A Fundación Biodiversidade, xunto coa Mancomunidade de Montes de Pontevedra, Pedaladas, a Asociación Pola defensa da Ría e Decathlón España, organizan este domingo 30 unha xornada no Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños co fin de destacar os valores do monte, coñecer as especies autóctonas, identificar as invasoras e retirar aquelas que sexa posible.
A xornada iniciaráse cun itinerario en bici, ás 9:30, dende a Estación de Tren de Pontevedra ata o lugar de A Armada, onde o vello campo de tiro da Brilat (Neste punto se poderán sumar as persoas que decidan facer só a ruta a pe) onde comenzará unha ruta a pe polo espazo natural.
Logo da andaina voltaremos ás bicis para desplazarnos á Casa do Monte de Salcedo, onde reporemos forzas con algúns petiscos. Finalmente voltaremos a pedalar ata a Estación de Tren de Pontevedra, onde remataremos a xornada entorno ás 14 horas.
A inscripción é gratuita e obligatoria e podedes realizala nos teléfonos 986 85 14 24, 629 87 31 72 ou no correo: montespontevedra@mundo-r.com
Animádevos a participar e coñecer o noso entorno. Achegádevos á natureza e á biodivesidade!!
Más Páginas
Leyendo desde el manillar
- Pedaladas. Asociación por la defensa y promoción de la bici.
- Facebook de Masa Crítica Pontevedra
- Blog da Asociación de Ciclistas Galegos (ASCIGA)
- ConBici. Coordinadora en defensa de la bici
- Acera peatonal. Porque todos somos peatones
- Ciudad ciclista. Página con enlaces más que interesantes
- I.M.B.A. España
- Dos pedales mil Caminos. Diario de las rutas de este compañero por el entorno de nuestra ciudad
Entradas populares
-
Grazas por multarme. -Cuadriplicase o numero de ciclistas denunciados con respecto a media dos últimos 4 anos. -Un total de 183 foron...
-
Nós como sempre non inventamos nada, o que facemos e copiar o que leva décadas funcionando e moitos lugares de Europa. Aquí tedes u...
-
Do 16 ao 22 de Setembro é a Semana Europea da mobilidade. Este ano baixo o lema "Mobilidade intelixente, Economía forte."...
Archivo del blog
-
►
2016
(48)
- ► septiembre (6)
-
►
2015
(17)
- ► septiembre (1)
-
►
2014
(14)
- ► septiembre (1)
-
►
2013
(22)
- ► septiembre (1)
Etiquetas
pontevedra
(10)
masas
(9)
ciclismo urbano
(6)
masa critica
(5)
cicloactivismo
(4)
mesa pola bici
(4)
mobilidade
(4)
bicis
(2)
ciclistas
(2)
día da bicicleta
(2)
masa critica galega
(2)
pedalada
(2)
somos trafico
(1)
Con la tecnología de Blogger.
Xa temos o anuario
da DXT do ano 2015 unha vez que se sumaron aos datos da DXT os
informes das vías urbanas que facilitan os concellos con
competencias de tráfico.
Os datos do 2015 en España de falecidos e feridos seguen nunha senda negativa que veñen do 2013, os indicadores de falecidos seguen a empeorar rompendo unha racha de redución de vítimas, falecidos, feridos graves e feridos leves..
Os datos do 2015 en España de falecidos e feridos seguen nunha senda negativa que veñen do 2013, os indicadores de falecidos seguen a empeorar rompendo unha racha de redución de vítimas, falecidos, feridos graves e feridos leves..
