En
Pontevedra respiramos aire moderadamente contaminado.
Sempre
é difícil asegurar algo rotundamente, respiramos aire contaminado
ou non, pois segundo a quen lle fagamos caso está
ben ou causa mortos. Se
usamos o criterio da UE e por extensión de España e da Xunta,
que expoñen nas súas webs, o habitual
é ter
unha calidade do aire “Boa” ou
“Admisible”
na nosa cidade.
A
lexislación da UE preocupase moito de non danar as empresas polo que
os criterios son sempre políticos e de emprego, adaptando a saúde
dos cidadáns ás
necesidades das grandes empresas. Isto non sucede coa OMS que o único
criterio que lle importa
é a saúde pública, polo que fixa uns valores para os contaminantes
atmosféricos máis
exixentes.

Entón,o
asunto complicase na nosa
cidade se lle facemos caso
a OMS e non a UE,
cos valores da estación de Campolongo do mes de Marzo temos
un aprobado raspado
en NO2, O3, PM10 e suspendemos en PM2.5 que
son moi perigosas para a saúde.
O
asunto non é menor, cos criterios da OMS o 95%
dos Españois respiramos aire contaminado cunhas consecuencias para a
saúde de
19.000 falecidos prematuros ao ano, con enfermidades
asociadas como cardiopatía
isquémica, accidente cerebro vascular, pneumopatía obstrutiva
crónica ou infección aguda das vías respiratorias inferiores e
cancro de pulmón. Pero isto só é unha parte, recentes estudos
vinculan as partículas máis pequenas dunha micra a problemas
cognitivos nos nenos que afectan ao rendemento na escola. Estás
partículas non se están a medir nas estacións e proceden dos
motores dos nosos automóbiles maioritariamente.
Nunha cidade
con cero falecidos por accidente de tráfico tócannos 29 mortos
prematuros ao ano e máis incidencias en alérxicos e enfermos
crónicos que afectan a súa calidade de vida. O problema é que a
contaminación non é perceptible a simple vista polo que non crea
a alarma social dun atropelo e queda obviada pola maioría da
cidadanía.
Se temos que buscar culpables directos hai que mirar
aos grandes emisores de contaminantes, que aínda que cumpren coa
lexislación da UE deixan un aire prexudicial segundo o criterio da
OMS, os nosos coches, as caldeiras de gas-oil, ENCE, ELNOSA, o
tráfico marítimo do porto de Marín. Pero non quedan aí os
contaminadores, só hai que acceder a sistema CALIOPE e ver como os
días de vento do SUR chega incluso a contaminación de Vigo segundo
o modelo matemático de dispersión . A contaminación non entende
disto das fronteiras nin de termos municipais, nin se queira de
provincias, no último informe de “Ecoloxistas en acción”
responsabilizaba os grandes focos de contaminación de levar ao rural
Galego niveis de ozono non acordes co seu tráfico rodado ou
industria.

Cando
vas nunha bicicleta e paras nun semáforo cunha fila de coches
fumeantes a reflexión sobre a saúde, a calidade de vida e afectar o
próximo aparecen de seguido. Vai sendo hora de responsabilizarnos
dos nosos actos, da nosa saúde e da saúde dos nosos veciños
tomando medidas para
non contaminar.
miércoles, 27 de abril de 2016
Este xoves 28 de abril, ás 18:00 horas, na "Casa das Campás", o concello de Pontevedra e a asociación Pedaladas organizan a charla-coloquio "Seguridade viaria para ciclistas".
Na mesma participarán Juan José Lopez Castro (Xefe do Destacamento de Tráfico de Pontevedra), Álvaro Pino (exciclista profesional e exdirector deportivo), Marcos serrano (exciclista profesional e actual director do C.C. Rías Baixas e da Escola de Ciclismo de Redondela), Juan Carlos Muñiz (Presidente da Federación Galega de Ciclismo) e Daniel Macenlle (Intendente Principal da Policía Local de Pontevedra), e dinamizará o periodista Ramón Mella
Nesta charla se tentará dar unha visión global do estado actual da seguridade dos ciclistas, da normativa que lles afecta e do estado actual das infraestructuras no que atinxe a este tipo de mobilidade, sempre dende a perpectiva dos profesionais deste medio de transporte e das persoas que traballan pola convivencia e a seguridade viaria. Despois se abrirá unha quenda de preguntas para que os asistentes poidan poidan plantexar as cuestión que lles preocupan.
Ademais continua o ciclo de cine que se organiza xunto coa asociación Dinamo, Pedaladas e o Concello de Pontevedra. Nesta ocasión se proxectará o filme "Dia de fiesta" de Jacques Tati. Será ás 20:00 na Casa da Luz.
Dentro deste ciclo de cine todavía se proxectarán as películas "As aventuras de Pee-Wee" o 5 de maio e "A terre bicyclette" o día 12 do mesmo mes, ambas tamén na Casa da Luz.
E por último, e para rematar a xornada, a Masa Crítica de Pontevedra volta a saír ás rúas da cidade para dar un paseo conxunto pola mesma. Os ciclista xuntaránse ás 21:00 horas na praza da Peregrina e realizaran un percorrido duns 45 minutos de duración baixo o lema que define ás masas críticas de todo o mundo "Usa a bicicleta tódolos días, celébrao unha vez ó mes"
Un saúdo a tod@s.
miércoles, 30 de marzo de 2016
Ola amig@s, entramos na primaveira, estación na que se ve como as bicis comezan a florecer por toda a cidade do Lerez. E coma tódolos meses a Masa Crítica Pontevedra volta a sair á rúa para para desfrutar xunt@s do pracer de circular nos nosos vehículos, as bicicletas. Uns vehículos silenciosos, respetuosos co medio ambiente, que non causan caravanas e que levan o sorriso ó teu rostro e a saúde ó teu corazón.Xuntarémonos ás 21:00 (comezamos xa co horario de verán) horas de este Xoves 31 de Marzo na praza da Peregrina, e dende alí faremos un percorrido urbano polas rúas da cidade.Xa sabedes: "Usa a bicicleta tódolos días, celébrao unha vez ó mes"Unha aperta a tod@s.
martes, 23 de febrero de 2016
Xa chega o último xoves de mes e con él a Masa crítica. A última deste inverno escaso, porque si ben é certo que cando choveu o fixo a reo, o inverno en sí tardou en chegar e gozamos de máis días con temperaturas primaveráis que propias da estación na que nos atopamos. Son os síntomas do quencemento global que non augura nada bo para os terrícolas.
Dende Masa crítica Pontevedra seguimos coa festa mensual da bici e non esquecemos que este medio de transporte é unha ferramenta esencial na loita contra o Cambio Climático. Así que xa sabes, se te preocupa o futuro do planeta e os seres que o habitan, usa a bici tódolos días e ven a celebralo unha vez ó mes na Masa Crítica. Sairémos ás 20:00 deste xoves 25 dende a praza da Peregrina.
Xa sabes: Coidas do planeta se usas a bicicleta.
Un saúdo a tod@s