martes, 14 de junio de 2016
Na cidade fomentar a bicicleta é simplemente darlle facilidades de uso, non require un tratamento moi diferenciado ao resto de tráficos rodados xa que a mobilidade ciclista ten unhas vantaxes inherentes ao seu tamaño e axilidade. É sinxelo facer o desprazamento (incluso con tráfico atascado), ten velocidades medias superiores aos vehículos a motor e ten baixo perigo para o resto de usuarios da vía.
Entón, as estratexias de calmado de tráfico e aparcamento son o "ABC" de quen quere facer da bicicleta un vehículo para traballo, lecer e deporte. As vías segregadas ou carrís bici son a guinda onde a estratexia do calmado de tráfico non da os froitos pretendidos ou é inviable facer unha zona 30 real.
Nesta análise o problema é moi sinxelo; facer normas e cumprilas, adaptar as vías a zona 30 e de convivencia, adoptar carril bici nos desprazamentos interurbanos ou beiravías transitables... e xa somos Holanda, Alemaña, Bélxica, Suecia, Dinamarca...
 |
| Zona Peonil. Prohibido estacionar ao vehículo a motor. |
Nada mais lonxe da realidade, somos España, e iso da para escribir moitos libros. Este país onde temos infinidade de normas pero que por descoñecemento ou por incumprimento deliberado todo vólvese mais complicado do necesario.
 |
| Joaquín Costa |
Non cabe dúbida que todos somos capaces de diferenciar unha beirarrúa da calzada, unha motocicleta dunha bicicleta ou un ciclomotor dunha bicicleta. O mesmo pasa cos aparcamentos para cada tipo de vehículo. A típica escusa de "non sabía", "é un momento", "se total tes esa sinal para atar a bici"... son mostras do problema real,
se non nos tocan no peto facemos o que nos peta. Eu ao meu e os demais que se adapten.
Cada vez que vemos como os esforzos por mellorar a mobilidade ciclista tropeza con quen non lle da a gana de respectar as normas o enfado é grande polo que nos toca chamar aos encargados de velar pola boa convivencia nas estradas, a DXT ou a Policía Local. Logo veñen as queixas, a ira e os lamentos. Nós non queremos denunciar, non queremos que lle retiren o seu vehículo aos condutores pero non temos máis opción. Cada moto aparcada entre os aros elimina dous espazos de aparcamento para a bicicleta e dificulta a mobilidade ciclista porque un dos problemas graves son os roubos que en parte devénse a falta de aparcadoiros medianamente seguros.
 |
| Biblioteca pública. Aparcamento bicicletas. |
O concello xa ten unha proposta nosa de extensión da rede de aparcadoiros para bicicletas, estamos agardando a súa execución pero non van servir de nada se logo acaban cheos de motos. O fomento da mobilidade sostible, sen contaminación, sen ruídos, aumentando o espazo público dispoñible para as persoas e a calidade de vida pasa por reducir a mínima expresión da necesidade de transporte aos automóbiles en favor dos desprazamentos a pé ou en bicicleta.
viernes, 10 de junio de 2016
Presentación das Vias ciclistas da comarca de Pontevedra
O
vindeiro día 22 de Xuño ás 17:00 na sala de conferencias da Casa das
Campás en Pontevedra, a asociación Pedaladas vai presentar as vías
ciclistas dentro da comarca de Pontevedra que a nosa asociación
considera importantes para permitir a mobilidade ciclista.
Nos
últimos anos a nosa asociación reivindicou infraestruturas de conexión
cos concellos limítrofes de Pontevedra que permitirán a mobilidade
laboral, de ocio e recados, que fomenten o deporte e que puideran ter un
atractivo turístico como motor económico da comarca. Atopamos que
estas vías teñen o problema fundamental de que dependen de varias
administracións, o cal imposibilita a súa realización sen acordos entre
as mesmas.
Polo
tanto, a nosa asociación decidiu dar un paso a diante e convocar unha
reunión con representantes dos Concellos limítrofes (Marín, Vilaboa,
Poio, Pontevedra), da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia así
como aos partidos políticos con presencia na nosa provincia.