Neste artigo ímonos a concentrar na nosa provincia, Pontevedra, que é unha das peores a nivel nacional no que se refire a accidentes e falecidos.
| Falecidos Pontevedra | 2013 | 2014 | 2015 | % 15/14 |
| Interurbanas | 24 | 24 | 34 | 41,67% |
| Urbanas | 7 | 9 | 9 | 0,00% |
| Total | 31 | 33 | 43 | 30,30% |
O aumento dos falecidos na Provincia de Pontevedra estase a consolidar como esta a pasar a nivel nacional xa que aumentaron os falecidos en 2014 e en 2015. O aumento dun 30,3% no número de falecidos na provincia é moi superior ao que esta a pasar a nivel nacional o cal nos fai pensar que algo non esta a saír ben nas políticas de seguranza viaria, sobre todo nas vías interurbanas que é onde máis creceron os falecidos.
| Hospitalizados Pontevedra | 2013 | 2014 | 2015 | %15/14 |
| Interurbanas | 156 | 195 | 179 | -8,21% |
| Urbanas | 71 | 88 | 96 | 9,09% |
| Total | 227 | 283 | 273 | -3,53% |
Os datos de feridos
graves son mellores pero empeoran en vías urbanas 9,09%. Hai que
recordar aínda non se aprobou o novo regulamento de circulación que
pretende mellorar a seguranza viaria nestas nas vías urbanas
adoptando moitas medidas que se fixeron na Cidade de Pontevedra. O
borrador do regulamento contempla medidas de calmado de tráfico,
regular a plataforma única, establecer a limitación 30km/h en
moitas rúas e melloras sobre todo para peóns e ciclistas.
| Feridos Leves Pontevedra | 2013 | 2014 | 2015 | %15/14 |
| Interurbana | 2179 | 2019 | 1731 | -14,26% |
| Urbana | 274 | 536 | 1171 | 118,47% |
| Total | 2453 | 2555 | 2902 | 13,58% |
Os datos de feridos leves na Provincia de Pontevedra son moi preocupantes. Case poderiamos dicir que é unha anomalía estadística. En vías urbanas crecen un 118,47% e supoñemos que pódese deber a unha mellora na recolección dos datos que entregan os concellos. O aumento desde o 2013 non ten precedentes e imos preguntarlle a Xefa Provincial de tráfico por este extraordinario aumento de accidentes con feridos leves.
O 2015, un ano en positivo para os ciclistas.
| Ciclistas Falecidos España | 2013 | 2014 | 2015 | %15/14 |
| Interurbana | 45 | 54 | 48 | -11,11% |
| Urbana | 24 | 21 | 10 | -52,38% |
| Total | 69 | 75 | 58 | -22,67% |
Cando se fala de falecidos dicir que 58 mortos é un bo ano non esta ben pero mirando que levabamos dende o 2011 aumentando o número de falecidos, hospitalizados e feridos leves esta redución do 22,67% dos falecidos é unha boa noticia.
Seguimos coas mesmas problemáticas de sempre, a maioría dos accidentes mortais están en vías Interurbanas a pesar de que o groso dos novos ciclistas están a circular polas cidades, isto é debido a velocidade no momento do impacto. O uso do casco nas vías Interurbanas e maioritario segundo os datos da DXT pero pola homologación do mesmo non é unha medida de seguranza tan efectiva como adaptar ás infraestruturas para un paso seguro dos ciclistas.
Hai que recordar que a homologación CE do casco dos ciclistas só garante a resistencia dun impacto a 25km/h polo que nos impactos a 50km/h só sobreviven o 55% dos ciclistas implicados e a 80km/h e practicamente imposible sobrevivir a un impacto ente un ciclista e un automóbil. Isto fainos totalmente dependentes das condutas e a velocidade dos automobilistas ao colectivo que vai sobre pedais.
| Ciclistas Hospitalizados España | 2013 | 2014 | 2015 | %15/14 |
| Interurbana | 297 | 312 | 322 | 3,21% |
| Urbanas | 349 | 358 | 330 | -7,82% |
| Total | 646 | 670 | 652 | -2,69% |
Os datos hospitalizados sobre dúas rodas teñen os mesmos compoñentes que no caso dos falecidos, unha redución no numero de hospitalizados moito máis importante nas cidades que nos tramos interurbanos. Aquí temos a mesma lección, os concellos están a facer grandes esforzos por facer un calmado do tráfico efectivo e isto redunda nunha mellora da seguranza viaria de todos, pero sobre todo nos máis débiles da cadea, os peóns e os ciclistas.
