistas Galegos (ASCIGA)
- ConBici. Coordinadora en defensa de la bici
- Acera peatonal. Porque todos somos peatones
- Ciudad ciclista. Página con enlaces más que interesantes
- I.M.B.A. España
- Dos pedales mil Caminos. Diario de las rutas de este compañero por el entorno de nuestra ciudad
Entradas populares
-
Grazas por multarme. -Cuadriplicase o numero de ciclistas denunciados con respecto a media dos últimos 4 anos. -Un total de 183 foron...
-
Nós como sempre non inventamos nada, o que facemos e copiar o que leva décadas funcionando e moitos lugares de Europa. Aquí tedes u...
-
Do 16 ao 22 de Setembro é a Semana Europea da mobilidade. Este ano baixo o lema "Mobilidade intelixente, Economía forte."...
Archivo del blog
-
►
2016
(48)
- ► septiembre (6)
-
►
2015
(17)
- ► septiembre (1)
-
►
2014
(14)
- ► septiembre (1)
-
►
2013
(22)
- ► septiembre (1)
Etiquetas
![]() | ||
| Recreación de Accidente. Xornada de Cero Violencia Viaria!! |
A Policía Local de Pontevedra precisa un Radar.
Esta entrada seguramente vai ser a máis polémica deste blog, polo que se di, polo que se pretende conseguir, pero sobre todo porque como sociedade temos asumidas certas condutas como liberdades individuais que afectan a seguridade de todos.Anuncio: Pedaladas acaba de solicitar vía rexistro ao Concello de Pontevedra a adquisición dun Radar.
Esta petición, agora oficializada por rexistro, leva dous anos enriba da Mesa da Bicicleta de forma extra oficial. Tamén foi feita en diversas reunións co Intendente da Policía Local. A petición de Pedaladas sempre foi a mesma, a Policía Local ten que ter capacidade de sanción para os condutores que non respectan os límites, o primeiro por seguridade de peóns, ciclistas e persoas con diversidade funcional, segundo porque non lle podemos pedir aos ciclistas que usen a calzada se a zona 30 non é efectiva e terceiro por xustiza social cos condutores que si cumpren escrupulosamente as normas e se ven acosados polos que queren circular por riba dos límites.Pedagoxía, fai falta moita pedagoxía para explicar esta petición.
Imaxino que agora mesmo haberá moitos enfados, incluídos algúns dos nosos seguidores que non queren que a Policía Local conte con esta ferramenta pola posibilidade de que eles mesmos poidan recibir unha sanción de 100€, 200€ ou ata 500€ por non respectar un límite de velocidade que en determinadas rúas costa moito cumprir. O límite 30km/h non é sinxelo nalgunhas rúas.Que é unha zoa 30 e a súa importancia.
O Concello de Pontevedra a día de hoxe é completamente unha zoa 30 por un acordo plenario que foi unánime. Non foi unha medida arbitraria senón que débese a criterios técnicos e que xunto con moitas medidas na infraestrutura levaron a cidade de Pontevedra a recibir un premio de seguridade viaria.A velocidade limitada a 30km/h é un garante de que no caso de que alguén cometa un erro as consecuencias para a saúde non sexan irremediables.
O corpo humano ten unha resistencia ao impacto moi limitada e a velocidade é determinante nas consecuencias físicas que ten un accidente.
- A 80km/h é practicamente imposible sobrevivir a un atropelo.
- A 50km/h só sobreviven o 55% dos peóns e ciclistas.
- A 30km/h sobrevive o 95% dos peóns e ciclistas.
Como se fai efectiva a limitación de 30km/h
![]() |
| Av Corbaceiras |
Na Av. das Corbaceiras tedes algúns destes elementos, están presentes as rotondas, os "lombos", a vexetación que reduce a visibilidade e tamén o estreitamento de carrís.
Estes elementos xuntos fan que o que era unha "autovía" alá polos 90 agora sexa un lugar moito máis seguro que permite incluso quitar parte dos semáforos.