Xa
foron entregadas cartas de invitación aos alcaldes Miguel Anxo
Fernández Lores, María Ramallo, José Luís Poceiro e Luciano Sobral. Á
presidenta da deputación Carmela Silva e ao deputado provincial Uxío
Benítez. Así como aos portavoces dos grupos municipais de Pontevedra
Luis Rey, Agustín Fernández, María Rey e Jacobo Moreira. Ao director da
Axencia Galega de Infraestruturas Francisco Menéndez Iglesias. Xa temos
confirmadas varias asistencias desta lista e esperamos nos próximos días
máis confirmacións e ampliar as invitacións.
Os técnicos ou
cargos interesados en participar cos que aínda non nos comunicamos poden
poñelo no noso coñecemento no noso correo masacriticapontevedra@gmail.com
Polo tipo de contidos aconsellamos a presencia de cargos con
responsabilidades en seguridade cidadá, turismo, deporte e
infraestruturas xa que son os eixos da presentación.
A
reunión, baixo o titulo “Presentación de vías ciclistas dentro da
comarca de Pontevedra”, pretende abrir o debate dentro das
administracións para mellorar as comunicacións que permitan a mobilidade
sostible nos desprazamentos de hasta 9km que son os máis atractivos
desde un punto de vista de substituír o vehículo a motor por unha
bicicleta.
O
acto terá unha duración aproximada dunha hora con posibilidade de
prolongalo 30 minutos se hai coloquio posterior. Os temas que se
expoñerán serán a mobilidade sostible, a seguridade viaria, o mapa de
vías ciclistas da comarca, o cicloturismo e unha petición de compromisos
ás administracións.
As rutas principais que se expoñerán na presentación son:
A vía verde a Ponte Sampaio:
A ruta permite comunicar Pontevedra con Ponte Sampaio e Vilaboa
aproveitando a antiga liña do tren en desuso. Esta ruta permite o acceso
a Salinas do Úllo, a Pedra Miranda e a Enseada de San Simón no que se
refire a atractivos turísticos que conecta. No referido a mobilidade
permite unha vía de comunicación segura que evita o uso da N-550 onde
morreu un ciclista e nos últimos anos houbo numerosos accidentes con
bicicletas implicadas. Esta ruta abre a porta a comunicación con
Redondela e Arcade así como sería fácil de continuar con un ramal ata
Santa Cristina de Cobres.
O carril bici de Marín:
A ruta permite unir dúas cidades con fortes vínculos económicos e
laborais. A ruta acerca a ambas cidades e permite aos cidadáns de Marín
acceder aos parques urbanos de Pontevedra e o seu núcleo histórico. Os
Pontevedreses terían acceso as praias de Marín sen ter que facer uso do
seu automóbil nun traxecto sen case desnivel que se completa en media
hora. Esta ruta ten unha continuación lóxica pola costa hasta Bueu
/Beluso para completar o percorrido chegando ao espazo protexido de Cabo
Udra facendo un percorrido de 27km de características similares o
carril bici Baiona a Guarda pero con moitos usuarios posibles. Esta vía
mellora a seguridade evitando o tráfico pesado da PO-546 e a alta
densidade de tráfico sen beiravías da PO-551.
A ruta Combarro Lourido Pontevedra: Un
dos puntos máis visitados da provincia é a vila de Combarro e o seu
núcleo histórico. Unha ruta que uniría a cidade de Pontevedra con
Combarro tería un forte atractivo turístico que ademais permitiría
acceder a Praia de Lourido e facilitar a mobilidade ciclista de dous
concellos case unidos por vivendas. A ruta permite desviar da perigosa
PO-308 o tránsito ciclista a parte de ser unha variante con menor
desnivel que a PO-308.
As
rutas permiten crear uns atractivos turísticos importantes pensando na
apertura da liña do AVE Pontevedra - Madrid onde é posible transportar
bicicletas, polo que se abre a porta a un activo turístico
desestacionado a parte de ser moi positivo para facilitar unha
mobilidade sostible e saudable.
