Ola a todxs.
Este xoves 25, día de Nadal, é o último do mes e coma sempre a Masa Crítica volta a sair ás rúas de Pontevedra para dar un agradable paseo conxunto. Ademáis, nesta data vos invitamos a asistir cos motivos navideños que queirades. A idea e facer un percorrido duns 45 minutos pola cidade, apto para tódolos públicos e saindo ás 20:00 da praza da Peregrina.
Unha saúdo a todxs e moi boas festas!!
Más Páginas
Leyendo desde el manillar
- Pedaladas. Asociación por la defensa y promoción de la bici.
- Facebook de Masa Crítica Pontevedra
- Blog da Asociación de Ciclistas Galegos (ASCIGA)
- ConBici. Coordinadora en defensa de la bici
- Acera peatonal. Porque todos somos peatones
- Ciudad ciclista. Página con enlaces más que interesantes
- I.M.B.A. España
- Dos pedales mil Caminos. Diario de las rutas de este compañero por el entorno de nuestra ciudad
Entradas populares
-
Grazas por multarme. -Cuadriplicase o numero de ciclistas denunciados con respecto a media dos últimos 4 anos. -Un total de 183 foron...
-
Nós como sempre non inventamos nada, o que facemos e copiar o que leva décadas funcionando e moitos lugares de Europa. Aquí tedes u...
-
Do 16 ao 22 de Setembro é a Semana Europea da mobilidade. Este ano baixo o lema "Mobilidade intelixente, Economía forte."...
Archivo del blog
-
►
2016
(48)
- ► septiembre (6)
-
►
2015
(17)
- ► septiembre (1)
-
►
2014
(14)
- ► septiembre (1)
-
►
2013
(22)
- ► septiembre (1)
Etiquetas
pontevedra
(10)
masas
(9)
ciclismo urbano
(6)
masa critica
(5)
cicloactivismo
(4)
mesa pola bici
(4)
mobilidade
(4)
bicis
(2)
ciclistas
(2)
día da bicicleta
(2)
masa critica galega
(2)
pedalada
(2)
somos trafico
(1)
Con la tecnología de Blogger.
Ola a tod@s.
Masa Crítica en colaboración con Moto-Bike organiza o sorteo dunha bicicleta para recabar fondos para a plataforma "Diego somos todos".
O pasado mes de Setembro un ciclista sufriu un accidente nos montes de Valadares, en Vigo. O motivo foi unha pedra colocada no medio dun sendeiro de baixada, suceso polo que hai aberto un proceso xudicial de investigación no que hai catro imputados.
Coma consecuencia desta acción Diego sofre unha lesión medular na vértebra D5, as consecuencias desta lesión significan que terá que adaptar o seu entorno a unha vida que lle facilite, na medida do posíbel, recuperar a normalidade.
Por este motivo constituiu-se a plataforma "Diego somos todos", que busca recabar fondos para apoiar económicamente a Diego. Masa Crítica se suma neste apoio á Plataforma e organiza xunto coa tenda Moto-Bike (que doa a bicicleta, unha MMR valorada en 590€ ) un sorteo que terá lugar nesta tenda o 31 de Xaneiro de 2015. O prezo da rifa son 2€ e polo momento os lugares de venda son.Moto-Bike, Numismática Sarmiento,e A tentación de Greta6
Tamén se poderán mercar na Masa Crítica de Nadal, que terá lugar o día 25 ás 20:00, ou se poden solicitar no correo da Masa Crítica, masacriticapontevedra@gmail.com
Ademáis lembramos que algunhas tendas de Pontevedra e Poio están a colaborar coa plataforma na venda de camisetas de apoio e nelas se poden encargar por 10€ as mesmas. Estas tendas son Moto-Bike,El Puerto Work Bike Shop, Bici Ocon Poio, Fixed & Single Bikes, Ciclos Otero, Miler Vintage Running Club, Bicicletas Farto y Xtremebike.
Ola a tod@s.
Este xoves 27 a Masa Crítica volta a sair a dar unha volta polas rúas de Pontevedra. Vos animamos a achergarvos ás 20:00 á praza da Peregrina para facer un percorrido común polo centro da cidade.
Como xa sabedes a noite xa nos alcanza a esa hora, así que non esquezades as luces, nós regalaremos algúns chalecos para os que non teñan.
E coma propina déixovos un par de artigos sobre os beneficios da bicicleta nos datos de emprego e no gasto público
Un saúdo a tod@s
Este xoves 30 ás 20:00 horas (comezamos co horario de inverno) a Masa crítica de Pontevedra voltará a sair ás rúas da cidade para dar unha volta conxunta nas nosas bicicletas, e coma este mes coincide co Samaín, convidamos @s que se achegen a que se animen a disfrazarse. Sairemos coma sempre da praza da Peregrina
Con disfraz ou sen él invitamos a tódol@s ciclousuari@s da cidade a sumarse á festa mensual da bicicleta, xa sabedes, "Usa a bici tódolos días, celébrao unha vez ó mes".
Por outra banda vos comunicamos que algunhas das persoas que conformamos a Masa de Pontevedra estamos a colaborar para axudar a Diego e a Plataforma Diego somos tod@s, o rapaz que tivo o accidente no monte Alba de Vigo e que, coma consecuencia, sufre unha lesión medular que o obrigará a adaptar a súa vida e o seu hogar a súa nova condicón de persoa cunha discapacidade física.
O sábado 8 de novembro ás 17:00 haberá unha concentración en Vigo diante do museo Marco. Para recabar fondos a súa familia e amigos están a vender camisetas, se queredes colaborar poderedes encargalas (cada camiseta custa 10€) nas tendas da cidade que neste momento están a colaborar, esta é a relación actual de tendas:
-El Puerto Work Bike Shop
-Bici O Con Poio
-Fixed & Single bikes
-Ciclos Otero
-Miler Vintage Running Club
-Bicicletas Farto
-Xtreme Bike Pontevedra
-Moto Bike
Un saúdo a tod@s.
Con disfraz ou sen él invitamos a tódol@s ciclousuari@s da cidade a sumarse á festa mensual da bicicleta, xa sabedes, "Usa a bici tódolos días, celébrao unha vez ó mes".
Por outra banda vos comunicamos que algunhas das persoas que conformamos a Masa de Pontevedra estamos a colaborar para axudar a Diego e a Plataforma Diego somos tod@s, o rapaz que tivo o accidente no monte Alba de Vigo e que, coma consecuencia, sufre unha lesión medular que o obrigará a adaptar a súa vida e o seu hogar a súa nova condicón de persoa cunha discapacidade física.
O sábado 8 de novembro ás 17:00 haberá unha concentración en Vigo diante do museo Marco. Para recabar fondos a súa familia e amigos están a vender camisetas, se queredes colaborar poderedes encargalas (cada camiseta custa 10€) nas tendas da cidade que neste momento están a colaborar, esta é a relación actual de tendas:
-El Puerto Work Bike Shop
-Bici O Con Poio
-Fixed & Single bikes
-Ciclos Otero
-Miler Vintage Running Club
-Bicicletas Farto
-Xtreme Bike Pontevedra
-Moto Bike
Un saúdo a tod@s.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