Pero estes elementos só está a funcionar para unha parte dos condutores, aqueles máis respectuosos cos límites e que fixeron a reflexión lóxica de que acelerar para frear en cada lombo non ten moito sentido se podes ir a 30km/h e chegar ao mesmo tempo que o que vai acelerando e freando en cada lombo. Os aforadores constatan que sobre o lombo non se circula de media moito máis rápido que a 30km/h pero entre lombo e lombo parécese máis a un lugar limitado a 50km/h co risco conseguinte para os ciclistas.
O límite 30km/h se esta a cumprir?
O que nos din os aforadores da Policía Local é que isto vai por barrios, ou mellor dito por rúas. A presencia de lombos non sempre funciona, na Av. das Corbacieras detectáronse vehículos a 76km/h. Rosalía de Castro, Otero Pedrayo, Domingo Fontán, Av de Lugo... son rúas con limitación 30km/h onde a media de velocidade dos vehículos supera ese limite e por riba temos vehículos que duplican esa limitación co conseguinte risco de falecemento para peóns e ciclistas en caso de accidente.O radar que se solicita. Lixeiro, pequeno e útil nas rúas.
Este é o radar que están a mercan os concellos das grandes cidades e que púxose en marcha no País Vasco. É un dispositivo lixeiro, o poden usar os motoristas e permite montar un operativo nun minuto polo que esquiva as aplicacións sociais e grupos do whatsapp que os infractores usan para non cumprir as normas de tráfico.O custo do dispositivo era de 25.000 pero a DXT comprou 60 unidades por 16.000€/ud fai pouco. O dispositivo ten capacidade para detectar excesos de velocidade a 1000 metros e cun factor de erro de 2km/h. Vamos, que asustar asusta bastante. Pero ese é o principal obxectivo de esta medida, que os infractores teñan un pouco de medo e asuman circular con calma por onde podemos atopar a nenos, ciclistas, persoas maiores que non teñen culpa de nada pero que pagan moi caros os seus erros e os dos condutores.
Non son accidentes son sinistros.
![]() |
| Homenaxe Cristobal e Manuel |
En Pontevedra tivemos nos últimos anos 3 ciclistas falecidos (por iso están as tres bicicletas brancas na Av. de Marín) e o ano 2015 houbo 24 ciclistas feridos dentro do Concello.
En 2015 morreu un rapaz que volvía a pé para a súa casa na Av. de Uruguay e o condutor ía borracho e con exceso de velocidade nun lugar onde existen lombos.
A asociación Pedaladas sufriu catro atropelos graves dende 2006 e os asociados non cometeron ningún erro. O seu pecado foi usar unha bicicleta e cruzarse cun condutor imprudente que non cumpriu as normas de tráfico o cal levounos a un hospital e ter meses de recuperación por diante. Isto non se amaña cunha indemnización, amáñase mellorando a seguridade e conseguindo que todo o mundo cumpra as normas de tráfico, incluídos os limites 30.
Non é por nós, é por todos esa petición de Radar. A velocidade mata.
Alguén pensa que existe afán de recadación dentro dos peóns e ciclistas que piden moderación aos condutores? alguén pensa que non temos coche? alguén pensa que é seguro para estes nenos ir fora da masa cunha bicicleta?
Pois por iso pídese un radar, para mellorar a seguridade de todos facendo que os que non cumpran queden sen puntos e deixen só conducir aos bos condutores. Saber conducir implica querer cumprir as normas e ir atento a velocidade, conducir por costume non é ser bo condutor.
Non queremos facer outra Marcha Homenaxe a un compañeiro ou compañeira atropelado por alguén con demasiada presa, non queremos pasar medo ao saír coa nosa bicicleta e xa vai sendo hora de que a nosa parella non nos despida cun "Ten coidado" senón cun "Pásao ben".
A Fundación Biodiversidade, xunto coa Mancomunidade de Montes de Pontevedra, Pedaladas, a Asociación Pola defensa da Ría e Decathlón España, organizan este domingo 30 unha xornada no Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños co fin de destacar os valores do monte, coñecer as especies autóctonas, identificar as invasoras e retirar aquelas que sexa posible.
A xornada iniciaráse cun itinerario en bici, ás 9:30, dende a Estación de Tren de Pontevedra ata o lugar de A Armada, onde o vello campo de tiro da Brilat (Neste punto se poderán sumar as persoas que decidan facer só a ruta a pe) onde comenzará unha ruta a pe polo espazo natural.
