lunes, 26 de octubre de 2015 0 comentarios

Masa Crítica de Samaín

Este xoves 29 de outubro a Masa Crítica de Pontevedra volta a sair ás rúas para dar un paseo pola cidade do Lérez.
Nesta ocasión e dada a cercanía da celebración do Samaín animámosvos a que veñades disfrazados para a ocasión.
Se queredes disfrutar desta terrorífica volta en bici polas rúas da cidade só tedes que achegarvos ás 20:00 pola praza da Peregrina e non esquezades traer luces, xa que circularemos de noite.
Xa sabedes, usade a bici tódolos días, celebrádeo unha vez ó mes.

lunes, 19 de octubre de 2015 0 comentarios

II Salvemos A Fracha

Un ano despois o colectivo "Salvemos a Fracha" volve a convocar ós cidadáns da comarca de Pontevedra a achegarse este domingo 25 de outubro ó monte da Fracha coma protesta contra a A-57. Para elo convocan unha andaina que comeza e remata nos depósitos de auga de Pintos (Track da andaina)

Dende Masa Crítica animamos a tódolos ciclistas de montaña a circular ese día pola Fracha e sumarse á foto de grupo que faremos ás 12.30 nos depósitos de auga de Pintos (lugar onde comeza e remata a andaina) e onde os veciños da zona nos invitan a un chocolate ou café quentiños.

O colectivo Masa Crítica e a asociación Pedaladas en colaboración con El Puerto Bike Shop Work faremos a xa tradicional ruta de iniciación á bicicleta de montaña do último domingo de mes, que nesta ocasión, e co gallo do evento convocado por "Salvemos a Fracha", nos levará polos camiños desta serra.
Sairemos ás 9:30 da tenda.

A xente que estamos o frente da asociación Pedaladas e que tamén formamos parte do colectivo Masa Crítica non apoiamos esta obra cun custo integral superior ós mil millóns de euros. Ó noso entender esta vía non só non da resposta á necesidade dunha vía de circunvalación na cidade de Pontevedra, se non que ademaís redunda nun modelo de tranporte obsoleto, baseado no asfaltado do país sen considerar as necesidades reais da poboación e, dende logo, amosando un desprezo absoluto pola natureza, xa que diferentes colectivos ecoloxistas así como numerosos técnicos advirten dos danos que vai causar esta vía que algúns califican coma circunvalación obviando ó propio BOE, que propón a ampliación da PO-10 coma auténtica circunvalación da cidade.

Un saúdo a tod@s.

lunes, 21 de septiembre de 2015 0 comentarios

52 Masa Crítica

Este Xoves 24 de setembro estreamos estación. O outono comeza pero eso non é un problema para os que gustamos de desplazarnos en bici pola cidade e para celebralo, un mes máis, voltamos a xuntarnos para dar un paseo en grupo polas rúas de Pontevedra.

Xuntarémonos ás 21:00 na praza da Peregrina para desfrutar dunha agradable e divertida voltiña.
¡¡¡Achégate á Masa!!! Non bloqueamos o tráfico, somos tráfico.

Un saúdo a tod@s.

miércoles, 29 de julio de 2015 0 comentarios

50 Masa Crítica

Algúns dos membros da Masa de Pontevedra están a levar a cabo reunións e proxectos que buscan mellorar as condicións de mobilidade e convivencia dos ciclistas. Este traballo non sería posible sen tódolas persoas que nalgunha ocasión asistiron á cita mensual coas rúas, conformando así o colectivo que dende hai máis de catro anos defende unha nova mobilidade e maior respeto ós ciclistas.

 Apoia as nosas reivindicacións e ven disfrutar dun divertido paseo en bici pola cidade de Pontevedra. Súmate á Masa Crítica Pontevedra este xoves 30 de xullo, sairemos ás 21:00 dende a Peregrina. Pon o teu grano de area e recorda, "Non bloqueamos o tráfico, somos tráfico.

Un saúdo.