Pero nas estradas dependentes doutras administracións aínda non se están a tomar as medidas adecuadas como facer unha beiravía transitable, sinalizar as rutas con gran presencia de ciclistas, adaptar as velocidades ao uso real da vía e aumentar as medidas de control tanto mecánicas como presencial da DXT.
| Ciclistas Feridos Leves España | 2013 | 2014 | 2015 | %15/14 |
| Interurbana | 1328 | 1722 | 1803 | 4,70% |
| Urbana | 3451 | 4165 | 4470 | 7,32% |
| Total | 4779 | 5887 | 6273 | 6,56% |
Os datos de feridos leves revelan un segredo a voces, o numero de ciclistas nas nosas cidades esta a crecer en valores próximos ao 10% anual. Isto quere dicir que cada 4 anos estase a duplicar o numero de ciclistas habituais que atopamos nas nosas cidades, é un fenómeno que supón un reto para as administracións e para os condutores de vehículo a motor que non están afeitos a convivir con tal cantidade de usuarios de bicicleta.
Os usuarios de bicicleta xa están implicados en máis do 6% de tódolos accidentes de tráfico, un cifra moi elevada en comparación por exemplo con Holanda. Isto debese a falta de infraestrutura adaptada como son os carrís bici ou a zona 30. Unha vez máis chegan antes os usuarios que as administracións.
Existe o bulo de que os ciclistas están a incumprir a normativa de forma xeral o cal esta a propiciar este aumento da sinistralidade ciclista, isto mesmo tamén se escoita dos peóns atropelados pero non deixa de ser un bulo se o contrastamos cos datos do anuario da DXT.
Dato 2015: O 69,14%
dos peóns vítimas dun sinistro de tránsito non cometeron
infraccións.
Dato 2015: O 68,86% dos ciclistas vítimas dun sinistro de tránsito non cometeron infraccións.
Chama moito a atención cando un peón cruza fora do paso de peóns ou o ciclista non para nun semáforo pero os datos dos que dispón a DXT no seu anuario só lle imputan a responsabilidade ou parte dela ao 31% dos ciclistas e peóns que están involucrados nun sinistro. A percepción da cidadanía sen embargo é moi distinta, sobre todo no caso dos ciclistas, debido a certas condutas reprobables e perigosas dalgúns usuarios da bicicleta que circulan a gran velocidade polas beirarrúas, non paran nos semáforos ou non respectan as prioridades de paso nos cruces.
A pesar desta sensación colectiva de inseguridade, a bicicleta e un dos medios de transporte máis seguros para o seu condutor, en España hai 3,8 millóns de persoas (Barómetro da bicicleta) que a usan a diario e só 58 mortos neste 2015. Só temos constancia de que un ciclista se vira implicado na morte dun peón en 5 ocasións dende o ano 2001 e isto debese a pouca masa que ten o conxunto persoa mais bicicleta a diferenza dos 1000-1500kg que representa a mobilidade motorizada.
Nós solicitamos a Xefatura Provincial en Abril varias medidas pero non temos confirmación de que ningunha se levara a cabo, esperamos que se faga algo xa que un aumento do 41,67% dos falecidos nas estradas da súa competencia debe implicar medidas serias e contundentes. Seguimos facendo as mesmas peticións e volveremos a solicitar unha reunión coa Xefa Provincial de tráfico.