Logo da andaina voltaremos ás bicis para desplazarnos á Casa do Monte de Salcedo, onde reporemos forzas con algúns petiscos. Finalmente voltaremos a pedalar ata a Estación de Tren de Pontevedra, onde remataremos a xornada entorno ás 14 horas.
A inscripción é gratuita e obligatoria e podedes realizala nos teléfonos 986 85 14 24, 629 87 31 72 ou no correo: montespontevedra@mundo-r.com
Animádevos a participar e coñecer o noso entorno. Achegádevos á natureza e á biodivesidade!!
Os datos do 2015 en España de falecidos e feridos seguen nunha senda negativa que veñen do 2013, os indicadores de falecidos seguen a empeorar rompendo unha racha de redución de vítimas, falecidos, feridos graves e feridos leves..
Neste artigo ímonos a concentrar na nosa provincia, Pontevedra, que é unha das peores a nivel nacional no que se refire a accidentes e falecidos.
| Falecidos Pontevedra | 2013 | 2014 | 2015 | % 15/14 |
| Interurbanas | 24 | 24 | 34 | 41,67% |
| Urbanas | 7 | 9 | 9 | 0,00% |
| Total | 31 | 33 | 43 | 30,30% |
O aumento dos falecidos na Provincia de Pontevedra estase a consolidar como esta a pasar a nivel nacional xa que aumentaron os falecidos en 2014 e en 2015. O aumento dun 30,3% no número de falecidos na provincia é moi superior ao que esta a pasar a nivel nacional o cal nos fai pensar que algo non esta a saír ben nas políticas de seguranza viaria, sobre todo nas vías interurbanas que é onde máis creceron os falecidos.
| Hospitalizados Pontevedra | 2013 | 2014 | 2015 | %15/14 |
| Interurbanas | 156 | 195 | 179 | -8,21% |
| Urbanas | 71 | 88 | 96 | 9,09% |
| Total | 227 | 283 | 273 | -3,53% |
| Feridos Leves Pontevedra | 2013 | 2014 | 2015 | %15/14 |
| Interurbana | 2179 | 2019 | 1731 | -14,26% |
| Urbana | 274 | 536 | 1171 | 118,47% |
| Total | 2453 | 2555 | 2902 | 13,58% |
Os datos de feridos leves na Provincia de Pontevedra son moi preocupantes. Case poderiamos dicir que é unha anomalía estadística. En vías urbanas crecen un 118,47% e supoñemos que pódese deber a unha mellora na recolección dos datos que entregan os concellos. O aumento desde o 2013 non ten precedentes e imos preguntarlle a Xefa Provincial de tráfico por este extraordinario aumento de accidentes con feridos leves.
O 2015, un ano en positivo para os ciclistas.
| Ciclistas Falecidos España | 2013 | 2014 | 2015 | %15/14 |
| Interurbana | 45 | 54 | 48 | -11,11% |
| Urbana | 24 | 21 | 10 | -52,38% |
| Total | 69 | 75 | 58 | -22,67% |
Cando se fala de falecidos dicir que 58 mortos é un bo ano non esta ben pero mirando que levabamos dende o 2011 aumentando o número de falecidos, hospitalizados e feridos leves esta redución do 22,67% dos falecidos é unha boa noticia.
Seguimos coas mesmas problemáticas de sempre, a maioría dos accidentes mortais están en vías Interurbanas a pesar de que o groso dos novos ciclistas están a circular polas cidades, isto é debido a velocidade no momento do impacto. O uso do casco nas vías Interurbanas e maioritario segundo os datos da DXT pero pola homologación do mesmo non é unha medida de seguranza tan efectiva como adaptar ás infraestruturas para un paso seguro dos ciclistas.
