miércoles, 29 de julio de 2015 0 comentarios

50 Masa Crítica

Algúns dos membros da Masa de Pontevedra están a levar a cabo reunións e proxectos que buscan mellorar as condicións de mobilidade e convivencia dos ciclistas. Este traballo non sería posible sen tódolas persoas que nalgunha ocasión asistiron á cita mensual coas rúas, conformando así o colectivo que dende hai máis de catro anos defende unha nova mobilidade e maior respeto ós ciclistas.

 Apoia as nosas reivindicacións e ven disfrutar dun divertido paseo en bici pola cidade de Pontevedra. Súmate á Masa Crítica Pontevedra este xoves 30 de xullo, sairemos ás 21:00 dende a Peregrina. Pon o teu grano de area e recorda, "Non bloqueamos o tráfico, somos tráfico.

Un saúdo.

lunes, 22 de junio de 2015 0 comentarios

4º Aniversario Masa Crítica Pontevedra

Masa Critica celebra o seu cuarto aniversario coa xa habitual saída do ultimo xoves de cada mes.

 O colectivo Masa critica aproveita este cuarto aniversario para pedir a tódolos usuarios da vía respecto ás normas de tráfico así como lembrar os falecidos na PO-11 Manuel Mesías e Cristóbal Hermida e incidir en que o colectivo ciclista segue esperando pola vía segura entre Pontevedra e Marín para peóns e ciclistas.

A ruta que transcorrerá polas rúas da cidade e terá unha parada na Rotonda de Malvar onde se atopa o monumento os ciclistas falecidos para facer un pequeno acto de lembranza.
Trae a túa bicicleta e a túa propia pancarta reivindicativa.

Usa a bicicleta tódolos días, celébrao unha vez o mes



miércoles, 3 de junio de 2015 0 comentarios

Somos tráfico!!!

Este mes la Masa de Pontevedra cumplirá cuatro años, cuarenta y ocho meses llevamos ya diciendo aquello de: No bloqueamos el tráfico, somos tráfico!!
Es un buen momento para conocer los inicios del movimiento hace ya 22 añazos...

Somos tráfico!

miércoles, 27 de mayo de 2015 0 comentarios

48 Masa Crítica

¿Apetécevos dar unha voltiña en bici baixo a luz do serán do xa inminente verán? ¿Queredes facelo nun ambiente divertido e aproveitando para reivindicar o lugar da bici na calzada e o respeto ós ciclistas? Pois sumádevos ó paseo da Masa Crítica. Sairemos, como xa é habitual, este xoves 28 (último do mes) ás 21 horas da praza da Peregrina.

Usa a bici tódolos días, celébrao unha vez ó mes. Ven ä Masa crítica.