jueves, 15 de mayo de 2014 Tags: , , , , 0 comentarios

Premio, bicifeira, pedalada nocturna e foro da bicicleta

Ésta pretendía ser unha entrada na que vos informábamos das diferentes actividades que ó longo da fin de semana do 17 e 18 de Maio se van desenrolar na nosa cidade con motivo da Bicifeira e do Foro da Bicicleta, máis na rolda de prensa que tivo lugar esta mañá e na que, coma colaboradores e coordinadores do foro, estabamos dous membros da Masa; o concelleiro Miguel Filgueira comunicou que o Premio á Mobilidade Ciclista que otorga a cidade de Pontevedra é nesta ocasión para a Masa Crítica Pontevedra.

Por suposto, a Masa quere compartir este premio con tod@s. Con tod@s @s que algunha vez asististes á Masa e @s que aínda non o fixestes, coas persoas que tentan usar o coche o menos posible, coas que respetan @s ciclistas cando conducen e, sobre todo, c@s nen@s, xa que o aire que lles deixamos será a herdanza máis importante que perciban.
Foto da primeira Masa en Xuño de 2011
E despois de botarnos as flores, pasamos a informar das actividades que terán lugar esta fin de semán con motivo da Bicifeira  e do Foro da Bicicleta.

A bicifeira descorrerá o longo do Sábado 17 e na mañá do Domingo 18 na praza de España, na mesma varias tendas, e particulares ofrecerán os seus productos. Tamén haberá un bar que ofrecerá tentempés cardiosaudabeis.

O Foro da Biciccleta transcorrerá no hall do edificio vello do concello e o programa é o seguinte:

SÁBADO 17
   -12:00- Charla: Mobilidade Alternativa (Manolo Torres, Masa Crítica Pontevedra)
   -17:00- Charla: Turismo deportivo (Ángel Perez http://dospedalesmilcaminos.blogspot.com.es/)
   -19:00- Charla: Proxecto de viaxe europea en trike (Familia Supertramp 
                  http://www.familiasupertramp.com/)

 DOMINGO 18
   -11:00- Taller de mecánica básica da bicicleta (Bibiana Rosales)

Ademáis, o Sábado 18 ás 22:00 horas da Praza de España partirá unha pedalada nocturna na que colaboran o Concello, a Masa Crítica e a policía local. Non vos esquezades de traer as vosas luces, haberá coma agasallo un chaleco reflectante para os asistentes.

Un saúdo e xa sabedes: "Coido o meu planeta cando vou na bicicleta".

miércoles, 23 de abril de 2014 0 comentarios

XXXV Masa Crítica, exposición, charla, pedalada....

¿Gostas de respirar o fume dos coches?¿Non te preocupa a túa saúde nin a dos teus seres queridos?¿Encántache gastar cartos en combustible?¿Disfrutas do tiempo que perdes nos atascos?¿Góstache que o teu país dependa enerxéticamente do petróleo? Entón a festa mensual da bicicleta, a Masa Crítica, non é pra ti, xa que seguramente non te apeteza saír a dar unha tranquila e divertida volta polas rúas de Pontevedra este Xoves 24 ás 20:00 e dende a Peregrina.
¿E o cambio climático...?....mmmmm...¡¡¡xa inventarán algo...!!!

Se ademais tampouco che gostan as bicis, seguro que a exposición de clasicas (http://www.pazodacultura.org/actividades/exposicion--seculo-xx-en-bicicleta-.aspx) e a charla de Juan Granados ( Presidente da Asociación Nacional de Bicicletas Antigas) coas que arrincan as actividades do Pontenbici este venres 25 ás 20 horas no Pazo da cultura, tampouco te interesarán.


En calquer caso, se queres reafirmarte na túa postura, nada mellor que probar un pouco de bici na pedalada popular que terá lugar este Domingo 27 ás 11:00 dende a praza de España, e na que, facendo o percorrido da foto, rodeado de xente con ganas de pasalo ben, poderás confirmar que pedalear non é o teu...¿ou...ó mellor si...?

O mellor será que probes, porque haberá moitas máis actividades que en breve te contaremos.
Ven á Masa, ven ó Pontenbici,!! vai ser brutal¡¡



miércoles, 26 de marzo de 2014 0 comentarios

XXXIV Masa Crítica

Por fin, despois dun inverno asolagado, entramos na primaveira, estación na que se ve como as bicis comezan a florecer por toda a cidade do Lerez.
 E coma tódolos meses a Masa Crítica Pontevedra volta a sair á rúa para para desfrutar xunt@s do pracer de circular nos nosos  vehículos, as bicicletas. Uns vehículos silenciosos, respetuosos co medio ambiente, que non causan caravanas e que levan o sorriso ó teu rostro e a saúde ó teu corazón.
Xuntarémonos, coma sempre, ás 20:00 horas de este Xoves 27 de Marzo na Peregrina, e dende alí faremos un percorrido urbano polas rúas da cidade.
Xa sabedes: "Usa a bicicleta tódolos días, celébrao unha vez ó mes"

Unha aperta a tod@s.

lunes, 27 de enero de 2014 0 comentarios

XXXII Masa Crítica e outros eventos.



Ola a tod@s, de novo se achega o último xoves do mes, neste caso o 30 de xaneiro, e coma sempre  nos voltaremos a xuntar ás 20:00 na praza da Peregrina para dar unha voltiña pola cidade de Pontevedra.
Para sumarse a esta iniciativa tan só fai falla unha bicicleta e ganas de pasalo ben en compaña, iso si, non nos responsabilizamos da asistencia de ciclistas con branquias dadas as condicións climáticas que nos rodean.

Pero para aqueles que desexen máis actividades entorno á bici, recordamos que no centro comercial Arousa (en Vilagarcía) está a ter lugar unha exposición de bicicletas antigas, e que neste eido o noso maseiro habitual Quique Perez dará unha charla sobre mecánica básica da bicicleta este sábado 1 de Febreiro ás 19:00.

Por outra banda, o Martes 4 ás 20:00 terá lugar en A repelente María ( na rúa Barón) unha charla/coloquio sobre mobilidade sostible, charla que se engloba dentro dun ciclo de encontros que estan a versar sobre modelos alternativos ós que nos ofrece o sistema actual, e nas que se está a falar de outros modelos bancarios, enerxéticos, sociais, etc.


Unha aperta.