martes, 25 de noviembre de 2014 0 comentarios

XLII Masa Crítica.

Ola a tod@s.

Este xoves 27 a Masa Crítica volta a sair a dar unha volta polas rúas de Pontevedra. Vos animamos a achergarvos ás 20:00 á praza da Peregrina para facer un percorrido común polo centro da cidade.

 Como xa sabedes a noite xa nos alcanza a esa hora, así que non esquezades as luces, nós regalaremos algúns chalecos para os que non teñan.

 E coma propina déixovos un par de artigos sobre os beneficios da bicicleta nos datos de emprego e no gasto público


 Un saúdo a tod@s

miércoles, 29 de octubre de 2014 2 comentarios

Masa Crítica do Samaín e camisetas "Diego somos tod@s"

Este xoves 30 ás 20:00 horas (comezamos co horario de inverno) a Masa crítica de Pontevedra voltará a sair ás rúas da cidade para dar unha volta conxunta nas nosas bicicletas, e coma este mes coincide co Samaín, convidamos @s que se achegen a que se animen a disfrazarse. Sairemos coma sempre da praza da Peregrina

Con disfraz ou sen él invitamos a tódol@s ciclousuari@s da cidade a sumarse á festa mensual da bicicleta, xa sabedes, "Usa a bici tódolos días, celébrao unha vez ó mes".

Por outra banda vos comunicamos que algunhas das persoas que conformamos a Masa de Pontevedra estamos a colaborar para axudar a Diego e a Plataforma Diego somos tod@s, o rapaz que tivo o accidente no monte Alba de Vigo e que, coma consecuencia, sufre unha lesión medular que o obrigará a adaptar a súa vida e o seu hogar a súa nova condicón de persoa cunha discapacidade física.
O sábado 8 de novembro ás 17:00 haberá unha concentración en Vigo diante do museo Marco. Para recabar fondos a súa familia e amigos están a vender camisetas, se queredes colaborar poderedes encargalas (cada camiseta custa 10€) nas  tendas da cidade que neste momento están a colaborar, esta é a relación actual de tendas:

 -El Puerto Work Bike Shop
 -Bici O Con Poio
 -Fixed & Single bikes
 -Ciclos Otero
 -Miler Vintage Running Club
 -Bicicletas Farto
 -Xtreme Bike Pontevedra
 -Moto Bike

Un saúdo a tod@s.

miércoles, 24 de septiembre de 2014 0 comentarios

XL Masa Crítica

El 25 de setiembre ,como cada ultimo jueves de mes, los ciclo-usuarios de Pontevedra nos juntamos el la Plaza Peregrina a las 21:00 para hacer un recorrido por la ciudad.

Esta 40ª Masa Crítica de Pontevedra viene después de la semana de la movilidad Europea 2014 del 16 al 22 de Septiembre que ha tenido como lema "Tus calles, tu elección".

Este ultimo mes hemos tenido una noticia desagradable en la cual un compañero ciclista ha sufrido una lesión medular porque alguien ha colocado una piedra de grandes dimensiones en un descenso de BTT en el monte Alba para evitar su uso por ciclistas.

Te animamos a pedalear por la calzada a diario y a celebrarlo junto a nosotros el ultimo jueves de cada mes porque somos tráfico. Trafico silencioso, saludable, ecológico y sostenible

miércoles, 27 de agosto de 2014 0 comentarios

XXXIX Masa Crítica

De novo, este xoves 28 de agosto as ciclousuarias de Pontevedra voltaremos a xuntarnos ás 21.00 horas na praza da Peregrina para dar unha volta cos nosos vehículos polas rúas da cidade.

Así que xa sabedes, se queredes pasar un bo rato pedalando pola cidade e promovendo o uso da bicicleta achegádevos á Peregrina.

Un saúdo.