Hai que recordar que a homologación CE do casco dos ciclistas só garante a resistencia dun impacto a 25km/h polo que nos impactos a 50km/h só sobreviven o 55% dos ciclistas implicados e a 80km/h e practicamente imposible sobrevivir a un impacto ente un ciclista e un automóbil. Isto fainos totalmente dependentes das condutas e a velocidade dos automobilistas ao colectivo que vai sobre pedais.
| Ciclistas Hospitalizados España | 2013 | 2014 | 2015 | %15/14 |
| Interurbana | 297 | 312 | 322 | 3,21% |
| Urbanas | 349 | 358 | 330 | -7,82% |
| Total | 646 | 670 | 652 | -2,69% |
Os datos hospitalizados sobre dúas rodas teñen os mesmos compoñentes que no caso dos falecidos, unha redución no numero de hospitalizados moito máis importante nas cidades que nos tramos interurbanos. Aquí temos a mesma lección, os concellos están a facer grandes esforzos por facer un calmado do tráfico efectivo e isto redunda nunha mellora da seguranza viaria de todos, pero sobre todo nos máis débiles da cadea, os peóns e os ciclistas.
Pero nas estradas dependentes doutras administracións aínda non se están a tomar as medidas adecuadas como facer unha beiravía transitable, sinalizar as rutas con gran presencia de ciclistas, adaptar as velocidades ao uso real da vía e aumentar as medidas de control tanto mecánicas como presencial da DXT.
| Ciclistas Feridos Leves España | 2013 | 2014 | 2015 | %15/14 |
| Interurbana | 1328 | 1722 | 1803 | 4,70% |
| Urbana | 3451 | 4165 | 4470 | 7,32% |
| Total | 4779 | 5887 | 6273 | 6,56% |
Os datos de feridos leves revelan un segredo a voces, o numero de ciclistas nas nosas cidades esta a crecer en valores próximos ao 10% anual. Isto quere dicir que cada 4 anos estase a duplicar o numero de ciclistas habituais que atopamos nas nosas cidades, é un fenómeno que supón un reto para as administracións e para os condutores de vehículo a motor que non están afeitos a convivir con tal cantidade de usuarios de bicicleta.
Os usuarios de bicicleta xa están implicados en máis do 6% de tódolos accidentes de tráfico, un cifra moi elevada en comparación por exemplo con Holanda. Isto debese a falta de infraestrutura adaptada como son os carrís bici ou a zona 30. Unha vez máis chegan antes os usuarios que as administracións.
Existe o bulo de que os ciclistas están a incumprir a normativa de forma xeral o cal esta a propiciar este aumento da sinistralidade ciclista, isto mesmo tamén se escoita dos peóns atropelados pero non deixa de ser un bulo se o contrastamos cos datos do anuario da DXT.
Dato 2015: O 68,86% dos ciclistas vítimas dun sinistro de tránsito non cometeron infraccións.
Chama moito a atención cando un peón cruza fora do paso de peóns ou o ciclista non para nun semáforo pero os datos dos que dispón a DXT no seu anuario só lle imputan a responsabilidade ou parte dela ao 31% dos ciclistas e peóns que están involucrados nun sinistro. A percepción da cidadanía sen embargo é moi distinta, sobre todo no caso dos ciclistas, debido a certas condutas reprobables e perigosas dalgúns usuarios da bicicleta que circulan a gran velocidade polas beirarrúas, non paran nos semáforos ou non respectan as prioridades de paso nos cruces.
A pesar desta sensación colectiva de inseguridade, a bicicleta e un dos medios de transporte máis seguros para o seu condutor, en España hai 3,8 millóns de persoas (Barómetro da bicicleta) que a usan a diario e só 58 mortos neste 2015. Só temos constancia de que un ciclista se vira implicado na morte dun peón en 5 ocasións dende o ano 2001 e isto debese a pouca masa que ten o conxunto persoa mais bicicleta a diferenza dos 1000-1500kg que representa a mobilidade motorizada.
Nós solicitamos a Xefatura Provincial en Abril varias medidas pero non temos confirmación de que ningunha se levara a cabo, esperamos que se faga algo xa que un aumento do 41,67% dos falecidos nas estradas da súa competencia debe implicar medidas serias e contundentes. Seguimos facendo as mesmas peticións e volveremos a solicitar unha reunión coa Xefa Provincial de tráfico.
Na anterior estas foron as nosas peticións:










