Este xoves 26 de xuño ás 21:00 as e os ciclousuarixs de Pontevedra voltaremos a confluir na praza da Peregrina para dar unha volta polas rúas da cidade do Lérez, e con esta pedalada xa fan tres anos.
Tres anos leva xa a Masa Crítica de
Pontevedra saíndo ás rúas para reivindicar o espazo dxs ciclistas
na calzada, para loitar por outro modelo de vida e de transporte, e
para defender a saúde do planeta e de tódolos seres que o
habitamos.
Tres anos cumpridos coa cita mensual
do último xoves de cada mes, desfrutando do pracer de pedalar en boa
compaña polas rúas da nosa cidade.
Tres anos de cooperación,
coordinación e de aprendizaxe que non sempre foron sinxelos.
Tres anos nos que moita xente se
achegou ás masas e se sumou á bici, grazas o cal conquerimos (e
esta é unha victoria de tódolxs que usamos a bici a diario e
algunha vez asistimos á Masa para darlle forza) ser escoitadxs polo
concello e tamén que se nos agasallara este ano co Premio á
Mobilidade Ciclista 2014.
Pero tamén tres anos nos que algunhas e algúns compañeirxs deixaron orfas ás súas monturas. Varixs delxs ficaron
nas cunetas, coma Cristóbal Hermida, presidente do C.C. Bueu, que
morreu arrolado por un camión chegando a Marín mentres entreaba a
principios do 2013. Él era Masa Crítica
Outrxs, coma Lana Rocha, loitaron
contra o cancro coma un penedo fronte ás ondas. Non deixou de
pedalar pola cidade ata que a enfemidade cegou os ollos que guiaban a
súa bici morada e, sen embargo, seguiu sorrindo, pedalando co maxín
ata que decidiu ascender a cúmios máis lonxanos. Ela sempre será Masa Crítica.
Ángel Pérez colaborando con Victor e Tita
Anos nos que tivemos a sorte de coñecer
guerreirxs investidxs de armaduras de
coraxe coma Victor Loira, loitador implacable ó que as bofetadas da
enfermidade non derriban da súa montura, se non que o fortalecen
para visibilizar a doenza de Tita, a súa compañeira de vida. Elxs
son Masa Crítica.
Xente que ó longo do mundo supera
cada día barreiras que xs comúns dxs mortais, ás e ós que só temos que
vencer a nosa preguiza, nos parecen barreiras insalvables. Elxs son Masa Crítica.
Persoas que nos demostran co seu día
a día que hai que avanzar por aquilo no que cremos, por un mundo no
que inspirar aire non sexa perigo de enfermidade. Un mundo no que as
persoas poidamos coexistir e onde se respete ás que cada día
abandoan os sillóns das casas e dos coches e deciden que se hai que
moverse é mellor facelo pensando na saúde, na calidade de vida e no
futuro. Iso é Masa Crítica.
Dende Pontevedra sumamos o noso grao
de area para a coexistencia nun planeta lóxico, ecolóxico e
sostibel que, de seguro, tódolxs nenxs desexan cando chegan a este
mundo. Por elxs e polas demáis especies que comparten este barco,
por nos mesmxs, pedalamos cada día, en cada Masa, sumando así o
noso avance ó de outras persoas e colectivos que tentan manter a
flote o planeta e a súa vida, tentando taponar as vías de auga que,
por momentos, parecen afundirnos. E, dende logo, convencidxs de que a
mellor maneira de conquerir un obxectivo é fixalo no horizonte,
montar e comezar a pedalar, paseniño, aprendendo da paisaxe e
compartindo cxs compañeirxs o que nos brinda a viaxe, porque eso é a
Masa Crítica, pedalar por un mundo mellor.
Unha vez máis, e xa van 36, a Masa Crítica de Pontevedra volve a animar @s ciclousuari@s da cidade de Pontevedra a xuntarse ás 21:00 horas deste Xoves 29 de Maio na praza da Peregrina para dar unha volta polas rúas da cidade.
Será unha agradable e tranquila voltiña que rematará antes das 22:00, e na que de seguro que o pasaremos ben mentres apoiamos a bici coma medio de transporte alternativo, invitando @s ciclistas a tomar a calzada e deixar as beirarúas para os peóns.
Por outra banda , recordamos que no pazo da cultura seguirá aberta, ata o 1 de Xuño, a exposición de bicicletas que fai un repaso á historia deste medio de transporte ó longo do século XX.
E para rematar a axenda, invitamos a tod@s @s que posúan unha bicicleta clásica a participar na I Marcha de Clásicas de Pontevedra, que terá lugar o día 15 de Xuño, e na que o pelotón fará un ameno e divertido paseo de ida e volta ata a localidade de Combarro.
Recorda, coidas do planeta cando vas na bicicleta!!.
Ésta pretendía ser unha entrada na que vos informábamos das diferentes actividades que ó longo da fin de semana do 17 e 18 de Maio se van desenrolar na nosa cidade con motivo da Bicifeira e do Foro da Bicicleta, máis na rolda de prensa que tivo lugar esta mañá e na que, coma colaboradores e coordinadores do foro, estabamos dous membros da Masa; o concelleiro Miguel Filgueira comunicou que o Premio á Mobilidade Ciclista que otorga a cidade de Pontevedra é nesta ocasión para a Masa Crítica Pontevedra.
Por suposto, a Masa quere compartir este premio con tod@s. Con tod@s @s que algunha vez asististes á Masa e @s que aínda non o fixestes, coas persoas que tentan usar o coche o menos posible, coas que respetan @s ciclistas cando conducen e, sobre todo, c@s nen@s, xa que o aire que lles deixamos será a herdanza máis importante que perciban.
Foto da primeira Masa en Xuño de 2011
E despois de botarnos as flores, pasamos a informar das actividades que terán lugar esta fin de semán con motivo da Bicifeira e do Foro da Bicicleta.
A bicifeira descorrerá o longo do Sábado 17 e na mañá do Domingo 18 na praza de España, na mesma varias tendas, e particulares ofrecerán os seus productos. Tamén haberá un bar que ofrecerá tentempés cardiosaudabeis.
O Foro da Biciccleta transcorrerá no hall do edificio vello do concello e o programa é o seguinte:
SÁBADO 17
-12:00- Charla: Mobilidade Alternativa (Manolo Torres, Masa Crítica Pontevedra)
-11:00- Taller de mecánica básica da bicicleta (Bibiana Rosales)
Ademáis, o Sábado 18 ás 22:00 horas da Praza de España partirá unha pedalada nocturna na que colaboran o Concello, a Masa Crítica e a policía local. Non vos esquezades de traer as vosas luces, haberá coma agasallo un chaleco reflectante para os asistentes.
Un saúdo e xa sabedes: "Coido o meu planeta cando vou na bicicleta".
¿Gostas de respirar o fume dos coches?¿Non te preocupa a túa saúde nin a dos teus seres queridos?¿Encántache gastar cartos en combustible?¿Disfrutas do tiempo que perdes nos atascos?¿Góstache que o teu país dependa enerxéticamente do petróleo? Entón a festa mensual da bicicleta, a Masa Crítica, non é pra ti, xa que seguramente non te apeteza saír a dar unha tranquila e divertida volta polas rúas de Pontevedra este Xoves 24 ás 20:00 e dende a Peregrina.
¿E o cambio climático...?....mmmmm...¡¡¡xa inventarán algo...!!!
Se ademais tampouco che gostan as bicis, seguro que a exposición de clasicas (http://www.pazodacultura.org/actividades/exposicion--seculo-xx-en-bicicleta-.aspx) e a charla de Juan Granados ( Presidente da Asociación Nacional de Bicicletas Antigas) coas que arrincan as actividades do Pontenbici este venres 25 ás 20 horas no Pazo da cultura, tampouco te interesarán.
En calquer caso, se queres reafirmarte na túa postura, nada mellor que probar un pouco de bici na pedalada popular que terá lugar este Domingo 27 ás 11:00 dende a praza de España, e na que, facendo o percorrido da foto, rodeado de xente con ganas de pasalo ben, poderás confirmar que pedalear non é o teu...¿ou...ó mellor si...?
O mellor será que probes, porque haberá moitas máis actividades que en breve te contaremos.
Ven á Masa, ven ó Pontenbici,!! vai ser brutal¡¡