Na anterior estas foron as nosas peticións:
A marcha non é un acto simbólico, é moito máis. As vías verdes, os carrís bici, as medidas de calmado de tráfico só as conseguimos poñer en marcha se existe unha demanda social. Isto non quere dicir que fagamos oposición política senón que intentemos convencer as Administracións de que cambien as súas prioridades de gasto como se fixo en Alemaña, Holanda, Bélxica, Francia... para adicar unha parte da inversión en mobilidade sostible.
Xa temos moitas estradas, estamos por diante en toda Europa en autoestradas e vías de alta velocidade cando o que precisamos non son máis coches circulando e aparcando no espazo público senón o que realmente precisamos son máis peóns, máis ciclistas e un transporte público eficiente. Imos a contracorrente de Europa neste eido, a mobilidade intelixente é usar o medio de transporte válido para cada tipo de desprazamento e non o estamos a facer todo o ben que deberiamos.
Por iso facemos a Marcha do día 9 de outubro e por iso lle escribimos aos alcaldes por onde pasa a Vía Verde, cada un ten a súa carta, cada un a responsabilidade de actuar en prol da mobilidade sostible. Nós só somos os mensaxeiros que piden un mundo mellor:
Vilaboa, Soutomaior e Redondela o camiño por facer.
Pontevedra, o bo camiño que nos pide andar para mellorar:
A Vigo a promesa do Carril Bici que permita a Mobilidade Sostible:
Powered by Wikiloc
A ruta non é tecnicamente moi exixente, a maioría do trazado son camiños e pistas forestais pero para non facela excesivamente longa temos dous tramos curtos da N-550.
Distancia total 76km
Desnivel Positivo: 987m
Requisitos:
- Bicicleta de Montaña en bo estado e completamente revisada.
- Ferramentas e cámara por si pinchas, tes que ser auto suficiente.
- Ser capaz de facer o percorrido no horario establecido. Tes escapatorias en Redondela e Arcade para coller o tren e o bus. Nós acompañamos pero ti es responsable de ti mesmo.
- Ter claro que é unha ruta en bicicleta entre amigos, isto non é unha proba deportiva polo que ti mesmo debes cumprir as normas de tráfico. Casco, sinais, circular como máximo dous en paralelo...
- Os actos manifestativos son na praza España, en Arcade, en Redondela e a ruta de Vigo.
- Durante o percorrido iremos atentos a forma física dos que veñades, e aconsellaremos non seguir aos que vexamos mal. A Ruta ten un horario, fácil de seguir se estas en boa forma, un sufrimento se non o estás sobre todo no regreso. Preferimos axustar aquí que logo lamentar.
- Comida abundante. A saída é ás 9:30 e estamos na Porta do Sol en Vigo 13:00 polo que o regreso será de 15:30-16:00. Mínimo dúas barritas e algún xel, pero é interesante levar algo de froita ou bocadillo pequeno.
Sen moita demora saímos de Arcade facendo un tramo de menos de 2km pola N-550 para evitar incrementar o percorrido. No camiño a Redondela imos pasar fronte a Illa de San Simón e aproveitaremos vías de servizo da antiga liña do tren. É un trazado pouco coñecido polas ciclistas de Pontevedra pero unha gran ruta turística ata Redondela. Xa en Redondela faremos unha parada rápida na Praza da Constitución ás 10:55-11:10.
A saída de Redondela vai ser un paseo que fai pouco terminou costas ao carón da ría de Vigo para iniciar a subida á Senda da Auga. Aquí van doer as pernas, nun espazo moi pequeno subimos aos 160m de altura pero con paciencia súbese sen moito problema xa que está asfaltado. Utilizaremos a Senda da Auga para entrar en Vigo cunhas preciosas vistas de Rande e a Enseada de San Simón. Ás 12:00 temos que estar xa no apeadeiro de Chapela onde sae a manifestación de A Golpe de Pedal.
Ás 12:30 a manifestación en bici xúntase coa manifestación a pé da Asociación de Veciños de Chapela na estación do tren de Urzaiz para ir todos xuntos a Porta do Sol en Vigo.