A
nosa Asociación ten clara a demanda social existente por estes tipos de
vías na nosa comarca pola que a nosa proposta busca a máxima eficiencia
posible e que a maior parte da poboación se vexa beneficiada da súa
existencia. O máximo problema ao que nos enfrontamos é a necesaria
coordinación entre administracións e a vontade política para executar
este tipo de infraestruturas. Por iso decidimos implicarnos facendo esta
presentación para tratar de convencer aos actores políticos das
vantaxes de investir en infraestruturas ciclistas e peonís. Por nós non
vai quedar.
viernes, 27 de mayo de 2016
A asociación
pedaladas vai impartir no IES Sánchez Cantón e no IES Frai Martín
Sarmiento en Pontevedra e no IES Sampaio en Tui unha xornada de
Seguridade Viaria para Ciclistas menores de idade neste mes próximo de Xuño.
A
xornada de formación baixo o titulo: “Mobilidade sostible e
seguridade viaria para ciclistas” vaise impartir nestes tres
centros como proba piloto para a implantación en máis centros de
estudios para o curso 2016-17.
A nosa asociación busca
con este curso a potenciación da mobilidade peonil e ciclista para
substituír parte dos desprazamentos aos centros de estudios en
vehículos a motor por desprazamentos sostibles en bicicleta ou a pé.
Unha parte importante do tráfico da cidade é propiciado polos
desprazamentos aos centros de estudios que son duns poucos
quilómetros na súa maioría e poden facerse cunha bicicleta de
forma segura gracias ás medidas de calmado de tráfico.
A
elección dos dous centros de Pontevedra para a proba piloto dunhas
xornadas de formación que completaranse no curso 2016-2017 debese a
que teñen mozos que se desprazan habitualmente en bicicleta ao seu
centro de estudios e contan con apoio da dirección do centro para
fomentar este vehículo. Esta xornada de formación vai ter dous
bloques de contido, a mobilidade sostible ciclista e peonil en
contraposición co automóbil e os problemas que este ocasiona de
contaminación, uso do espazo público e consumidor de recursos e a
seguridade viaria para ciclistas onde
se imparte normativa, consellos e elementos obrigatorios na
circulación usando unha bicicleta.
Elementos
troncais do curso:
- Fomento da mobilidade sostible.
-
Aumento da autonomía persoal dos mozos e independencia nos
desprazamentos.
-
Mellora da confianza no uso da bicicleta pola calzada na zona 30.
-
Normas básicas para unha circulación segura en bicicleta.
-
Elementos obrigatorios da bicicleta na circulación entre o solpor e
o amencer.
Temos
detectado un alto descoñecemento das normas de circulación de
parte da sociedade a parte
de incumprimentos conscientes
por falta de concienciación de que as normas de circulación do
tráfico son normas de convivencia no espazo público.
O noso obxectivo e reducir esa carencia formativa dentro dos mozos
que están a empezar a usar bicicleta e que a vez consigan autonomía
propia e confianza para usar a bicicleta nos seus desprazamentos.
É
importante salientar
que o primeiro vehículo ao que temos acceso é a bicicleta e que o
acceso a formación temperá
fomenta que sexamos mellores condutores de automóbil no
futuro. A falta de cultura ciclista en España é un problema que
ocasiona conflitos
de convivencia que non se dan noutros lugares onde a bicicleta esta
aceptada como un vehículo mais
polo que formar as novas xeracións no cumprimento das normas é
básico para que nun futuro teñamos menos mortos e feridos tanto
usando bicicletas como vehículos a motor.
martes, 24 de mayo de 2016
Ola a tod@s.
Este xoves 26 a masa crítica de Pontevedra volta a sair á rúa para facer un percorrido común polas rúas da cidade cos nosos vehículos, as bicicletas.
Xuntarémonos ás 21 horas na praza da Peregrina.
Por outra banda, a tenda
El puerto BWS", coa colaboración do seu clube e a asociación Pedaladas, seguen a celebrar as "Puerto rutas de iniciación o Btt" o ´´ultimo domingo de cada mes.
Nesta ocasión percorreremos os montes de Campañó e as faldas do Castrove nun recorrido de uns 26km. Recordade que é obrigatorio apuntarse na propia tenda, xa que as prazas son limitadas.
Un saúdo a tod@s