Entre ás 12:30 e a 13:00 iremos a ritmo da xente a pé polo que é un bo momento para comer algo e recuperar antes de dar inicio o regreso para Pontevedra.
A ruta de regreso é un pouco máis curta e por un trazado alternativo da ruta da auga a Paredes.
A ruta non é tecnicamente moi exixente, a maioría do trazado son camiños e pistas forestais pero para non facela excesivamente longa temos dous tramos curtos da N-550.
Datos da ruta:
(Contando o tramo da manifestación que transcorre por Vigo e a Ida e Volta desde Pontevedra)Distancia total 76km
Desnivel Positivo: 987m
Requisitos:
(o máis importante, se non estás afeito a facer 60-80km ten claro que non chegas, tes a opción de facelo a pé desde Figueirido e Chapela ou a ruta dentro de Vigo)
- Bicicleta de Montaña en bo estado e completamente revisada.
- Ferramentas e cámara por si pinchas, tes que ser auto suficiente.
- Ser capaz de facer o percorrido no horario establecido. Tes escapatorias en Redondela e Arcade para coller o tren e o bus. Nós acompañamos pero ti es responsable de ti mesmo.
- Ter claro que é unha ruta en bicicleta entre amigos, isto non é unha proba deportiva polo que ti mesmo debes cumprir as normas de tráfico. Casco, sinais, circular como máximo dous en paralelo...
- Os actos manifestativos son na praza España, en Arcade, en Redondela e a ruta de Vigo.
- Durante o percorrido iremos atentos a forma física dos que veñades, e aconsellaremos non seguir aos que vexamos mal. A Ruta ten un horario, fácil de seguir se estas en boa forma, un sufrimento se non o estás sobre todo no regreso. Preferimos axustar aquí que logo lamentar.
Recomendacións:
- Levar bebida, só hai dúas fontes de auga potable polas que pasamos.- Comida abundante. A saída é ás 9:30 e estamos na Porta do Sol en Vigo 13:00 polo que o regreso será de 15:30-16:00. Mínimo dúas barritas e algún xel, pero é interesante levar algo de froita ou bocadillo pequeno.
Como vai ser:
Saímos ás 9:30 da Praza de España polas vía de servizo do Ave e os camiños que dan acceso a Salinas do Ulló para estar en Arcade ás 10:15-10:30 onde estará a Asociación das Salinas do Ulló que fan a rúta a pé desde Figueirido.Sen moita demora saímos de Arcade facendo un tramo de menos de 2km pola N-550 para evitar incrementar o percorrido. No camiño a Redondela imos pasar fronte a Illa de San Simón e aproveitaremos vías de servizo da antiga liña do tren. É un trazado pouco coñecido polas ciclistas de Pontevedra pero unha gran ruta turística ata Redondela. Xa en Redondela faremos unha parada rápida na Praza da Constitución ás 10:55-11:10.
A saída de Redondela vai ser un paseo que fai pouco terminou costas ao carón da ría de Vigo para iniciar a subida á Senda da Auga. Aquí van doer as pernas, nun espazo moi pequeno subimos aos 160m de altura pero con paciencia súbese sen moito problema xa que está asfaltado. Utilizaremos a Senda da Auga para entrar en Vigo cunhas preciosas vistas de Rande e a Enseada de San Simón. Ás 12:00 temos que estar xa no apeadeiro de Chapela onde sae a manifestación de A Golpe de Pedal.
Ás 12:30 a manifestación en bici xúntase coa manifestación a pé da Asociación de Veciños de Chapela na estación do tren de Urzaiz para ir todos xuntos a Porta do Sol en Vigo.
Entre ás 12:30 e a 13:00 iremos a ritmo da xente a pé polo que é un bo momento para comer algo e recuperar antes de dar inicio o regreso para Pontevedra.
A ruta de regreso é un pouco máis curta e por un trazado alternativo da ruta da auga a Paredes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


